domingo, 25 de novembro de 2018

DÍA 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO II

"Lecturas e andanzas" continuamos traballando para que a nosa voz se escoite o día 25 de novembro, amosando así que estamos decididos e decididas  a PARAR ESTA VIOLENCIA, XA!

A sesión de hoxe non chegou a nada porque andabamos moi atarefad@s preparando as gravacións do manifesto que redactaron @s nos@s compañeir@s de 2ºESO e que agora estamos traducindo ao francés, inglés e castelán para que a nosa mensaxe chegue a moitas máis persoas. 
Aquí podedes escoitalo en lingua galega:

 
Pronto subiremos as gravacións nas outras linguas.

Pero tamén andabamos preocupad@s por ver quen se ía atrever a ler os poemas seleccionados da obra de  Carlos Negro, Penúltimas tendencias. É unha lectura que aínda non rematamos no club, pero recomendámosvos ler esta entrevista, que concedeu o seu autor, para entender a importancia que teñen as mensaxes dos seus poemas á hora de axudar a cambiar esta situación que padecen as mulleres e nos afecta a todos.

Deseguido podedes escoitar a lectura do poema " A que sabe o amor" nas voces dos compoñentes máis novos do club.



E agora deixámosvos coa lectura que Iria Eiravella realizou do poema de Carlos Negro, "Non teño ganas de ti". ( Aproveitamos para pedir desculpas porque na descrición do audio non van os datos exactos, xa que non sabemos o motivo de que non se garden os cambios que realizamos á hora de subilo.... ). O importante é a mensaxe que encerra este poema.



PORQUE NÓS NON QUEREMOS:


Ilustración de Houssame, 1ºESO

Carla, 2º PEIST

E SI QUEREMOS BERRAR BEN ALTO: LIBERDADE E IGUALDADE PARA TODOS E TODAS.

Ilustración de Jennifer, 1ºESO

Como esta é a segunda entrada que realizamos para lembrar esta fatídica data, deixámosvos co manifesto que redactaron @s nos@s compañeir@s de 2ºESO, pero agora traducido ao francés por Marina e Rubén ( 2ºBAC). NON DEIXEDES DE ESCOITALO NAS SÚAS VOCES.
Pronto  o subiremos nas linguas que xa vos comentamos, XA QUE NÓS TRABALLAMOS DIARIAMENTE PARA ACABAR CON ESTA VIOLENCIA. 

MANIFESTE CONTRE LA VIOLENCE DE GENRE

NOUS, les élèves de l´IES MURALLA ROMANA, manifestons et crions que nous en avons marre:
-des ménaces physiques et psychologiques que les femmes souffrent.
-des disputes de couple qui causent des conséquences extrèmes et graves.
-du harcelement  sexuel subi.
-des humiliations que les hommes provoquent  pour transformer les femmes en esclaves.
-du chantage émotionnel  que les hommes machistes et  contrôleurs provoquent pour que la femme vive totalement isolée.
-des violations subies par les femmes  parce qu´elles sont considérées comme des “proies fáciles”.
En résumé, du mauvais traitement subi par la femme pour être femme.

ET PAR  CELA NOUS EXIGEONS QUE:

-les personnes se respectent mutuellement.
- qui ait égalité entre les hommes et les femmes.
-que les femmes ne soient pas  traités comme des objects, mais comme des personnes.
-que les générations de l´avenir grandissent sans ces stéréotypes.
-que les femmes ne doivent  jamais téléphoner au 016 parce qu´elles n´en ont pas besoin.
-que les personnes comprennent le vrai amour.

EN DÉFINITIVE:

Nous voulons que ce soit bien clair que, entre tous et toutes, nous obtiendrons un monde  sans violence de genre, parce que notre voix  arrivera et sonnera dans les oreilles de tout le monde rappelant que L´AMOUR NE FAIT JAMAIS MAL.

