martes, 24 de marzo de 2020

UNHA SESIÓN DIFERENTE DO CLUB DE LECTURA

Boas a todos e a todas!

Nunca pensamos que nos tocaría vivir o que estamos vivindo, pero TOCOUNOS!

Como somos da Terra sabemos que "por moito que chova, SEMPRE ESCAMPARÁ!"; e tamén sabemos que non nos facían falta estes días de corentena (NECESARIOS E IMPRESCINDIBLES PARA A SAÚDE DA HUMANIDADE) para coñecernos, para saber que os nosos e as nosas sempre estiveron, están e estarán aí;  para lembrar que somos persoas responsables, solidarias, respectuosas e unidas para poñer fin a esta situación ou a calquera que se nos presente, porque entre todos e todas farémoslle fronte. 

Agora imos ao que imos. Xa sabedes que o libro que estabamos lendo no club é Eroski Paraíso, e que os luns é o día no que nos reuniamos, pois mira ti por onde, as fadas, magas, feiticeiras, ou non sabemos quen... fixeron que ese mesmo día pola noite puideramos gozar da versión desta obra en película. ALUCINANTE!!!


Eroski Paraíso | Trailer

Se comezamos con gargalladas a lectura, non vos dicimos como foi a película, xa que é unha recomendación para estes días. (Risos, pero tamén temas importantes que se tratan dun xeito sutil, eh! Pero é outra historia que trataremos cando esteamos todos e todas xuntos e xuntas. 

Aquí van uns enlaces para que poidades seguir gozando do tempo, aínda que @s amantes da lectura temos moitas viaxes por percorrer.


  • Enlaces para seguir aprendo:
 E moitos máis enlaces que podes descubrir.
  • No seguinte enlace estarás ao día nas diferentes artes (#culturanacasa)
PARA SEGUIR GOZANDO DESTES DÍAS:
  • Plataforma de préstamos de libros, revistas, películas e audiolibros en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Máis de 4.500 títulos en galego, castelán, inglés, francés, portugués... CATÁLOGO DE GaliciaLe 
  • Aínda que falando de audiolibros ou podcast lembrámosvos a páxina do blog de “Lecturas e andanzas I, II” na sección: “@s gardiáns/continuador@s da tradición”




  

xoves, 5 de marzo de 2020

O DÍA DA MULLER CON FEMININO PLURAL

DÍA DA MULLER CON FEMININO PLURAL

Asistimos a un roteiro musical (en formato concerto acústico voz-piano) polas diferentes mulleres autoras da historia nas voces de Feminino Plural

CURSOS: 3ºESOA-B, 4ºESO A-B e 1ºBAC
HORARIO: 10,30h - 11.30h
LUGAR: salón de actos
ORGANIZA: departamento de orientación, vicedirección e O CLUB DE LECTURA

Chegou o día e Silvia e Carla (ou o que é o mesmo, feminino plural) fixéronnos lembrar o papel da muller na sociedade seguindo as temáticas das súas cancións. Cantamos, participamos, bailamos e rematamos afirmando o que di SÉS nunha das súas cancións: " NON SON FADA NIN PRINCESA A QUEN MIRAR". 


luns, 2 de marzo de 2020

Nova lectura, EROSKI PARAÍSO

Boas tardes a tod@s!

Hoxe sabiamos que tocaba cambio: nova lectura e novo xénero literario. Como somos moi demócratas tivemos a posibilidade de elixir entre dous títulos de obras teatrais: Pressing Catch, Paula Carballeira e Eroski Paraíso, Chévere.
   
María e Candela foron as encargadas de ler o resumo de cada unha delas.

María lendo o resumo de Pressing Catch
Candela lendo o resumo de Eroski Paraíso

A maioría decidiu comezar con Eroski Paraíso de Chévere e así o fixemos. 

O primeiro foi lembrar as características que definen  este xénero literario e repartir os papeis para mergullarnos na lectura. O segundo foi protestar e rir moito, porque, como tod@s imaxinades, é difícil meterse nun papel na primeira lectura, non si?

O importante é que nos gustou o comezo da obra, por iso, deixámosvos co audio desta nova sesión do club.