Un ano máis, chegou o 23 de febreiro e con el a celebración dunha das autoras máis célebres e que máis repecusión tivo fóra das nosas fronteiras. Falamos da gran Rosalía de Castro. Para ela sempre hai un anaquiño no club de lectura... Ademais a cortiza prinicipal encheuse con imaxes e con textos dela, así como do manifesto en memoria de Rosalía de Castro para deixar claro que no noso centro non nos esquecemos desta data tan sinalada.
Taboleiro en xeral |
Manifesto do Día de Rosalía |
Pero ademais o alumnado de 1º ESO animouse a facer as súas propias versións de poemas desta gran figura ou traducións de poemas a outros idiomas como en marroquí, unha lingua propia e de uso de moitos compañeiros e compañeiras do centro... toda unha homenaxe como se merece a gran Rosalía.
Poñémovos imaxes desta actividade que quedaron expostas na cortiza para que todo o alumnado do centro poida ver os traballos.