                                                   Texte traduit par: Marina Zurita et Rubén Fernández (2º BAC)


martes, 20 de novembro de 2018

DÍA 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo do mes de novembro estamos traballando para concienciar a todo o mundo da necesidade de parar esta violencia que, por desgraza, segue estando presente nas nosas vidas.
Somos o futuro e non imos quedar calados nin caladas para esixir que esta violencia remate xa!
Nós, os alumnos e alumnas de 2ºESOB, redactamos un manifesto que amosa o noso sentir sobre este día, puxémoslle voz, e Noa, a nosa compañeira, debuxou a ilustración. 


MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

NÓS, os alumnos e alumnas de 2ºESOB do IES MURALLA ROMANA, manifestamos e berramos que estamos fartos e fartas:

- das ameazas físicas e psicolóxicas que sofren as mulleres.
- das discusións de parella que leven a pelexas que traen consecuencias extremas e graves.
- do acoso sexual que sofren as mulleres.
- das humillacións que provocan os homes para converter as mulleres en escravas.
-da chantaxe emocional que provocan os homes machistas e controladores para que a muller viva totalmente illada.
- das violacións que sofren as mulleres por consideralas “ presas fáciles”.

En resumo, do maltrato que sofre a muller por ser muller.

E POR ISO ESIXIMOS QUE:

- as persoas se respecten mutuamente.
- que haxa igualdade entre homes e mulleres.
- que non se traten ás mulleres como obxectos, xa que somos persoas.
- que as futuras xeracións se críen sen estes estereotipos.
- que as mulleres nunca teñan que volver chamar ao 016 porque non o necesitan.
- que as persoas entendan o que é o verdadeiro amor.

EN DEFINITIVA:

queremos deixar ben claro que, entre todos e todas NÓS, conseguiremos un mundo sen violencia de xénero, porque a nosa voz chegará e sonará nos oídos de todo o mundo lembrando que:  O AMOR NUNCA FAI DANO!


Ás nosas compañeiras de fpbásica ( 2ºPEIEST)   escribiron textos nos que transmiten a súa visión sobre este gravísimo problema

Parece que cada día a sociedade ten menos cultura, xa que o machismo está á orde do día e o feminismo esaxérano moitas veces ata o punto de entendelo como “hembrismo” .
A violencia de xénero nas parellas adóitase  normalizar ou ocultar por medo.
Eu defendo a igualdade e espero que no futuro esta situación cambie.
Tania 

Normalizar un tema como el maltrato en pleno siglo XXI puede ser de todo menos algo que pueda pasar desapercibido. La lucha que deberíamos llevar en contra de este tema no es ni la mitad de lo que estamos haciendo para evitarlo.
A día de hoy, ¿cuántas mujeres conoces tú que no hayan sufrido algún tipo de micromachismo, como por ejemplo que alguien que no las conoce de nada las halagara de manera imprudente? ?¿Cuántas amigas te han dicho a ti:  avísame cuando llegues a casa? o cuántas veces te ha dicho tu madre: ¡ no vuelvas sola a casa!, o ¡vete siempre acompañada! ¿Por qué tenemos que tener ese tipo de miedos? No encuentro explicación para semejante miedo al que estamos expuestas sólo por ser mujer.
Para mí, lo que hace falta en esta sociedad es respeto, un respeto necesario. Voy a poner un ejemplo: “me gusta mucho una chica y me parece guapísima”.Si esta frase la dice un chico con respeto no haría absolutamente nada agresivo o incómodo, en cambio, hoy en día te lo dirán de cualquier modo, menos agradable y amable.
Empecemos a luchar un poco más por el respeto. Sé que es muy difícil terminar con algo tan grande como el maltrato o el machismo, pero no es imposible. Busquemos un poco más de cordura y conciencia, porque puede que hoy no seas tú, pero, ¿te gustaría serlo algún día? Yo creo que no. NO LO PERMITAMOS!
Yesenia


Estamos nun mundo onde está demasiado normalizado o machismo, aínda que existan persoas que queiran aparentar o contrario.
Pequenos xestos como deixar pasar a unha muller diante ou que un home sexa felicitado por facer as tarefas do fogar son micromachismos que hoxe en día están na sociedade. O peor é que moitas persoas que protagonizan estas situación son mulleres.


