xoves, 28 de outubro de 2021

E CHEGOU O SAMAÍN

Chegou o día e chegou a romaría!

Rematamos de decorar a biblio 


e espazos moi próximos


para gozar desta festa. 

En Radio Llama, os/as nosos/as compañeiros/as de 3ºPMAR lembraron as orixes desta celabración realizando uns carteis e poñéndolle voz á información recompilada. 

Deixámosvos co audio. 

Alumnos e alumnas de 2ºESO contaron o relato, "Sobre a morte do Bieito" de Rafael Dieste. 


Alumnado de 1ºESOA achegou as súas creacións persoais sobre esta celebración









E celebrámolo coas súas coplas: 







Os/as nosos/nosas compañeiros/as de 1º e 2ºESBE preparáronse para o día. Se queredes algunha idea para maquillaxe ou uñas..., só tedes que premer aquí. 

Agora toca... 

TRUCO OU TRATO !!!


mércores, 27 de outubro de 2021

PREPARANDO O SAMAÍN

Para ir poñéndonos en situación...  QUE MELLOR QUE ESCOITAR HISTORIAS como a que escribiu e lle puxo voz e imaxes a nosa compañeira Violeta (2ºESOA)!!!


Pouco a pouco...





Imos preparando todo para que ese día poidamos ver, ler, escoitar e gozar desta celebración máxica todos e todas xuntos/as. 



PRONTO TEREDES MÁIS NOTICIAS! 

martes, 26 de outubro de 2021

Lecturas e andanzas continúan lectura

 No club de narrativa comezamos a semana pasada coa obra de Rocío Leira, A afogada e hoxe tocaba continuala. Xa sabedes que este curso queremos utilizar a radio escolar, Radio Llama, para transmitir a todos e todas o noso gusto pola lectura e que se vaian unindo a nós, xa que as andanzas son moitas e as historias que agochan os libros, sempre unen. 

Como nos reunimos na hora de recreo, agardamos un pouquiño ata que cheguen os/as lectores e lectoras, é que mellor espera que  seguir compartindo o noso gusto por crear! 

Se escoitades o audio, saberedes a que nos referimos... 


Gústanos compartir, pero cando toca mergullarse na historia preferimos facelo así. 


Ata pronto! 

domingo, 24 de outubro de 2021

NOVAS VOCES CONTAN HISTORIAS

O venres na radio escolar, Radio Llama, visitáronnos as nosas compañeiras, Sara, Eider, Anum e Nahir, que nos fixeron pasar momentos agradables grazas as historias que contaron e compartiron con toda a comunidade escolar. 

Aquí vos deixamos cunha mostra fotográfica do momento: 

Uxía presentando.

Pablo informando.

Sara nun momento da súa intervención

Eider contando

Anum nun momento da súa historia.

Preparando a última intervención.

Nahir coa súa lenda.

Radio Llama agradece a colaboración das nosas compañeiras por facer que este programa estivese cheo de emocións. Só nos queda desexarlles boa sorte naquilo que... XA VOS IREMOS CONTANDO!!! 

Deixámosvos coas gravacións das súas historias. Informamos que a historia de Sara comeza no minuto 0:20; Eider, 4:00; Anum, 6:07 e Nahir, 7:51 (aínda que... RECOMENDAMOS ESCOITALAS TODAS XUNTAS, tal e como aconteceu!)


 

Vémonos  ou "escoitámonos"  en Radio Llama, a radio do Muralla!
 

venres, 15 de outubro de 2021

Radio Llama entrevista a María, deseñadora do logo

Na emisión de Radio Llama comezamos coa sección de entrevistas, e que mellor entrevistada que a deseñadora do noso logo, María P. (4ºA). A entrevista correu a cargo de Sara P. (3ºA) que fixo pasar uns bos momentos á entrevistada e a toda a comunidade educativa. 

Antes de deixarvos con elas, compartimos o logo que debuxou María (pronto estarán as chapas) para amosar o orgullosos/as que estamos do traballo da nosa compañeira e con esta nova canle de comunicación. 

Agora a gozar da entrevista! 

 

Moitas grazas, María por inaugurar esta sección na radio escolar e por pasar este tempo con nós. Vémonos en "Lecturas e andanzas".

Tamén queremos agradecer o traballo dos técnicos Dani e Pablo e aos /as lectores e andantes que forman parte deste "equipazo". 




Aínda estamos comezando!!!

luns, 4 de outubro de 2021

REGRESA: LECTURAS E ANDANZAS I, II !

Ola a todos e a todas!

Xa nos tardaba volver retomar as nosas lecturas e andanzas para compartilas con vós. 

Comezamos este curso animados e animadas por un novo proxecto que estamos, por fin,  facendo realidade:  DAR VOZ Á "RADIO LLAMA", a radio escolar que será a transmisora de moitas andanzas. 

Nestes primeiros días de curso decidímonos, con axuda dun experto profesor (grazas Tano), a poñer en funcionamento o equipo co que contamos (pronto chegará a "mesa de mezclas"...),  escoitar se os altofalantes ían ben (xa pedimos outro para colocar nun dos patios), familiarizarnos cos micros, perderlle "medo" a falar en público... Sabemos que todo isto mellorará cando teñamos o obradoiro que nos ensinará o manexo deste "novo mundo"; pero mentres,  aquí estamos os/as valentes para amosar que a nosa radio escolar xa está en marcha. 

Presentámosvos ao equipo que comezou coas emisións e agradecémoslles a súa colaboración a Daniel e Pablo (técnicos de son e locutores); Uxía, Naiara D., Naiara F., e Sara P. (locutoras) e a todos os que estivestes  informándonos se a voz de Radio Llama se escoitaba no centro. 


Mentres non realizamos o taller de audio, para saber elaborar correctamente os podcast e outras cousiñas, deixámosvos coa información que transmitimos hoxe para dar a coñecer as lecturas que realizaremos nos clubs de lectura, o horario e outras cousas. (Que saibades que  os nervios do directo fan que as nosas primeiras intervencións amosen dúbidas na pronunica, pero non creades que é fácil. Convidámosvos a probar en directo. AGARDÁMOSVOS!). 


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!! NESTES CLUBS DE LECTURA SON MOITAS AS ANDANZAS QUE NOS AGARDAN!!!!