mércores, 26 de xuño de 2019

I " QUEDADA" DOS ARGALLEIR@S DAS LETRAS E LECTURAS E ANDANZAS

O día 20 de xuño será unha data que non esqueceremos nunca @s compoñentes dos clubs de lectura  "Argalleir@s das letras" e nós, "Lecturas e andanzas", porque nos lembrou o valor da amizade e o motivo que fixo xurdir esta maxia entre tod@s: O GUSTO POLA LECTURA. 

Non queremos cansarvos porque sabemos que estades/ estamos desexando gozar das "merecidas" vacacións, por iso só vos diremos- a xeito de "cablegrama visual"- como foi este día: 

Recibimento d@s argalleir@s das letras no IES Muralla Romana. Percorrido polo centro e entrega de agasallos. 


INSIGNIAS E AXENDAS. 

QUE RICOS OS DOCES DAS PONTES...!
Dirixímonos, camiñando,  ata o centro histórico da cidade para que a coñecesen ao noso xeito. Percorrido polo adarve da muralla e, ao rematar,  comezo do XOGO: COÑECENDO LUGO EN 45´. Canto corremos! Canto coñecemos da nosa cidade! Canto nos axudaron a coñecela @s nos@s amig@s pontes@s!


Para que queremos un plano, cando existe google maps? 
Pois tivemos que guiarnos por el!


CONTENT@S DE FINALIZAR O XOGO!!!

Tempo libre para comer e falar entre nós ata agardar a visita a Domus do Mitreo.  

Con tristeza, chegou a hora de despedida. 

Grazas pola visita, "Argalleir@s"! Agardamos que para o ano nos ensinedes As Pontes. 

mércores, 19 de xuño de 2019

TOCA A DESPEDIDA

QUE MELLOR XEITO DE DESPEDIRNOS QUE “FALANDO” DA LECTURA.... !!!???

Como sabemos que a “inspiración”, ás veces, non nos visita, tivemos que buscar un xeito para compoñer poemas que recollesen o que sentimos polos libros.

ESCRIBIMOS OS PRIMEIROS substantivos, adxectivos e verbos que nos viñeron á cabeza sobre o tema:
libros, letras, marcapáxinas, palabras, parágrafos
apaixonante, ficticio, terrorífico, pequenos, grandes
ler, viaxar,entreter, sentir, aprender

E COMEZAMOS A CREAR.  ( Quen nos dera cambiar e engadir máis palabras...!, pero había que respectar as normas.)

Esperemos que algún sexa do voso agrado.



Lemos os libros,
viaxamos coas palabras,
sentimos coas letras,
aprendemos cos parágrafos
e entretémonos cos marcapáxinas.
Libros apaixonantes,
grandes e pequenos;
marcapáxinas ficticios
e parágrafos terroríficos.

Jennifer Fernández




Este libro apaixonante
entretenme o seu;
faime sentir,
e tamén aprender.
Letras pequenas,
palabras grandes
forman parágrafos
para viaxar e sentir.
Libro, libriño tan apaixonante non lin.

Jennifer Villamarín

Ler libros apaixonantes,
aprender cos grandes marcapáxinas,
entreterse viaxando nos ficticios parágrafos,
sentir as súas terroríficas palabras

e ler as súas pequenas letras. 
Valeria San Julián





Ler libros apaixonantes
para nas pequenas letras, viaxar.
Palabras ficticias que entreteñen,
terroríficos parágrafos que sentes,
grandes marcapáxinas dos que aprender.
Libros, ler.
    
Sara Rodríguez

Un libro apaixonante
viaxa polos parágrafos grandes,
aprende palabras
e len un marcapáxinas
a través de palabras terroríficas
e letras ficticias.
Sente, viaxa, aprende…
le libros e entretente!

Ainhoa Reija




Lemos libros apaixonantes
entreténdonos coas súas pequenas letras,
viaxamos nas terroríficas palabras
con ficticios marcapáxinas.
Sentimos cada gran parágrafo,
aprendendo de cada letra.

Candela Fernández

Lendo libros,
terroríficos ou ficticios,
a través das súas letras:
ti viaxarás!
Cos pequenos parágrafos,
tan apaixonantes,
sentimos
palabras e palabras.
Entreteraste
cos teus grandes marcapáxinas,
e aprenderás
que cos libros
viaxarás entretido.

Aitana López




Un libro
cómico, romántico ou humorístico.
Unha viaxe
entretida polas páxinas.
Lendo estrofas,
sentindo oracións,
imaxinando interesantes palabras.
Gústame ler!

Lucía Fernández



Unha viaxe entretida
por unha estrofa humorística,
en cada palabra romántica
ou oracións imaxinadas,
lendo e sentindo páxinas
nun libro cómico e interesante,
que me gustou.

Noemí Díaz


Viaxamos polos libros,
por cada letra,
polas pequenas palabras,
por grandes marcapáxinas
e grandes parágrafos.
Cun libro apaixonante
sentirás e entreteraste.
Con grandes libros,
ficticios ou terroríficos,
viaxarás e aprenderás.

 María Penín


Agradecémoslle a colaboración do noso compañeiro Houssame ao compartir o poema que realizou. Esperamos que para o seguinte o curso te unas á nós! 

Letras apaixonantes,
marcapáxinas terroríficos,
parágrafos pequenos e grandes.
Aprender, aprender e aprender!
Entreter, sentir e ler!
Palabras apaixonantes,
libros ficticios…
Viaxar, viaxar, viaxar!
Houssame


Logo de compoñer poemas, decidimos elaborar uns haikus empregando só as palabras elixidas:








domingo, 9 de xuño de 2019

VEREDICTO DO I CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

É o momento de dar a coñecer o veredicto do I Concurso de marcapáxinas organizado polo Grupo da Biblioteca do centro.

As bases do concurso recollen que só haberá un/unha único/-a gañador/-a, e o xurado é o primeiro en respectalas; pero, neste caso, decide outorgar un ÚNICO PREMIO a tres marcapáxinas, xa que unindo as súas mensaxes transmiten a maxia  coa que nos agasallan os libros.


Isto foi o que levou o xurado a emitir o seu veredicto:


Pasamos a nomear as gañadoras, respectando a orde da mensaxe que fixo ao xurado chegar a tomar esta decisión. Lembramos que todas obtiveron o 1º PREMIO.






Manterémosvos informad@s da entrega de premios e da “sorpresa” que lles agarda ás gañadoras.

PARABÉNS a Candela,  Nahir e María por facernos lembrar a mensaxe que agochan as lecturas!




MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!

Mariam e Amalia, como  representantes do grupo de biblioteca do centro, e a xefa de estudos ( Silvia), fixeron entrega dos premios  ás gañadoras:

Nahir, Candela e María
Nahir, Candela e María
Silvia fixo entrega do premio a María
Silvia fixo entrega do premio a María
Candela recibindo o premio de mans de Mariam
Candela recibindo o premio de mans de Mariam
Amalia entregou o premio a Nahir
Amalia entregou o premio a Nahir