Antía




María, 1ºESO realizou esta ilustración
Cando nacín todo o mundo pensaba que a miña vida ía ser perfecta, un modelo a seguir, pero isto non foi nin é así.  
Vivo con meus pais e unha irmá pequena, un bebé. Na miña casa vívense continuamente situacións de violencia, todas provocadas por meu pai, un home violento e machista que ten a miña nai totalmente manipulada e sometida. O que fai ela sempre está mal, e por iso lle pega e lle berra. Eu teño 15 anos e nunca me deixou estudar, nin maquillar, nin vestir como eu quero. Un día, o meu pai escoitou unha conversa entre miña nai e eu na que lle contaba que tiña mozo. Nada máis oílo apareceu e comezou a golpearme. Miña nai, por primeira vez en moitos anos, saíu na miña defensa e meteuse no medio para parar o meu pai. Pero este deulle un golpe na cabeza e matouna. Vin morrer a miña nai!
Xamais poderei superar isto e agora ninguén poderá volver atrás.
Antía


Jennifer, 1ºESO 
E logo continuaron redactando microrrelatos: 


Entonces mi respiración se fue acelerando, aquella chica relajada se iba escondiendo en la oscuridad. El miedo se fue demostrando con temblor. Mis lágrimas eran el ejemplo de dolor. Las marcas de mi piel anunciaban un futuro “ lo siento”, “ no va a volver pasar”. Yo escondida de aquel hombre que llamé, “amor”.
Karol

Entón á miña respiración foi acelerándose, aquela rapaza relaxada ía escondéndose na escuridade. O medo foise demostrando con tremor. As miñas bágoas eran o exemplo da dor. As marcas da miña pel anunciaban un futuro “ síntoo”, “ non vai volver pasar”. Eu escondida daquel home que chamei, “ amor”.

Karol


Ella era una madre que aguantaba de todo para que sus hijos no sufrieran. Hasta que un día decidió parar esto. Ahora su vida mejoró y está feliz con sus hijos.
Nerea

Ela tiña unha venda nos ollos, pensaba que non era para tanto, un día, dous… Pasaron meses, ata que chegou o día máis inesperado para ela, o seu último día. Aquel home acabou coa súa vida.
Tania

Papá repite y repite su “ juego” a diario. Mis “para”, no le valen. Mis lágrimas se rinden. Sólo necesito que pare! Mamá, todo irá bien.
Karol

Ela é forte, risueña e alegre, pero un mar de bágoas libres cando está con el. Teñen unha nena pequeniña e simpática, de ollos e cariña tristes despois de “xogar”. Elas, xuntas como nai e filla. Superación e loita.
Karol

Para ela os días cada vez eran máis longos, máis difíciles. Para el, demasiado curtos. Ela calaba, non falaba con ninguén. Só falaba con bágoas.
 Uxía

Son muller e quero loitar por unha vida sen golpes, sen dor, sen sexismo. É duro loitar e non poder actuar. Somos persoas, non xoguetes!
Uxía

Toda una vida sufriendo por dos razones. Ella era maltratada, pero su mayor dolor era que su hijo no hablaba, sólo lloraba.
Ángela

Ao chegar á casa só gritos e berros. Só un temor, encontrar a súa nai morta.
Ángela

Un silencio profundo roto por bágoas e golpes. Para min xa non hai días nin meses, só un temor: que el volva.

Ángela

Mamá, vuelve!
Llegué a casa, todo seguía igual. Discusión tras discusión, pero esta vez la discusión fue mortal. Ahí estaba ella, ojalá pudiese volver…!

