domingo, 28 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO II


O día do libro que celebramos este ano -conxuntamente- os clubs de lectura Argalleir@s das letras e nós, Lecturas e andanzas tivo dúas partes diferenciadas tematicamente, se podemos cualificalas así, pero que estiveron unidas por un mesmo elo: o gusto pola lectura que sempre move a coñecer, compartir, gozar con todo e de todo o que está ao noso arredor, e así o fixemos.

Como non todo vai ser "traballar", aínda que para nós sexa un pracer ler, non tanto compoñer o que xa coñeceredes... ímosvos contar.

Este ano a cidade de León foi o lugar elixido para realizar a lectura continuada, a selección da palabra e logo a composición de..., pero de todo isto xa saberedes noutra entrada. O importante é que comezaba unha viaxe na que participabamos 58 persoas que non nos coñeciamos nada máis que de vernos -e non tod@s- unha noite de cine. Nun primeiro momento as relacións non foron moi boas, ou mellor dito non existían por "PREXUÍZOS" que logo tod@s recoñecemos. Pero o que empezou sendo unha viaxe de dous clubs de lectura, que non se "entendían moito", rematou con bágoas nos ollos cando nos iamos achegando ao noso primeiro destino, Lugo. Tanto é así que lles pedimos ás profes que foramos primeiro ata As Pontes e logo volver a Lugo, porque así teriamos máis tempo para estar xunt@s. NON ACEPTARON! Chegamos a Lugo e despedímonos d@s nos@s amig@s prometéndonos volver vernos antes de finalizar o curso. Creo que as profes están de acordo en facer unha xuntanza, pero desta vez na nosa cidade. 

Agora deixámosvos cunha mostra que amosa todo o que compartimos, vivimos e lembraremos para sempre.



Grazas a León, Castrillo de los Polvazares,  as Médulas, ao frío, á chuvia, á neve e, sobre todo, AO GUSTO POLA LECTURA,  por unir @s argalleir@s das letras e @s lectores e andantes.
 
Así eramos nun comezo: Argallei@s das letras por un lado


E Lecturas e andanzas, por outro.


E así rematamos:


ATA PRONTO AMIG@S!




mércores, 10 de abril de 2019

CONVERSAS FINAIS SOBRE A LECTURA, INVISIBLE


Ola a tod@s!

Aquí estamos de novo para contarvos a sorprendente sesión que tivemos hoxe no club de lectura. Como xa sabedes, algunhas persoas non puideron resistirse a ler Invisible, ao ritmo que tiñamos pensado todos e todas,  e decidiron "ir por libre". Coñecían o final e iso non nos gustaba nada, polo que decidimos afrontar esta situación. Se xa o lestes, imos falar del. Preguntamos, responderon, opinamos, lemos e finalizamos esta lectura, que nos abriu os ollos, que nos fixo compartir recordos "duros" e poñer os pés na realidade, un tanto "descolocad@s".

Grazas a Lucía, Candela e Sara  por facernos vivir unha sesión do club diferente. Se queredes saber como foi, só tedes que escoitar o audio.





Antes de rematar a sesión, @s que non acabaramos de ler Invisible, apoderámonos dos exemplares para ir á biblio e ser @s primeir@s en levalos para casa e mergullarnos, personalmente, no final da historia. Só faltaría!

Eran moit@s @s compañeir@s do centro que coñecían o libro que estabamos lendo no club de lectura e querían opinar sobre o tema que nel se trataba. Aquí vos deixamos con algúns textos que escribiu o alumnado de 2ºPEIST. Respectamos o seu anonimato, porque esa era a súa condición.

*********************

El acoso en los colegios o institutos sigue existiendo. Yo no entiendo cómo puede haber personas que se divierten pegando o insultando a otras. Puedo llegar a entender que alguien no te caiga bien, pero de ahí a acosarla, no entra en mi cabeza.

¿Por qué te aprovechas de alguien débil y no lo haces de alguien fuerte? Porque el débil siempre, por lo general, es una persona callada, tímida, que sabes que no va a decir nada, por eso eliges a ese tipo de personas, y por eso los machacas hasta tal punto de hacerles pensar en quitarse la vida. Sí,  porque esas personas llegan a casa, se encierran en su habitación y empiezan a llorar, a insultarse a ellos mismos, a odiarse… Necesitan ayuda, pero no la piden. Necesitan hablar con alguien, pero no lo hacen. Necesitan sentirse queridos, pero no se sienten.

