xoves, 21 de novembro de 2019

DÍA 25 DE NOVEMBRO


Dende hai días, @s lectores e andantes andamos atarefad@s e concienciad@s para lembrar, unha vez máis, que non queremos máis violencia, e por iso escribimos, debuxamos e dicimos:  NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO! Como vedes tivemos moitas voces e mans que nos acompañaron. 

Probastes a pensar e meditar sobre o tema? Aquí van os substantivos e adxectivos que sobre este día viñeron á nosa cabeza.

Clic nos documentos para ver ampliados





E POR ISO BERRAMOS MOI FORTE!!! 

DIFERENZA INEXISTENTE!

CORAZÓNS UNIDOS!

SOCIEDADE IGUALITARIA!

NON MÁIS SORRISOS PERDIDOS!

EDUCACIÓN IGUALITARIA!

MULLERES LIBRES



martes, 19 de novembro de 2019

NOVA SESIÓN DE "LECTURAS E ANDANZAS I"

Como xa imaxinaredes, hoxe achegámonos ao club de lectura decidid@s a continuar lendo Nada de Janne Teller. Todo preparado.

Pero como había moito traballo por facer e queriamos amosarlle, dende este momento, a Pierre Anthon que nós non estamos de acordo con iso de que Nada importa NADA. PUXÉMONOS MANS Á OBRA! Porque o día 25 de novembro, SI QUE NOS IMPORTA!

Continuamos facendo lazos.



E fixemos e fixemos... para colocalos... ( pronto teredes noticias) 

Mentres outr@s poñiámoslle voz ao rap que compuxeron @s nos@s compañeir@s de 1ºESOB e compartiron con nós. Foi o primeiro ensaio, houbo que buscar base, acoplar voces... Pero orgullos@s  por cantar esta letra. 

RAP CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Odio cando escoito que fas dano
é inxusto que uses o maltrato
simplemente por egoísmo
que se converte en machismo.

Ela está soa
Nun recuncho sen saída.
Ela quere estar viva
E que rematen os lazos da vida.


Unha pelexa que se converte en ferida
con esas bágoas caídas.
Unha pelexa que se converte en desprezo
Cando a muller non merece eso.

Ela está soa
Nun recuncho sen saída.
Ela quere estar viva
E que rematen os lazos da vida.


Fóra estereotipos machistas!
Igualdade social!
Mulleres libres!
Respecto total!
SEMPRE VIVAS!
SEMPRE VIVAS!
SEMPRE VIVAS!
SEMPRE VIVAS!
......
Letra escrita polo alumnado de 1ºESOB


Sara, Zaida, Lara (en representación d@s autor@s da letra) guiaron o ensaio. 



Rematamos a sesión do club lembrando que mañá hai máis traballo por facer. Pierre Anthon, aínda que non sabemos o que vai pasar no libro, dicímosche que non entendemos a "túa filosofía" de NADA IMPORTA. Fíxate en nós. 

domingo, 17 de novembro de 2019

Sara Pico (1ºESO) entrevista a Pilar, profesora de Lengua y Literatura

Ao comezo do curso 2019/2020, a nosa compañeira e reporteira Sara Pico (1ºESO) entrevista a profe de Lengua e Literatura Castelá: Pilar.

Aquí vos deixamos coa entrevista e agardamos que vos guste tanto coma a nós. Grazas, Pilar.

Se non podes escoitar a entrevista, pulsa nesta ligazón

luns, 11 de novembro de 2019

O león de Nemea

O mércores día 6 rematamos a lectura do primeiro traballo de Hércules, que trata David Rubín no libro que estamos lendo: El heroe.

A nosa compañeira Iria, continuou levando a lectura e moderando os comentarios. Aquí tedes  unha pequena mostra.  ( Xa vedes que un tema, leva a outro...)




Rematado o primeiro traballo tocou comezar o seguinte: " La hidra de Lerna". Investigamos, compartimos os nosos coñecementos e ensarillámonos en diferentes temas que quedan entre nós; non si, Mariela, Hugo...?


Hércules loita coa hidra de Lerna
De Francisco de Zurbarán - Galería online
Museo do Prado - Dominio público
 
Ata a próxima.

luns, 4 de novembro de 2019

LECTURAS E ANDANZAS I continuamos lendo Nada, Janne Teller

Ola a todos e todas!

Non pensedes que nos esquecemos de achegarvos o noso día a día do club, pero estivemos compartindo este tempo de lectura con outros eventos, como xa imaxinades se seguides o blog.

Ao rematar a sesión de hoxe do club  dicímosvos que xa estamos un pouco fart@s dese Pierre Antón. A onde quererá levar @s seus/súas " compañeir@s"?

Aroa e María puxeron voz ao capítulo IV da obra e tod@s estivemos moi atent@s para saber que acontecía. Pierre segue subido á árbore ( aínda que tivo que baixar uns días...), segue repetindo -unha e outra vez- que nada importa, imos coñecendo un pouco máis as personaxes e  preguntándonos cada vez máis cousas.


Aquí tedes o audio que recolle algúns fragmentos que seleccionamos do capítulo lido e unhas  opinións.



Non sabemos como rematará isto, pero seguimos reafirmando a opinión de Sara: " Moi filosófico".