Yesenia

Loitei contra ti porque, antes de ser túa unha soa vez máis, quero lembrarche que son libre e, sobre todo, son muller!
Yesenia

É outro día máis que me levanto e me doe todo. Fago un esforzo e vou ao baño, mírome ao espello e só vexo os ollos inchados, os brazos e as pernas con cortes e golpes. Pero o que máis me doe é a alma.
Silvia

El sonido era como cuando caen los rayos, y el silencio de los demás era lo que más dolía. Todos lo veían y escuchaban, pero nadie la ayudaba. Sufriendo en silencio sin decir nada lloraba por cada esquina de la casa. Un día su sufrimiento acabó de la peor manera, pero ahora eran los demás quienes lloraban.
Carla

Todo ao principio era moi bonito. El era un bo home, ata que un día chegou borracho e eu non vin vir o golpe, e entón o meu mundo caeu. Pasei meses así e, aínda que ninguén fixo nada, enchinme de valor e acabei coa dor.
Carla

Ella no podía salir sola de casa, pero pensaba que era por su seguridad. Cada día que pasaba aumentaban más los reproches hacia las cosas que hacía. Ella temía cuando él llegaba. Gritos y gritos… Ya no aguantaba más. Se plantó, se echó a la calle y alzó su voz. Se separó de él y su vida cambió por fin. Ahora era libre.
Ángela

Mamá, vuelve!
Llegué a casa, todo seguía igual. Discusión tras discusión, pero esta vez la discusión fue mortal. Ahí estaba ella. ¡Ojalá pudiese volver…!
Yesenia



Tanto chorei que nas miñas bágoas afoguei. Desexei non volver velo na miña vida. Acabei sentindo medo, pero moita paz por perder de vista a ese ser.  Que difícil é desprenderse de ti, pero pódese!
Antía

El amor se convirtió en una pesadilla. Ella era maltratada todos los días. Aguantó mucho, hasta que un día dijo: ¡BASTA!
Nerea

Jennifer, 1ºESO

E LEMBRARON CON POUCAS PALABRAS  ESTA SITUACIÓN QUE É PRECISO CAMBIAR: 


O meu corazón rompeu en cachiños porque o amor non era amor.

Marisa

Bágoas de alegría, non bágoas de medo!
Ángela


Nacín, aguanteino, chorei e morrín nas súas mans.

Antía

Su vida era oscura, pero ella la vivía hasta que un día ya no la dejaron vivir más.
Ángela

Papá gritaba, golpeaba, amenazaba. Mamá lloraba, callaba. 
Silvia 

María, 1ºESO
E remataron a modo de haikus:

Mulleres libres,
moi bonito dicilo:
agora aplícao!
Antía


Confundir querer
con non poder nin vivir
é non quererse.
Antía

A superación
constante e continua,
día a día.
Silvia

Nós, o alumnado de 1ºESO,  traballamos e investigamos para ver como podiamos dicir en moitas linguas: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO. Non sabemos se está ben escrita a mensaxe que queremos transmitir nas linguas que eliximos, pero do que estamos seguros e seguras é que QUE IMOS ACABAR CON ESTA VIOLENCIA. NON O DUBIDEDES!
Compartimos con vós o que imos facendo, porque sabemos que é preciso concienciar a todas as persoas para acabar con este tipo de violencia. 
CONTIUAMOS TRABALLANDO.



mércores, 14 de novembro de 2018

COÑECÉNDONOS

Nesta sección escoitaredes as entrevistas que lles imos realizando ás persoas que acceden  a responder as nosas preguntas e  pasar un ratiño con nós.
Agardamos que vos gusten as entrevistas tanto como nós gozamos facéndoas!!!

Lorena, Lucía, José Ramón e Noemí ( 1ºESOA) comezamos esta andanza entrevistando e coñecendo un pouco máis a Iago, o noso profesor de Lengua e Literatura.


Candela, María, Jennifer e Aitana (1ºESOB) decidimos entrevistar o noso profesor de Historia,  José Luis. Agardamos que vos guste a entrevista.



Silvia, Uxía, Carla e Ángela ( 2ºPEITEST)  decidímonos a conversar un pouco con José Antonio, o director do centro, para preguntarlle por algúns temas que nos interesaban. Deixámosvos coa entrevista.