Todos y todas deberíamos hacer algo, y los profesores también, pero muchas veces pasan por alto y no le dan importancia a ciertas situaciones que en realidad la tienen.

En definitiva, lo que había que hacer es meterse cada uno en su vida y dejar vivir a los demás tranquilos.

Debilidade,
silencios e desprezos.
Déixao en paz!



A pesar del siglo en el que estamos se siguen dando casos de personas que disfrutan causando daño a otras. En el caso de menores, en mi opinión, va muy ligado a la educación que se recibe en casa; en lo que ven en sus padres y familiares, en como son tratados por ellos.

En cuanto al ámbito educativo, si en una clase de 20 personas, una  no tiene las mismas características, gustos, manera de expresarse o vestir que la mayoría,  puede que haya ciert@s compañer@s que crean que ya es un motivo para rechazarle, acosarle, insultarle, y quién sabe cuántas cosas más… Cosas que vemos todos los días, pero que no le damos la importancia que deberíamos.

¿Quién de nosotros no vivió una situación como la que os voy a contar? Un niño de 12 años está en clase de Educación Física y le toca saltar el potro; el niño se cae, y acto seguido toda la clase se empieza a reír. El profesor  manda callar. El niño llora solo, mientras los demás murmuran cosas como: “eso le pasa por pesar 100Kg”, “¡pobre potro!”; “¿Por qué llora si no es para tanto?...”

¿Crees que la reacción de la persona que estaba a cargo de los niños en ese momento fue la adecuada? Para mí la respuesta es NO, porque ese niño no estaba llorando porque le doliera caerse, si no por la vergüenza que sintió al escuchar otra vez los mismos insultos. A veces hay situaciones que llevamos a la normalidad porque parece que las personas preferimos hacernos ciegas, ante situaciones que encierran un grave problema y peligro para las que las padecen, que abrir los ojos.

Los dos sonríen,
él siempre llora solo.
Que gran tristeza!


O acoso escolar está á orde do día. Os pais, profesores dos alumnos ou alumnas que son acosad@s deberían ser máis  intransixentes neste temas, porque estes acontecementos producen moitos problemas psicolóxicos e ata casos de suicidios.

Dende o meu punto de vista, os pais e os profesores deberían poñer fin de forma radical a isto. Deberían concienciar deste problema dende a casa, dende o colexio e instituto con charlas destinadas aos adolescentes para que reflexionen e pensen no dano que lles poden causar ás persoas afectadas e a todas as que os rodean.

Alguén pensa no afectado ou afectada? Estes non soen manifestarse, calan, escóndese, agochan o seu problema e négano, incluso. Nalgúns casos, a familia nin coñece o problema que vive o seu fillo ou filla.

Se se denunciaran estes feitos todo cambiaría, e non se trataría a ninguén deste xeito tan cruel.

É a miña dor,
súfroa dentro de min
e pásoo mal.


Outro día que vén miña nai espertarme ás 9.00 da mañá con bicos e abrazos. Dígolle que estou enferma, que me doe a barriga, pero xa “non lle cola”. Entre bágoas subo ao autobús, segundo entro xa escoito burlas e risos. Chego a clase, séntome, abro o estoxo e xa vexo que teño bolígrafos rotos e outros que me faltan, a libreta toda arrugada...; pero non digo nada porque non merece a pena, total, se Pepe me chama tonta e a profesora non lle di nada e ri... Evito o peor, ter que escoitar a mesma frase: “non chores, que ten razón”, soportando as risas de todos e todas… Remata esa clase e chega a hora de inglés, doume conta de que me falta da mochila a carpeta verde. Meu deus, non pode ser! Entro á aula e dígollo á profesora, a súa resposta é que non me preocupe; dáme moita desconfianza, pero ao mesmo tempo xa me sinto máis tranquila, ata que comezan a corrixir a ficha e tócame a min. Aí comezan os nervios, porque a pesar de que xa lle expliquei que non “trouxera” a carpeta, parece que non o recorda e di todo diante de toda a clase para que rían e o pasen ben, claro. Comeza a dicir cousas como: “ é que sempre se che esquece” ou “ ven aquí ao meu lado!”, esta é a frase que máis me doe, porque sabe que son moi vergonzosa e non soporto estar diante de toda a clase. Colle a ficha e dáme con ela na cara, supoño que todo o mundo pensou que era gracioso, porque todos riron. Estiven toda a hora castigada nunha esquina chorando, oíndo de todo. Despois tiven coa titora, pero, loxicamente, non podo dicir nada porque ninguén me cre, e menos ela que tamén “colabora” en que se metan comigo. Pregunteille se a chamara  miña nai, xa que lle contara dous días antes que no colexio me insultaban e ela non dubidou en presentarse no centro para solucionar este problema. A profe respondeume que non necesitaba vir, xa que a min ninguén me insultaba e todos  os meus compañeiros me querían moito. Mentira, pensei eu.

