domingo, 19 de decembro de 2021

CALENDARIO: O ANO DOS SENTIDOS

Reunido o xurado formado por un membro do equipo directivo, un membro do persoal non docente, un do profesorado e un do grupo de biblioteca decide outorgar premio aos seguintes participantes: 

  • 1ºPREMIO: Naiara (2ºESOC) por “Mirarte” 
  • 2ºPREMIO: Uxía Alonso (2ºESOC) por “Ao revés”
  • 3ºPREMIO: Marco Dorado (1ºESOA) por “Segredo"

E tamén recibirán un agasallo os seguintes participantes, xa que as súas fotografías forman parte do calendario do 2022.

  • Anum Zahra (3ºESOPMAR) por “Serenidade
  • Iria (4ºESOB) por “Franqueza” 
  • Unai (1ºESOA) por “Olfacto” 
  • Nerea (2ºESINBE) por “Con(TACTO)” 
  • Daniel (2ºESOA) por “Beleza” 
  • Mohamed (4ºESOB) por “Sensacións” 
  • TagenAta por “Recoller” 
  • Uxía (2ºESOC) por “Sensacións” 
  • Daniel (2ªESOC) por “ Sentidos” 

O alumnado de 1ºINFOFI, que axudou a que este calendario tivese o formato que desexamos para que estea en todas as aulas o ano 2022, recibirá o seu agasallo en agradecemento á súa colaboración e ao seu traballo.

AGARDÁMOSVOS A TODOS E A TODAS O DÍA 21 DE DECEMBRO DE 11.15H – 11.40H NO SALÓN DE ACTOS. 

Grazas por participar!!!

CONCURSO: A MELLOR ÁRBORE DE NADAL DA AULA E O MELLOR VÍDEO DE FELICITACIÓN

Reunido o xurado formado pola coordinadora das TICs, un membro do persoal non docente, un do profesorado e dous representantes do grupo de biblioteca decide outorgar premio aos seguintes participantes nas categorías de:

MELLOR ÁRBORE DE NADAL 

Para a AULA 12 – 3ºPMAR pola súa orixinalidade, o seu traballo persoal e as ilusións que amosaron na elaboración e o contido dos seus desexos.

MELLOR VÍDEO DE FELICITACIÓN 

Para os/as participantes de 2ºC pola ilusión, alegría e compañeirismo que amosan neste vídeo.

AGARDÁMOSVOS A TODOS E A TODAS O DÍA 21 DE DECEMBRO DE 11.15H – 11.40H NO SALÓN DE ACTOS. 

Grazas por participar!!!


O xurado dos concursos fixo entrega dos premios:

mércores, 15 de decembro de 2021

II TALLER DE RADIO CON SARA MEIJIDE

Hoxe asistimos ao segundo obradoiro de radio impartido por Sara Meijide

Deixámosvos unha mostra de todo o aprendido e do ben que o pasamos sentíndonos xornalistas. 

Pronto poderedes gozar  dos programas gravados e opinaredes. 

martes, 14 de decembro de 2021

RADIO LLAMA, CON SARA MEIJIDE

O luns 13 de decembro, o equipo da radio escolar ("Radio Llama") tivemos a sorte de coñecer a Sara Fernández Meijide, xornalista da cadena SER, que comezou a descubrirnos os segredos desta canle de comunicación e os recursos que temos á nosa disposición para sacarlle o mellor partido á nosa radio. 

Sara comezou a familiarizarnos co equipo co que contamos...  

Conseguiu conectar tres micros para que así puideramos participar tres persoas nos programas de radio.

Falounos da "mesa de mezcla" que tiñamos e deunos un pequeno desgusto, xa que non era moi útil para os nosos proxectos. Pensaremos...

Logo de ver o equipamento co que contabamos recomendounos facer gravacións e traballalas antes de emitir o programa, porque se queriamos incluír música a unha entrevista ou a calquera información en directo non podiamos. Ensinounos o camiño que tiñamos que seguir tendo en conta o noso equipamento. Comezou por aprendernos o manexo do audacity, falounos do imprescindible que é respectar os dereitos de autor/a á hora de usar música, imaxes... e recomendounos algunhas páxinas. 

Continuou explicándonos como se realiza un podcast.

e sen máis, púxonos a FUNCIONAR! 

Comezou organizando tres equipos e lembrando as funcións de cada compoñente.

Preguntándonos que temas nos gustarían tratar no programa que imos gravar. 

Eliximos temas interesantes, pero que non imos desvelar agora porque os escoitaredes nos programas que compartiremos. 

Sara despediuse lembrando que levabamos traballo de investigación, porque na seguinte xuntanza tocaba gravar e  amosar que imos por bo camiño para dedicarnos ao xornalismo. 

Ata luns, Sara!

PREPARANDO O CALENDARIO, "O ANO DOS SENTIDOS"

Este ano, o concurso de fotografías e ilustracións para realizar o calendario, "O ano dos sentidos", demostrou que estamos unidos/as e que podemos comezar unha actividade e poñerlle fin entre todos e todas  nun ambiente de colaboración total.  Como? Moi fácil! Só hai que participar e, unha vez seleccionadas as fotos (aínda non se fixo público o veredicto do xurado -aí si que nós estivemos á marxe), axudar a darlle forma ao noso calendario, xa que estará en todas as aulas para o ano que vén e lembraranos moitos momentos. 

Participamos! E os/as nosos/as compañeiros/as de 1ºINFOFI comprometéronse a axudar na súa maquetaxe final e así o fixeron e están facendo porque custa moito. 

Fixádevos! 

- Coa axuda de Iris, deseñaron a portada do calendario, maquetaron todos os meses do ano (fixándose nos festivos...) coas fotografías elixidas e imprimiron 75 calendarios.

- Prepararon todo e organizaron o traballo para continuar o proceso. 

- Tere foi familiarizándoos coa perforadora para logo colocar a espiral. 

- Amodiño foron inseríndoa en cada calendario.

- O emprego do alicate para pechar a espiral resistiuse un pouco, pero.. 

- Parte do traballo está feito. Venres continuarán ata finalizalo e así poder ter os nosos calendarios. 


Grazas a todos e a todas por participar!

Grazas a todos e a todas por colaborar!

Pronto coñeceredes o veredicto final e poderedes gozar do noso calendario. 

venres, 3 de decembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, día 3 de decembro, a radio escolar ("Radio Llama") foi testemuña da lectura do manifesto que María (orientadora do centro e amiga) leu para a toda a comunidade educativa lembrándonos o DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Deixámosvos co audio no que escoitaredes a lectura do manifesto. 


PORQUE SUMEMOS TODOS E TODAS!