domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ 2022

O mundo no que vivimos precisa cores que transmitan enerxía, luz e sentimentos positivos para conseguir a tranquilidade e a PAZ que todos e todas merecemos. Estes sentimentos reflíctense en todos os marcapáxinas que ilustramos e acompañamos de haikus, frases... relacionadas con este tema. 

Así quedou o mural 

que fomos decorando




para lembrar O NOSO DESEXO, 


que era o mesmo que nos levou a escribir  correos postais dirixidos á PAZ para que nos axudase a facer deste mundo, un mundo mellor. 

Deixámosvos co vídeo deste día. 

mércores, 26 de xaneiro de 2022

A CÁMARA ESCURA

Ola a todos e todas!

Comezamos unha nova lectura no club e estamos "expectantes" polo reto que imos comezar, ler teatro en directo! A obra é A cámara escura de José Luis Baños de Cos. O primeiro que fixemos foi pensar no título e no que nos transmitía, falamos do "Coro", repartimos papeis para representar os personaxes da obra e, nada máis comezar, tivemos que buscar información sobre algúns nomes que aparecían para "centrarnos". 

Cada un co seu papel da obra comezamos a lectura.  




Unha vez rematada a primeira sesión desta lectura, deixámosvos coa gravación para que escoitedes o que nos "atrevemos" a facer en directo e, se escoitades o final, imaxinar os comentarios que xurdiron destas primeiras "fotografías". 

Alicia 1?  Alicia 2? Coro? Que nos quererán dicir..?

domingo, 23 de xaneiro de 2022

I TORNEO DE XADREZ NO IES MURALLA ROMANA

O equipo da radio escolar, "Radio Llama", informou do desenvolvemento dos cuartos de finais do I Torneo de Xadrez que se desenvolveu do centro. Podedes acceder á información premendo no enlace anterior e tamén neste, no que se indica a distribución dos finalistas. 

Aquí vos deixamos cunha foto dos encontros de cuartos


e co audio de "Radio Llama" informando do resultado de cuartos e dos emparellamentos para semifinais. 

Como di, Uxía: SORTE A TODOS!

 

martes, 11 de xaneiro de 2022

III TALLER DE RADIO CON SARA MEIJIDE

Chegou a última sesión do taller de radio e que mellor xeito de facelo que amosando o que, grazas á nosa amiga Sara Meijide, conseguimos aprender e fomos capaces de facer. 

Unha vez finalizado o noso programa, logo de seguir todas as indicacións de Sara, tocaba aprender a convertelos en podcast para sentirnos verdadeir@s xornalistas. Sara comezou a explicarnos todos os pasos que tiñamos que facer para subilos a unha aplicación e así ter xa o noso podcast listo para compartir. Pero antes lembrounos a importancia de empregar sempre nos nosos traballos   música, imaxes, textos... libres de dereitos. Por iso, recomendounos páxinas que sempre teremos en conta. GRAZAS, Sara!

Unha vez subidos os traballos, o primeiro que fixemos foi escoitalos e anotar o que nos gustaba e o que podía mellorarse de cada un deles para logo comentalo entre tod@s. 



Agora deixámosvos cos nosos primeiros podcast para amosar o que traballamos e o que aprendemos. 

María, Daniel, Uxía, Sara e Aitana, realizaron unha REVISTA DE ACTUALIDADE

Sara, Naiara, Area e Samuel realizaron un traballo de investigación para amosar que A HOMOSEXUALIDADE  NON É UNHA ENFERMIDADE. 

Pablo, Carla, Jennifer, Sara e Yasmin informaron sobre a PRESENZA DOS DEPORTES MINORITARIOS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E A DESIGUALDADE PARA A SÚA PRÁCTICA EN CERTOS PAÍSES.  

Nós xa sabemos o que temos que mellorar, pero grazas a todo o que nos ensinou Sara conseguirémolo, porque sabemos que sempre estará aí para axudarnos. 

MOITAS GRAZAS POR TODO O QUE NOS TRANSMITICHES, AMIGA SARA! 

Continuaremos emitindo en Radio Llama. ATA PRONTO!