Chegou o recreo, estou soa a pesar de que veu Juana inventando que se pelexara con Laura para saber que opinaba eu dela e así seguir “malmetendo”. Eu non dixen nada, pero ela foi contando mentiras sobre o que eu “non dixera”. Cando me dei conta xa tiña un grupo de persoas pedíndome explicacións sobre esas palabras que eu nunca pronunciara. Comezaron a chamarme falsa, “mentirosa”; a dicirme que era normal que non tivera amigos; que era lóxico que  estivera soa e que non volvese pola clase. Rematou o recreo e volvemos á aula.  Todo se repite, todo segue igual e, por se fora pouco, tocoume saír ao encerado. Díxenlle que non sabía facer esa conta de dividir entre tres cifras porque o día que o explicara non asistira a clase, xa que estivera “ enferma”. A súa resposta foi: “ non é normal que faltes tanto”. Termina a clase e imos ao comedor, unha tortura; se non che lanzan bolas de pan, métenche a comida no vaso, e non se che ocorra deixar nada do seu contido. Por fin ese día acaba e vou para a casa. Cando ninguén me ve, choro;  e non se me vai a idea do suicidio, total ninguén me botaría de menos, todos me odian. Voume duchar, ceo, e teñen que vir meus pais axudarme a durmir porque non paro de ter pesadelos.

E xa é outro día máis. Outro día no  que vén a miña nai a espertarme con bicos, abrazos… Dígolle que “estou enferma”, pero “non cola”…

Lágrimas secas,
silencio en el corazón,
nudo en el alma

*********************
Desta vez non rematamos con aforismos a lectura, pero AGRADECEMOS moitísimo a colaboración d@s nos@s compañeir@s por escribir sobre este tema que queremos REMATE DUNHA VEZ!

domingo, 7 de abril de 2019

MES DE ABRIL, LECTURA SEN FIN

O grupo de Biblioteca do centro está a traballar  o mes no que se celebra o DÍA DO LIBRO de moitos xeitos: 
  • Club de lectura viaxará ata León para realizar a súa actividade
  • Concurso de marcapáxinas. 

I CONCURSO MARCAPÁXINAS

O grupo de biblioteca do IES MURALLA ROMANA convoca o I concurso de marcapáxinas para celebrar o DÍA DO LIBRO, 2019.

Grupo de biblioteca, IES Muralla Romana, 06/ 04/ 2019

Bases do concurso




Campaña para continuar fomentado a lectura co lema: ADOPTA UN LIBRO


Todo para que o mes de abril traia LECTURAS SEN FIN!

xoves, 4 de abril de 2019

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO


Ola a tod@s!

Estes días andamos un pouquiño atarefad@s preparando a saída do Día do libroe, sobre todo,  moi nervios@s, xa que a actividade que realizaremos é unha novidade para nós. Queremos darlles as grazas @s nos@s compañeir@s e amig@s,  "Argalleiros e argalleiras das letras", por convidarnos a compartir con eles e elas unha nova aventura.


A cidade que nos agarda para vivir esta experiencia é León, e a lectura continuada que realizaremos é....: 




Supoño que estaredes un pouco sorprendid@s ao ver tantos títulos dunha mesma obra, pero é que imos ler  Enderezo descoñecido, Kressmann Taylor  nestas catro linguas. 😲😲.


Se xa estabamos nervios@s pola actividade, agora trememos pensando na lingua en que teremos que ler....  Agardaránnos máis sorpresas????  NON O DUBIDAMOS!!! SEGURO QUE SI!!!

Tamén estamos investigando para buscar o lugar no que realizaremos a lectura continuada da obra. Polo de agora pensamos en La plaza del Grano  ou El parque del Cid... ,  pero seguro que descubriremos entre tod@s outros lugares, aínda que estes xa son ben bonitos.


Estamos desexando que chegue ese día para compartir momentos inesquecibles ao lado de amig@s, que coñecemos polo gusto e " teima" que temos pola lectura.


Como premio, seica nos van levar - logo de traballar- a coñecer Castrillo de los Polvazares , las Médulas, e outros lugares de interés. Como non, levando unha vida moi saudable, xa que haberá que camiñar moito...

SEGUIREMOS INFORMANDO