martes, 29 de outubro de 2019

O SAMAÍN


Cabaza debuxada por Candela

Fixemos regueifas:







E puxémoslles voz ás nosas creacións. Mil perdóns....!!! ( cantar non cantaremos moi ben, pero rir si que rimos) 



E seguimos escribindo e gozando:





@s compañeir@s de 1ºESO agasalláronnos con estas coplas ideadas por eles e elas.  






E decoramos o centro para a ocasión, mércores seguro que alguén virá pedir: TRUCO OU TRATO! 



mércores, 23 de outubro de 2019

LECTURAS E ANDANZAS II

Aquí volvemos os amantes do cómic!

Como xa sabedes estamos con El heroe de David Rubín e hoxe comezamos a lectura do libro, xa que na anterior sesión tocou investigar algo sobre mitoloxía. Cando dicimos algo é porque hoxe tamén tivemos que buscar información, aínda que a nosa compañeira Iria sempre nos daba unha pista para facilitarnos o camiño.

Detivémonos bastante nos  "alucinantes" debuxos, porque non queriamos pasar por alto nada de nada.

Lemos e vimos como debuxou Davíd Rubín o nacemento de Heracles e Euristeo. Quen foi o primeiro en nacer? Procurade buscar a resposta porque vos axudará a entender a historia.  
E comezaron a saír nomes: Hera, a que nós rematamos por chamar, "a deusa das deusas"... En fin, que fomos pasando páxinas e chegamos ao momento en que a acción se desenvolvería en Nemea. 


E así demos por concluída a sesión de hoxe.  



luns, 21 de outubro de 2019

Lecturas e andanzas I con Nada de Janne Teller

Boas a tod@s:

@s amantes da poesía, teatro e narrativa estabamos ilusionados co inicio da nova lectura: Nada, de Janne Teller.


O noso compañeiro, Duarte comezou lendo a portada e a información que se achegaba na contraportada.


Logo chegou o momento de responder a certas preguntas que xurdiron e nos deixaron un pouco preocupad@s. De que nos desprenderiamos por? Para?  Hai algo na vida ao que nunca renunciariamos?



Na segunda sesión, que tivemos hoxe, Laura, Antonio e Sara leron  as primeiras páxinas e así fomos coñecendo os personaxes e o espazo no que se desenvolvería a novela.

Xa vedes o atent@s que estabamos, porque como dixo Sara: " isto é moi filosófico!"

Agora deixámosvos con fragmentos lidos hoxe e con algún dos comentarios que foron xurdindo, xa que houbo máis, pero...  




Estamos desexando saber que fará ese Pierre Antón.

luns, 14 de outubro de 2019

PRIMEIRA XUNTANZA, LECTURAS E ANDANZAS II

O mércores día 9 comezamos a andanza @s lector@s de cómic. Logo de falar dos títulos que temos pensado ler ao longo do curso, decidimos comezar por El héroe, do ourensán David Rubín


Nada máis abrir o libro xa nos enganchou a súa forma de debuxar e colorear e estabamos desexos@s de comezar a lectura, pero aí estaba a nosa compañeira Iria para lembrarnos que, antes, tiñamos que mergullarnos un pouco na mitoloxía, xa que os dous libros contaban os doce traballos de Hércules ou Heracles.

Ese día investigamos, comentamos sobre a mitoloxía grega e latina e démonos conta que coñeciamos moitos deuses e deusas, pero dos doce traballos de Hércules non tanto.



A primeira xuntanza serviunos para ver como trata David Rubín o primeiro traballo de Heracles ou Hércules: O león de Nemea.

Manterémosvos informad@s.


luns, 7 de outubro de 2019

Primeira xuntanza de Lecturas e andanzas I

Boas a tod@s!

@s amantes da narrativa, teatro e poesía comezamos a nosa aventura lendo O colar de bágoas, escrito por Franca Perini, ilustrado por Anna Pedron e traducido ao galego por Xosé Ballesteros. 




Unha vez máis sorprendeunos a lectura e fíxonos lembrar o comezo do ano pasado... Por iso, pedímoslle a Aroa que volvera iniciar esta andaina coa súa voz e así animar e darlles a coñecer @s nov@s compañeir@s o noso ritmo. 

Non fixo falta insistirlle moito...


Paramos a lectura no momento no que a protagonista recollía unhas bágoas que falaban das árbores desaparecidas...


E aproveitamos para lembrar o traballo que, "As brigadas de lecturas e andanzas", veñen desenvolvendo dende o comezo de curso co obxectivo de CONCIENCIAR DA NECESIDADE DE COIDAR O MEDIO AMBIENTE.

Aquí tedes unha mostra dos dous primeiros días de traballo.


Volvemos á historia do libro e falamos das bágoas que deixaría no camiño para que fosen recollidas polas demais persoas...

Unha das novas "lectoras e andantes" puxo voz á súa conclusión, que veu ser a que tiñamos tod@s.
Ao ler o final do libro, non nos sorprendeu que chegaramos á mesma conclusión que a autora.