xoves, 1 de novembro de 2018

Comezamos as nosas andanzas

No mes de setembro xa nos puxemos a organizar o club de lectura. Eran moitas as ilusións que nos movían á hora de compartir lecturas, comentarios, proxeccións cinematográficas, talleres literarios, creacións persoais, viaxes e, sobre todo, amosar a nosa solidariedade con todas as persoas e con todos os temas que están presentes neste mundo no que vivimos. 
Nunha primeira xuntanza, xa vimos que había moitas persoas que compartiamos o pracer da lectura e desexabamos facelo conxuntamente. 
Comezamos a falar de xéneros literarios, preferencias e pedimos suxestións para as lecturas a realizar. Así eliximos as obras que nos acompañarán este curso. 

Narrativa: O neno can, Casalderrey, Fina e Castro, Francisco; Fume, Fortes, Antón; Invisible, Eloy Moreno.

Poesía: Penúltimas tendencias, Carlos Negro;  Las almas de Brando, Brandon Ndojocu, César.

Cómic:  Death Note, Tsugumi Ōba, Takeshi Obata ( 1-3); Emigrantes,  Shaun Tan.


Contamos con dúas obras máis por se o tempo nos permite gozar da súa lectura: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Arantza Portabales e O tesouro de Lucio, Belatz.


Como estamos abertos a todas as suxestións dos compoñentes do club, pode que se incorporen outras lecturas ao longo do curso - seguro que si-, porque só compartindo podemos seguir gozando das nosas andanzas.