Ainhoa, Hugo, Valeria e Alejandra ( 1ºESOB) entrevistan a Javier, o seu profe de bioloxía.

sábado, 10 de novembro de 2018

ASISTIMOS AO VIII MARATÓN DE CINE D@S ARGALLEIR@S DAS LETRAS

Así vivimos esta nova andanza os membros do club de lectura do IES Muralla Romana. 
O día 8 de novembro estabamos tod@s preparad@s e ansios@s de que chegase a hora de subir ao autobús e dirixirnos ata As Pontes para vivir esta nova experiencia c@s nos@s compañeir@s do IES Castro da Uz. Non fomos tod@s porque a moit@s non os deixaron asistir, pero aí estabamos nós para represental@s. 
Cando chegamos Ás Pontes eran as 18,30h. Entramos no centro e tivemos unha acollida que nos fixo sentir como se estiveramos na casa. Elena ( a coordinadora  do club de lectura e organizadora do maratón), Ana ( profesora que forma parte do club) e  tod@s @s argalleir@s das letras  estaban agardando a nosa chegada e recibíronos con moito cariño. Dende o minuto cero vimos como a lectura une a dous clubs de lectura. Puxémonos mans á obra e axudamos en todo o que puidemos, aínda que @s organizador@s levaron a peor parte. 
Unha vez colocadas as colchonetas no salón de actos, sentímonos auténtic@s convidad@s porque... 

a nós deixáronnos o mellor sitio e as mellores colchonetas. Fixádevos na diferenza!!!

Cando  tod@s os lectores e lectoras conseguimos - non sen esforzo- situarnos, Elena comezou coa presentación do VIII maratón de cine dos Argalleir@s das letras.  


A primeira peli foi Campeones, ao finalizar comezou a quenda de opinións. 

Continuamos con Siempre a tu lado, Hachiko, ao seu fin tocou: " momento cea". Chegaban as pizzas que compartimos e aínda nos uniron máis a tod@s. 


Rematada a cea volvemos recomezar coa proxección das pelis 

e seguimos gozando dos intermedios... 


ata que chegou o momento de marchar. Nós rematamos o maratón algo antes porque tiñamos que almorzar e estar preparad@s para volver á nosa realidade. Si, o autobús estaba agardándonos ás 07,30h da mañá. 
Ao chegar ao centro para comezar as clases estabamos algo cans@s, pero alucinad@s do que viñamos de vivir. 
Grazas a tod@s @s argalleir@s das letras, a Elena e Ana por convidarnos, e a Amalia e Chelo por acompañarnos nesta andanza que nunca esqueceremos. 

ASÍ É COMO SE VIVE NO CLUB DE LECTURA, " Lecturas e andanzas". Grazas aos libros, ás súas historias, aos seus personaxes por amosarnos que SÓ LENDO, APRENDEMOS A VIVIR e @s argalleir@s por compartir a súa actividade


martes, 6 de novembro de 2018

@S GARDIÁNS DA TRADICIÓN

Aquí estamos os membros de " Lecturas e andanzas" para compartir con tod@s vós unha das aventuras que estamos vivindo. 
Como sabemos que a nosa lingua existe porque nunca se deixou de falar, e que somos herdeir@s das tradicións e cultura que nos foron achegando os nosos, que mellor que poñerlle voz ás lendas que nos contaron para así non romper a tradición!!! ( Seguro que cando as escoitedes diredes que vós coñeciádelas doutro xeito, pero xa sabedes o que ten a tradición oral...)
Sabemos que vai ser un traballo duro, pero intentaremos que non só participemos os membros do club de lectura, xa que animaremos a tod@s @s compañeir@s do centro a que nos axuden nesta andanza. 
Aquí vos deixamos coas primeiras aventureiras que abriron o camiño a seguir para amosar que non é tan difícil.
Que vos animen e vos presten os audios. 

Sara Pico (2ºESO) comeza as gravacións do curso 2020/21 contando tres lendas ("A praia das Catedrais", "A nena do azucre" e "a vella queimada en Triabá")  para ambientar a celebración do Samaín. 

