domingo, 28 de febreiro de 2021

MEDRAMOS COAS LECTURAS E SEGUIMOS ANIMÁNDOVOS A LER

Aquí seguimos facendo o que nos gusta: LER E COMPARTIR! 

Para facilitarvos a escoita das nosas opinións sobre as lecturas creamos esta nova entrada, aínda que vos lembramos e aconsellamos premer na etiqueta "as nosas lecturas" deste blog para escoitar as  nosas recomendacións que, seguro,  vos axudarán a medrar dun xeito gratificador. 

Continuamos coas recomendacións. 

Yoel (3ºESOA) recomenda a lectura de Núñez Singala, Comedía bifida. Se vos gusta o teatro, o tema lingüístico...

Naiara (1ºESOA) recomenda a lectura da obra de Rosa Aneiros; Xelis, o guieiro das botellas de mar, para todas as persoas concienciadas co medio ambiente. 

Claudia (1ºESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Héctor Cajaraville, O segredo da casa de Formoso. 

Izan recomenda a lectura de  Street poems, obra de Fran Alonso, a aquelas persoas que lles guste a poesía e os graffiti, tanto coma a el. 


Estíbaliz, amante da poesía e da ilustración, opina tamén de Street poems

Pablo achega a súa opinión sobre a obra de X. A. Neira Cruz, O enigma do baúl pechado para animarvos a lela. 

Finalizada a lectura da obra de Paco Martín, A rula o peluche e a nenaCarolina e Uxía queren compartir con todos vós a súa opinión para animarvos a pasar uns momentos agradables cando a leades. 
Aquí está a opinión de Uxía

E agora, deixámosvos coas palabras de Carolina. 

Chega o tempo do misterio e Iria (1ºESOA) dá a súa opinión sobre a obra de Xabier P. Docampo, O misterio das trece badaladas, para animarvos a lela. 

Seguimos coa opinión de Hugo (1ºESOA) sobre a obra de Pepe Carballude, De como o Santo dos Croques se fai peregrino. O personaxe que destaca é o anxo trompeteiro porque era un traste. Deixámosvos coa gravación. 



E agora é Daniel o que anima a ler esta obra de Pepe Carballude. 

Aquí tedes a opinión de Ainara sobre esta lectura. 

Victoria achegouse a temática que reflicte María Reimóndez na súa obra, Corredora e esta é a súa opinión sobre a lectura. 

Cambiando totalmente de temática, Alexandre (3ºESOA) recomenda a lectura da obra de Rosa Aneiros, Resistencia. Esperamos que as súas palabras vos animen a lela. 

Lorena (3ºESO) recomenda a lectura de Jordi Sierra i Fabra, O caso do chantaxista roibo

José Ramón (3ºESO) fala de O Enigma de Caronte, obra de Carlos Vila Sexto co fin de animar a tod@s @s lectores que lles guste o misterio á súa lectura. 

Brais (3ºESO) achega a súa opinión sobre Mar de cores, obra de Begoña Martín e Paloma García, co fin de animar a todas as persoas que, coma el, estean interesadas en temas que fomenten a igualdade,  a xustiza, a procura da felicidade... En cada un destes relatos veredes como se vos esperta o sentimento de solidariedade, tan preciso no mundo que vivimos.  

Lucía (3ºESO) recomenda a lectura da obra de María Solar, As meigas de Lupa a todas as persoas que lles gusten os temas que... descubriredes escoitando as súas palabras. 

Noemí achega a súa opinión sobre esta obra de María Solar co desexo de animarvos a lela. 

Xa vedes que imos rematando o curso, pero as nosas gañas de ler seguen estando presentes. Aquí vos deixamos coa opinión que Naiara (1ºESOA) compartiu con nós da lectura de Penúltimas tendencias do escritor, Carlos Negro. Agardamos que escoitedes a súa recomendación e vos animedes. 


martes, 23 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, 24 DE FEBREIRO DE 2021

É difícil esquecerse do Día de Rosalía cando esta escritora deixou unha pegada tan fonda na nosa cultura, e unha obra- aínda hoxe- de plena actualidade. Seguro que nestes momentos que nos tocou vivir, dende xa vai para un ano, Rosalía diría:

Nós, como representantes da mocidade, queremos achegar os versos finais do seu poema "Alborada" para amosar que temos a ilusión e enerxía que a Rosalía lle gustaría ver e sentir. 

E así, con esta enerxía e ilusión, decidimos lembrar a autora realizando uns marcapáxinas coa súa figura para que nos acompañasen sempre nas nosas lecturas (sen esquecer incorporar, como compañeiro inseparable de Rosalía, un libriño. Un libriño que levaría escrito uns versos ou poemas das súas obras).

Todo isto puidemos realizalo grazas á colaboración de Marta Acebo Goy, que nos impartiu o taller e tivo toda a paciencia do mundo para que puideramos honrar a Rosalía como se merece e estar orgullos@s dos nosos traballos. 

Aquí vedes o resultado final. Seguro que a Rosalía de Castro lle gustarían tanto coma nos gustaron a Marta e a nós. 

Antes de rematar, queremos seguir demostrando que Rosalía está de plena actualidade, porque foi unha muller adiantada ao seu tempo. Como pronto se vai celebrar o Día Internacional da Muller, lembramos que esta escritora XA reivindicou a presenza da muller en todos os ámbitos da sociedade e a igualdade de xénero.  

Se queredes informarvos, podedes ler as súas novelas, os prólogos das súas obras e mergullarvos en moitos dos seus poemas. 

Despedímonos cos versos que aparecen no poemario "Vaguedás" de Follas Novas para facervos pensar un pouquiño. 


GRAZAS MARTA POR FACERNOS LEMBRAR A ROSALÍA DE CASTRO E AMOSAR QUE SEGUE ESTANDO PRESENTE.





martes, 2 de febreiro de 2021

Desencuentros de Jimmi Liao

Como ides?  Nós seguimos entretid@s, e como rematamos a lectura queremos compartir con todos e todas a opinión sobre o libro de Jimmy Liao, Desencuentros. Lectura que vos recomendamos polas súas ilustracións e polo tema, xa que dá moito para pensar e debater.

Na fotografía da dereita podemos ver a Uxía, Daniel, Naiara D., Pablo e Naiara preparándose para a gravación. 

Deixámosvos coas palabras e coa "interpretación" que estes membros do club de lectura realizaron de Desencuentros, é dicir: DANDO A SÚA OPINIÓN

 

Pero antes de despedirnos, temos unha grata sorpresa que queremos compartir con vós. No camiño que percorre o noso club de lectura atopamos a unha nova andante e lectora que nos brindou a súa opinión sobre o libro que estabamos lendo, e  que tamén  fixo seu. 

Deseguido deixámosvos coas palabras de Mónica, nai lectora que nos fala de Desencuentros



Moitísimas grazas pola túa colaboración, Mónica! En agradecemento, nomeámoste: "Lectora e andante". 


Estamos ilusionad@s  por compartir  as nosas lecturas cos máis próximos a nós, porque sabemos que, aínda que non teñen moito tempo, sempre sacan algún momento para dedicárnolo e dedicalo á lectura.

ESTA EXPERIENCIA, SERÁ O COMEZO DUNHA NOVA ANDANZA...?