Como xa vos dixemos na entrada anterior, as nosas compañeiras Laura, Sara e Iria de 1º BAC proclamáronse flamantes gañadoras da 11ª edición do concurso Lucus Intercentros celebrado e organizado no noso instituto.
No tempo de lecer do xoves 25 e venres 26 de xaneiro puidemos escoitar nos corredores as seguintes entevistas que agora podes desfrutar desde o noso blog.
A primeira entrevista realizouna o noso compañeiro Rafa (3º ESO) ás alumnas gañadoras na que nos comparten as súas impresións previas á súa participación.
Unha vez que soubemos que o noso centro se proclamara gañador o equipo de Radio Llama non quixo perder a oportunidade de recoller de primeira man as impresións das gañadoras: Laura, Sara e Iria e, de paso, saber o grao de satisfacción do alumnado organizador do evento.
Neste audio o equipo fai unha introdución sobre o Lucus Intercentros, seguidamente escoitaremos unha entrevista mutua entre as alumnas de 1º BAC gañadoras do certame e un alumno do Ciclo de Asistencia a Dirección da familia de Administración e xestión.
Escoitádea porque é emocionante escoitalas!
E moitas grazas aos protagonistas por prestarse a este xogo da entrevista mutua (estamos creando un novo xénero xornalístico!!!)