AGORA DEIXÁMOSVOS COAS GRAVACIÓNS DOUTROS ANOS. 

Aquí está Jennifer, 1º ESO contando a lenda da Lagoa da serpe



María (1ºESO) ponlle voz a lenda que escoitou da Cova da serpe.



Lucía ( 1ºESO) conta a lenda da Torre de Hércules.



Aitana (1ºESO) pon voz á lenda da Virxe dos Milagros.



Alicia Alejandra (1ºESO) cóntanos unha lenda que seguro nós non coñeciamos.



Noemí (1ºESO) lembra a lenda que lle contou  seu avó.



Ainhoa ( 1ºESO)  achéganos á lenda da lagoa de Cospeito que escoitou da voz do seu avó.



Sara G. ( 1ºESO) cóntanos a lenda do monte Paralaia.


Valeria ( 1ºESO)  pon voz á lenda da Fonte da nena que lle contaron os seus.


José Ramón ( 1ºESO) cóntanos a lenda da Maruxaina.



Lorena (1ºESO) ponlle voz á lenda de Fontedelago que lle contou a avoa.



Brais N. ( 1ºESO) lembra a lenda das Pontes de Gatín que lle contou súa nai.



Yoel Barrios ( 1ºESOA) colabora co club de lectura compartindo a lenda (a Cova da serpe) que lle contou o seu avó con todos e todas nós.
Moitas grazas pola túa colaboración, Yoel.


O noso compañeiro de 3ºESO, Martín Suárez colaborou con nós achegándonos esta lenda que lle contaron os seus sobre a lagoa de Cospeito.


Nerea Nodal, a nosa compañeira de 3ºESO non dubidou en colaborar con nós nesta andanza contándonos a lenda da orcavella. 

Lucía Varela (3ºESO) contounos a lenda da pantasma do circo para axudarnos neste proxecto.

Manuel Varela ( 3ºESO) achegounos unha versión da lenda da santa compaña. Grazas por colaborar con nós.


Iria González ( 1ºESO) comparte con nós a lenda que lle contou súa avoa sobre o Santo milagro do Cebreiro.


O noso compañeiro Rehan Anwar ( 1º ESO) mergullouse na páxina Galicia encantada para  afondar na nosa tradición e colaborar con nós nesta andanza. Moitas grazas, Rehan.


Patricia Lombardía ( 1ºESO) conta a lenda da santa compaña.

Nerea Vázquez, a nosa compañeira de 2ºPEIEST  colabora con nós poñéndolle voz á lenda que lle contou a súa avoa.


Uxía Vigo (2ºPEIEST) cóntanos unha historia que ten escoitado moitas veces e seguro que tod@s vós tamén.


Grazas á colaboración de Antía López ( 2º PEIEST) podemos escoitar a lenda que lle contaron a ela hai moito tempo.


Silvia Diéguez ( 2ºPEIST) colabora con nós e ponlle voz a historia que lle contaron os seus e que aconteceu hai moito tempo.


Carla Patricia ( 2ºPEIST) fixo un esforzo para contarnos na nosa lingua a historia que lle contaron a ela e así axudarnos a enriquecer a nosa tradición oral.



Continuamos coa historia do escorpión e a tartaruga na voz de André, 1ºESOB


NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Moi boas!!!
A reunión de hoxe foi algo diferente ás outras porque tiñamos moito que facer: rematar as insignias co logo do club, ultimar a visita para asistir ao VIII maratón de cine que organiza o club de lectura "Argalleiros e argalleiras das letras" e , como non, continuar coa lectura do terceiro relato de O neno can. Ah, xa se nos esquecía! E cambiar de lugar para a nosa reunión, xa que a biblio non era o espazo máis axeitado para realizar todas estas tarefas. 

Unha vez reunidos todos e todas repartimos os traballos para gañar tempo para a lectura. Alexandre continuou facendo as insignias que comezaramos a sesión anterior e ás que lle dedicamos tempo nos recreos da semana ( non si, María?). Dende aquí queremos darlles as grazas aos "Argalleir@s das letras" porque o seu titorial foinos de gran axuda. 
Aquí nos vedes compartindo traballos: 


E coas insignias do club de lectura rematadas e listas para lucilas e presumir. 


