martes, 26 de febreiro de 2019

Invisible, terceira sesión

Ola a tod@s! 

No club de lectura seguimos mergullados na historia que conta Eloy Moreno en Invisible, e temos que recoñecer que as primeiras páxinas do libro precisaron - e seguro precisarán ao final da novela- unha relectura, aínda que nós xa imos creando a nosa historia. 

Hoxe guiaron a lectura Jennifer F.; Lara R. e Iria L.

Distintos momentos da lectura

Ao rematar o tempo de lectura chegou o momento de compartir entre tod@s o lido. Jennifer F.; Candela F.; Ainhoa R.; Valeria S. e Iria L. non dubidaron en facelo para axudar a seguir a historia a aquel@s que chegaron un pouquiño tarde.



Ata a próxima!


martes, 19 de febreiro de 2019

Invisible, segunda sesión

Boas a tod@s! 
Hoxe queremos contarvos como foi a sesión do club de lectura porque resultou novidosa e produtiva, xa que conseguimos realizar dúas actividades ao mesmo tempo: LER E FACER. 
Como as andanzas son moitas, e pouco o tempo que compartimos, concentrámonos e comezamos.  
Ainhoa, María e Lucía encargáronse de continuar coa lectura de Invisible, utilizando un ton de voz axeitado para que nos chegara a tod@s claramente e así poder seguir o contido da obra: 


Mentres, @s voluntari@s seguiamos as instrucións que Iria ( a través da mímica) nos ía indicando para realizar novos agasallos. 
E seguimos lendo: 
E seguimos facendo: 

Gravamos a lectura e as opinións sobre o inicio do libro, xa que nos ten un pouco "descolocad@s".  Pero como xa imos facendo a nosa historia preferimos compartir con tod@s o resultado final dos nosos comentarios. 
Despedímonos cunha imaxe que resume a sesión de hoxe. Estamos no comezo da lectura de Invisible, e non sabemos o que nos deparará esta historia. Comezamos a facer un agasallo, que non sabemos como rematará. 
Non dubidedes que seguiredes tendo noticias. 
( A tod@s @s nos@s compañeir@s que andan por París, BOA VIAXE!)


luns, 18 de febreiro de 2019

MES DE FEBREIRO, O MES DA LUZ

Boas a tod@s! 
Estariades preguntándovos onde nos metemos estes días que estivemos caladiñ@s, non si? Pois a resposta é fácil: mergullad@s noutra das nosas andanzas!
Somos lector@s, pero tamén  " gardiáns e gardiás da tradición", e niso estivemos e estamos. 
Seguro que algunha vez, cando chega o mes de febreiro,  escoitariades aos vosos algo así como: 

" A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa" 
ou

" O día da Candeloria,
metade do inverno vai fóra. 
Que chores, que deixes de chorar, 
metade do inverno está por pasar!"

Imaxinamos o que estades pensando e preguntándovos. Que é iso da Candeloria? Pero o mes de febreiro non é o mes do amor? E outras máis dúbidas que vos virían ao ler o comezo desta entrada. 
Antes de respondervos farémosvos pensar un pouquiño formulándovos unhas preguntiñas: Cando se comezou a "celebrar" o coñecido como o día de San Valentín ou día dos namorad@s? Que finalidade ten ese día? Credes que o día do "amor" ten que ter un día sinalado no calendario?, e moitas outras preguntas que non faremos para non cansarvos...  Pois dirémosvos que o mes de febreiro xa se consideraba polos celtas, o " mes da luz". Esta cultura consideraba febreiro como o mes do renacer porque vían como a luz do día gañaba á escuridade da noite; como os labregos podían volver sementar os seus campos, os mariñeiros saír ao mar, os paxariños volvían ter presenza na nosa paisaxe e encher os nosos oídos cos seus cantos... En fin, volvíase á vida logo dun duro e escuro inverno. Por iso o identificaban co renacer e co amor que todo o fai posible. 
Esta festa da luz, que xa celebraban os celtas, tamén tivo presenza na civilización romana, e chegou ata o cristianismo cando o Papa Gelasio converte esta festa pagá en cristiana e decide designar o día 2 de febreiro como celebración do día da Candeloria ( ou purificación da Virxe María). 
Agora sabemos que estaredes pensando no significado de Candeloria... Fácil. Candea? Pero para saír de dúbidas, que mellor que ler un pouquiño. Non vos perdades a información que vos achegamos neste enlace. 
Logo de amosarvos que andamos mergulla@s na nosa tradición. Deixámosvos cun exemplo do que estamos facendo para amosarlles a tod@s as persoas que este mes é especial, porque chega a LUZ e con ela tod@s debemos espertar e demostrar o mellor que levamos dentro ás persoas que están ao noso arredor durante todo o ano. XA FUXIU A ESCURIDADE!! 
A nosa compañeira Iria brindouse a impartir un taller, no que nos ensinou a facer rosas de papel para agasallar @s nos@s. 
Van unhas imaxes: 
Iria comezou a dar as primeiras indicacións: 


Tod@s estabamos atent@s:
E intentabamos seguir todos os pasos: 
Había que conseguir un resultado final: 
ESTE: 
NON FOI TODO O BEN QUE DESEXAMOS, PERO ALGO APRENDEMOS E SEGUIMOS APRENDENDO. 
Moitas grazas, Iria. Mañá continuamos. 

Gravamos o seguinte video  para intentar facer un titorial.


martes, 5 de febreiro de 2019

INVISIBLE, ELOY MORENO

Ola a tod@s!

Logo das lecturas que nos ocuparon no mes de xaneiro, hoxe retomamos o ritmo habitual do club. Estabamos ilusionad@s e expectantes por comezar a seguinte lectura, xa que nos tiñan falado moito, moito, moito dela dende o comezo de curso. ERA O MOMENTO!!!

Comezamos falando do que pensabamos sobre o título e a ilustración da portada... Vale, xa non damos máis voltas. Aquí vos deixamos coa novela que nos vai acompañar algún tempiño, pero que seguro nos fará abrir os ollos, a mente e a pensar no mundo en que vivimos. Estamos segur@s, por que será?

O autor é Eloy Moreno e deixámosvos este enlace para que o coñezades un pouco, porque paga a pena. Achegarédesvos a este autor, aínda que ten moitas máis páxinas que falan sobre el e as súas obras. A novela que nos vai unir algún tempo titúlase: Invisible. Que mellor xeito de presentala que en palabras do seu autor!



Tocaba empezar a ler, Invisible e aí estaban as nosas compañeiras Aroa Barba e Alba Rouco para deixar testemuña coa súa voz deste momento.




Agora o que vai ser novidoso será como imos compartir a lectura entre tod@s, pero non dubides que nos agardarán reunións sorprendentes.

Ata a próxima!!!