venres, 26 de marzo de 2021

O QUE SEI DO SILENCIO, ANDREA MACEIRAS

 Aquí estamos, unha vez máis, para compartir con todos e todas as lecturas que van acompañándonos neste camiño e lembrándonos o enriquecedor que é parolar, ao noso xeito, sobre os temas que van xurdindo delas.

Como xa nos ides coñecendo, gustaríanos convidarvos á ler O que sei do silencio, da autora Andrea Maceiras, porque cremos é unha lectura necesaria e que deparará momentos para reflexionar, debater, comentar e coller forzas co fin de parar dunha vez co... 

Que mellor que escoitar nas voces de Jenni F., Jenni V., Hugo, María e Candela os argumentos que vos levarán a desexar comezar esta lectura! 


Agora despedímonos ata a volta de vacacións, pero non digades que non tedes RECOMENDACIÓNS PARA NON PARAR DE LER NESTES DÍAS!

FELICES MERGULLOS NAS VOSAS HISTORIAS!

xoves, 25 de marzo de 2021

STREET POEMS, FRAN ALONSO

Todos e todas estabamos ansiosos por comezar a ler este libro que unía  a arte do graffiti e a poesía. Pero a quen se lle ocorre fotografar un graffiti e poñerse a compoñer? POIS A FRAN ALONSO, claro está! 
Como somos moit@s aos que nos gusta esta ARTE estabamos desexando comezar a ler Street poems e o final resultou moi gratificador, porque... Que mellor que compartir algunhas opinións para coñecer os motivos! 

Izan recomenda a lectura de  Street poems, obra de Fran Alonso, a aquelas persoas que lles guste a poesía e os graffiti, tanto coma a el. 


Estíbaliz, amante da poesía e da ilustración, opina tamén de Street poems

Rematamos coa opinión de Sara e Carla sobre esta obra. 



GRAZAS, FRAN ALONSO por escribir esta obra! Grazas a ti, "@s lector@s e andantes" emprenderemos novas aventuras. 

MENTIRA, CARE SANTOS

Aquí volvemos para compartir con todos e todas a nosa opinión sobre a novela de Care Santos, Mentira

Nesta ocasión, as voceiras do club de lectura, Ainhoa e Aitana, realizaron un vídeo que vos "convencerá"-seguro- para que esta obra sexa a próxima que elixades, porque saben que non vos decepcionará a súa lectura e que nela descubriredes moitos momentos e temas "compartidos"...
Despedímonos lembrando as palabras de AINHOA: A QUE ESPERADES!
 

sábado, 6 de marzo de 2021

CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO DE COCACOLA

Son as 10:45h do día 5 de marzo. Ana, a profesora de Lingua galega e literatura, comeza a petar na porta de 2ºESOA, 2ºPMAR e 2ºESOC para requirir a presenza de Sara, Anum e Alba co fin de dirixirse á aula de tecnoloxía, onde pasarían unhas horas dedicadas ao que lles gusta: ESCRIBIR. 

As concursantes ocuparon os postos dos ordenadores, onde fixeran as probas os días anteriores, e comezaron a "navegar" introducindo o enlace que as levaría a participar no concurso Novos Talentos de Relato Curto de Cocacola. 


Logo duns momentos de tensión... Momentos de incerteza xa que non cargaba a páxina... Conseguiron introducir os seus datos, o contrasinal e acceder ao concurso en PRAZO. 
Nada máis ler o "ESTÍMULO CREATIVO" que se propoñía este ano, Sara, Anum e Alba deixaron que a súa imaxinación e creatividade guiaran os dedos no teclado, aínda que antes tomaron notas para...
 



(Unha pena non poder ler as súas creacións, porque sabemos que estarían cheas de historias que nos transportarían ata...) 

Rematado o tempo, só quedaba GRAVAR E FINALIZAR. 

A experiencia foi gratificadora para as representantes do IES Muralla Romana, e aínda máis cando puideron descargar o diploma que as acreditaba como concursantes nesta aventura. 

Aquí vemos a Sara neste momento: 
A Anum

E a Alba


QUE SORTE TEMOS DE CONTAR CON PERSOAS COMA VÓS! PERSOAS ÁS QUE LLES GUSTA ESCRIBIR E COMPARTIR COS DEMAIS AS SÚAS CREACIÓNS!

PARABÉNS, SARA, ANUM E ALBA! PARA NÓS, SODES UNHAS AUTÉNTICAS GAÑADORAS! 



xoves, 4 de marzo de 2021

MES DE MARZO

Neste mes andamos algo atarefad@s porque son moitos os temas que nos preocupan e aos que queremos sumar o noso gran de area para demostrar que somos o futuro, e que, polo tanto, buscaremos solucións para que este mundo vaia a MELLOR

Comezamos pensando no día 8, o DÍA DA MULLER. Algunhas persoas, a día de hoxe, aínda se preguntan: por que? cando se celebrará o día do home? Pois aí está o problema. Nós sabemos que queda moito camiño por percorrer ata poder berrar ben alto, EN TODOS OS RECUNCHOS DA TERRA, QUE CHEGOU A: 

Puxémonos mans á obra e comezamos a compartir as ideas que ían xurdindo para visibilizar este día, ao noso xeito.

Que mellor que empregar a lingua e os recursos que nos brinda para amosar a noso compromiso con este tema! (Sabemos que se nos foi "un pouco a man na estética", pero orgullos@s estamos de achegar o noso gran de area. Ah! somos conscientes de que o acróstico estaría composto por cinco versos, porque LL é un dígrafo, pero NON ATOPABAMOS PALABRAS QUE COMEZARAN POR LL, e, como había moitas na nosa cabeza que empezaban por L, lanzámonos. Como vedes, recursos temos. Todo sexa por achegar os milleiros de palabras que viñeron á nosa cabeza cando pensabamos na MULLER


Versión definitiva, respectando a estética. 
Continuamos investigando, e atopamos uns textos e poemas que nos gustaron porque reflectían A REALIDADE a día de hoxe, aínda que estiveran escritos hai moito tempo. Si, estamos referíndonos a obras de Rosalía de Castro e Xohana Torres. 

Iria (2ºBAC) puxo voz ao texto "Las literatas" de Rosalía de Castro. Recomendamos lelo  ou escoitalo con tempo polo seu interese. 
Chegaba o tempo de lembrar a mensaxe de Xohana Torres:

As alumnas de 2ºESOA, Gisela, Carla e Sara puxeron voz ao poema "Penélope" da súa obra, Tempo de ría.


E chegou a hora de Matrioskas, é dicir, de que Marta e Sofía nos fixeran viaxar coas súas historias e coa súa música ata lugares onde as emocións, sentimentos e solidariedade fan soñar CUN MUNDO MELLOR. 

Alguén nos lerá para axudarnos a rematar, dunha vez,  coas desigualdades que, a día de hoxe, seguen vivindo AS MULLERES?
GRAZAS! 




Las literatas, Almanaque de Galicia de 1865, Lugo.
Rosalía de Castro, Dominio Público, vía Wikimedia Commons