Logo tocaba falar e organizar todo para ir ata As Pontes o día 8 de novembro. Grazas á invitación do club de lectura, "Argalleir@s das letras", asistiremos ao VIII maratón de cine que organizan no seu instituto. Estas son as pelis que veremos e darán moito que falar... 

Pero esa é outra historia que vos contaremos á volta desta nova experiencia. 

E como non, LEMOS. Aroa, coa súa voz,  volveu mergullarnos a todos e a todas no relato "Perla negra" e fíxonos pensar en tantas e tantas persoas "INVISIBLES" que hai no mundo. 
Xa vedes que unha boa lectura pode acompañar bos traballos. 
Ata pronto

xoves, 1 de novembro de 2018

LECTURA DE O NENO CAN

A obra coa que comezamos o club de lectura foi:  O neno can de Fina Casalderrey e Francisco Castro. 
A lectura do primeiro relato deixounos un pouco entristecidos, pero achegounos á realidade do mundo no que vivimos. Uns tantos e outros tan pouco... 
O segundo seguiu poñéndonos os pés na terra e lembramos a realidade que viven moitas nenas... 
En fin... DURO, PERO É A REALIDADE. 
Nestas xuntanzas, nas que lemos todos e todas en alto decidimos ir gravando as nosas lecturas para compartilas con todos e todas vós. Intentaremos facelo o máis pronto posible... 

Tamén nos deu tempo para falar do que iamos facer co noso logo: UNHAS INSIGNIAS para presumir de club de lectura.  Pronto teredes noticias. 
Aquí nos vedes atentos á lectura en voz alta. 


DESEÑO DO LOGO DO CLUB

Como bos e boas aventureiros e aventureiras na primeira reunión do club pensamos en deseñar un logotipo que nos identificase. 
Se na primeira reunión só comentamos a idea do logo, na segunda xa Iria traía un deseño, que foi aceptado por todos os membros do club por unanimidade, xa que identificamos moi ben a simboloxía que agochaba ese debuxo. 


Agora poñémosvos a proba para ver se ides adiviñando como somos os e as que formamos parte deste club de lectura: 

- Por que un gato?
- Por que un gorro?
- Por que unhas ás?
- Por que un traxe cheo de letras?

Dámoslle as grazas a Iria Liñares por este debuxo co que nos identificamos totalmente. 



Comezamos as nosas andanzas

No mes de setembro xa nos puxemos a organizar o club de lectura. Eran moitas as ilusións que nos movían á hora de compartir lecturas, comentarios, proxeccións cinematográficas, talleres literarios, creacións persoais, viaxes e, sobre todo, amosar a nosa solidariedade con todas as persoas e con todos os temas que están presentes neste mundo no que vivimos. 
Nunha primeira xuntanza, xa vimos que había moitas persoas que compartiamos o pracer da lectura e desexabamos facelo conxuntamente. 
Comezamos a falar de xéneros literarios, preferencias e pedimos suxestións para as lecturas a realizar. Así eliximos as obras que nos acompañarán este curso. 

Narrativa: O neno can, Casalderrey, Fina e Castro, Francisco; Fume, Fortes, Antón; Invisible, Eloy Moreno.

Poesía: Penúltimas tendencias, Carlos Negro;  Las almas de Brando, Brandon Ndojocu, César.

Cómic:  Death Note, Tsugumi Ōba, Takeshi Obata ( 1-3); Emigrantes,  Shaun Tan.


Contamos con dúas obras máis por se o tempo nos permite gozar da súa lectura: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Arantza Portabales e O tesouro de Lucio, Belatz.


Como estamos abertos a todas as suxestións dos compoñentes do club, pode que se incorporen outras lecturas ao longo do curso - seguro que si-, porque só compartindo podemos seguir gozando das nosas andanzas.