mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA 30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ


Ola a tod@s!
Como podedes ver, o día da PAZ non é para nós só un día, xa que sentimos e sabemos que  é unha tarefa que nos debe ocupar moitos dos días da nosa vida.
Seguimos escribindo: 

O mundo está formado de cousas materiais, pero os nosos corazóns de PAZ. 

A PAZ non é só un sentimento, a PAZ somos tod@s. 

O mundo somos millóns de persoas, pero só unha pequena parte levamos a PAZ no noso corazón: ABRACÉMONOS! 

Jennifer ( 1ºESOB) 


Sorrisos, 
diálogos entre persoas: 
PAZ

Amor libre, 
soños incribles: 
PAZ

Igualdade de sexos, 
vivir aventuras: 
PAZ

Preocuparte polas persoas,
ser ti mesmo: 
PAZ

Estar rodeado
de xente que amas: 
PAZ

Apoiarse entre tod@s,
ver o lado positivo: 
PAZ

Mireia ( 2ºESOB)


E compartindo a ilusión que nos move para transmitirlles a todas as persoas o preciso que é vivir nun mundo no que reine a PAZ. 
O grupo de contacontos do club de lectura visitamos @s nen@s do CEIP Albeiros e así foi como vivimos este día.
Deixámosvos cunhas fotos que lembran este día que nunca esequeceremos, porque nos sentimos orgullos@s de compartir as nosas historias cun público tan especial e lembrar tempos pasados...

Saímos do instituto lembrándonos de tod@s @s compañeir@s do club lectura, xa que nós eramos, só, os representantes de todo o que tiñamos feito.



Subimos ao autobús e chegamos ao CEIP ALBEIROS...  Cantas lembranzas e que agarimoso recibimento!!!

Cremos que gañamos o público cos nosos contiños, pero...  ISO PRONTO O VEREDES!


Rematada a segunda sesión, aquí nos vedes co noso público. 

Logo de dúas sesións - dando o mellor de nós en cada actuación- rematamos. Antes de irnos tivemos unha grata sorpresa. As profes do centro agasalláronnos con algo moi rico... 

Moitas grazas a tod@s @s nen@s  que compartiron con nós este día tan importante, e grazas por abrirnos as portas do voso centro. ESTE DÍA DA PAZ PERMANECERÁ NOS NOSOS CORAZÓNS PARA SEMPRE. 

Chegaba a volta ao instituto e ás clases, pero antes algúen mandou retomar forzas, xa que o tiñamos moi merecido. 



Aquí estamos retomando forzas: Lucía, Lorena, Candela, Ainhoa, Valeria, Jennifer, Aroa, Karla, Mireia, Noa, Lara, Iria E., Iria L. e Joel antes de retomar a actividade escolar. 
Fomos @s que fomos, pero o DÍA DA PAZ vivímolo tod@s @s compoñentes do club de lectura, xa o sabedes. 

A continuación tedes máis información sobre este día.





venres, 25 de xaneiro de 2019

CAMIÑANDO CARA Á PAZ

Estes días continuamos as nosas andanzas percorrendo un camiño entre tod@s para lembrarlles ás persoas do mundo enteiro que: " É preciso e necesario que a PAZ reine no mundo. Acabar dunha vez con tantas guerras, inxustizas, odios... Porque tod@s merecemos vivir tranquil@s." 

Como expert@s andantes que somos, sempre atopamos compañeir@s nas nosas andanzas que nos fan máis fácil o percorrido. 
Aquí vos deixamos con alguhas mostras. ( Pronto compartiremos máis) 

Así debuxa a PAZ a nosa compañeira, Carla Patricia ( 2ºPEIEST).

Karol Tatiana (2ºPEIEST) escribiu varios haikus que reflicten o seu sentimento sobre este día. 
Aquí van algúns: 

Gritos de nenos,
as bombas nas cidades.
Corpos sen alma.

...
Óense berros,
as lágrimas chorando: 
Paz suplicada. 
...
A pomba branca.
Armas que matan ao chan!
Sorriso ao sol!

Lucía ( 1ºESOA) escribiu un conto que compartimos con tod@s: 

Como xa sabedes tod@s, o rei da sabana é o león, pero o tigre tamén quería selo. 
O rei león e o tigre estaban a piques de comezar unha guerra para saber quen sería o vencedor, xa que así se convertería en rei. Os animais da sabana empezaron a discutir porque uns querían que o rei fose o león, e outros o tigre. Comezou unha guerra, que durou ata que un día pasou por alí unha bolboreta moi fermosa, que lles demostrou que a guerra non levaba a ningún sitio. Falou con todos e todas, e eles e elas pensaron nas súas palabras. A guerra parou, e a paz restableceuse na sabana. 
Aquela pequena bolboreta seguiu viaxando polo mundo para acabar coas guerras e cos conflitos. 

E aquí estamos o grupo de contacontos do club de lectura coa nosa actividade para o día 30 de xaneiro. Levamos ensaiando as historias que compartiremos ese día c@s nen@s do CEIP Albeiros , dende hai días. Non nos importan os ensaios os luns pola tarde, as dúas sesións do club que lle dedicamos... Non. Non nos importa nada. O único que queremos é que o noso público, tan importante para nós, pase uns momentos agradables coa nosa compañía e cos nosos contiños. 
Teredes máis información. 





martes, 15 de xaneiro de 2019

ANDANZAS DE XANEIRO

Ola! 
@s lector@s e andantes deste club de lectura decidimos poñernos a traballar para o día máis importante do ano, O DÍA DA  PAZ. 
Aquí vos deixamos con algunhas pistas das andanzas que estamos acometendo...

Comezando a reunión.
Aos poucos minutos, foron chegando tod@s
Que estaremos facendo?
Este mes será inesquecible para todos e todas nós, e esperamos que para outras persoas que nos agardarán o dia 30 de xaneiro nun lugar... 
Como os "Lectores e andantes"  camiñamos acompañándonos de bos e boas compañeiros e compañeiras de viaxe, Houssame ( 1ºESO) foi o primeiro que nos axudou a facer unha ilustración para este día. MOITAS GRAZAS. 


XA DE VOLTA

Moi boas!
Que tal a despedida e entrada de ano? Agardamos que o pasarades ben e que estes días continuasen acompañados de boas lecturas.
Comezamos o martes - como xa imaxinades- e a reunión do club de lectura non foi como agardabamos, xa que algúns compañeir@s preferiron saudar @s amig@s e outr@s estiveron agardando a quenda na biblioteca para devolver os libros que levaran para as vacacións. @s que estabamos alí agardamos un tempo, ao ver que este pasaba decidimos aproveitalo, LENDO.
Sorprendeunos o libro que traia a profe porque non estaba na listaxe dos seleccionados, pero aproveitámolo e aínda seguimos PENSANDO...

Como sabemos que sodes b@s lector@s, só vos imos dar unha pista para que saibades o libro que compartimos.

Elefante ou búfalo?

E aquí van os aforismos que escribimos: 
Fun e serei, pero sempre estarei. 
Nacín, crecín e dubido. 
Non importa onde estabas, eu estou.

Pero non dubidedes que continuaremos.