mércores, 31 de maio de 2023

ESCRIBIMOS A CITA LITERARIA NA BEIRARRÚA

Chegou o día tan agardado polo club de lectura e por fin puidemos deixar escrita a nosa cita literaria na beirarrúa fronte ao noso centro. Para todos e todas os/as que nos seguides, esta andanza comezou a principio de curso cando realizamos a saída,  Arte literaria pola cidade de Lugo , en compañía de Guido. Continou coa entrevista a Iago Eireos artista, investigador, docente e o noso compañeiro e amigo. Proseguiu con moitas horas compartidas no club para realizar o libro Pisadas Literarias (agardamos poder compartilo con vós o máis pronto posible)  e pensando no fermoso que sería escribir a nosa cita para que formara parte de toda a arte urbana que caracteriza a nosa cidade. Meu dito, meu feito! Entre todos e todas escribimos no encerado a nosa creación, pedímoslle colaboración a Iago Eireos para pintala e chegou o DÍA. 

Iago Eireos achegouse ata o centro para comezar a pintar a "nosa" cita literaria e estivo acompañado en todo momento por representantes dos clubs de lectura.

Nada máis chegar puxémonos mans á obra. Axudámoslle a varrer a zona na que se ía pintar e colocamos as letras da cita ordenadas tal e como nos explicou. 


Colaboramos e todo o que nos ía comentando Iago.




E tiñamos que ir facendo memoria do texto... "Puxeramos coma????" Menos mal que o escrito, escrito está.
Imaxinades como nos quedamos cando vimos a nosa primeira palabra case rematada????!!!!! 

E cando ía tomando forma?????




Tiñamos que estar moi concentrados para ir colocando ordenadamente todas as letras e signos de puntuación (houbo algún problema coa coma, pero solucionado) e así o fixemos. 


Cando Iago rematou de pintar a nosa cita comezamos a aplaudir porque non o dabamos crido. 


E cando pintou o nome de Lecturas e andanzas I, II... 


Iago Eireos rematou de pintar a cita e todos os membros dos clubs non dabamos crédito. Grazas por todo o que nos axudaches Iago, polo prólogo tan fermoso que escribiches para Pisadas Literarias, por estar sempre aí e por ensinarnos tanto. 



Por se vos resulta difícil ler o texto da cita, debido a calidade da foto (desculpas) compartímolo: 

Farteime de ficar nesta gaiola
e camiñei, voei, naveguei...

                                                                                             Lecturas e andanzas I, II 

Ata pronto a todos e a todas.!

mércores, 17 de maio de 2023

60º ANIVERSARIO DAS LETRAS GALEGAS

Este ano conmemórase a 60ª edición do Día das Letras Galegas, isto tiñamos que celebralo! E aínda con máis razón sabendo que a  iniciativa desta "festa" saiu do maxín de Don Paco (sendo el o homenaxeado este ano) 

Alumnado de todo o centro, desde 1º ESO ata 4º ESO púxose mans á obra para elaborar unha exposición que nos achegase a todas as persoas que ata a data foron homenaxeados neste sinalado día. 

En cartolinas brancas e azuis (cores da bandeira galega) puxéronse nome,  imaxes das autoras/es e un pequeno texto escollido dalgunha das súas publicacións.

Aquí vedes a algúns compañeiro/as na elaboracións dos paneis:






Logo do arduo traballo, os paneis creados foron pendurados na entrada e nos corredores do 1º andar do noso centro para que todos puidésemos gozar dela e aprender un pouco máis sobre os homenaxeados, os resultados foron excelentes!





























Gran traballo! Parabéns a todas e todos! 

ACHEGÁNDONOS MÁIS A DON PACO

O alumnado de 3º ESO B estivo estes días traballando e coñecendo un pouco máis a figura de Fernández del Riego, o homenaxeado no Día das Letras deste ano, e a súa inmensa aportación ás nosas letras e á nosa cultura. O resultados desta actividade figuran no taboleiro central do instituto. 

Deixámosvos algunhas imaxes deles traballando e do resultado final.

Aquí vedes o proceso do traballo na aula, traballaron duro pero contentos!











E velaí as fotos dos resultados no taboleiro:













Parabéns, rapazas e rapaces, que o espírito herdado de don Paco nos anime a seguir o seu ronsel. 


Feliz Día das Letras Galegas!!!

martes, 16 de maio de 2023

DEL RIEGO EN 10 IMAXES

Todo o  alumnado de 1ºESO do IES Muralla Romana, en colaboración coas súas docentes Marta D. e Ana A., realizou este fermosísimo vídeo que nos achega á figura de Francisco Fernández del Riego, "Don Paco". 



Grazas por amosarnos os datos máis relevantes deste persoeiro dun xeito tan clarificador e educativo.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Continuando coas actividades comezadas hai tempo para lembrar a figura de "DON PACO", hoxe dedicámoslle unha lembranza especial á celebración do Día máis grande das Nosas Letras, que festexamos - grazas a súa iniciativa- dende fai 60 anos. Compoñentes dos clubs de lectura e outros/as compañeiros/as participaron nas actividades que xurdían do EDLG e doutros departamentos do centro para lembrar a figura do homenaxeado  e demostrar que todo o amor que sentía, Don Paco, por Galicia e pola súa cultura  segue estando presente en todos e todas nós. 

No tempo de lecer demos lectura a un breve texto que lembraba a figura de Don Paco e logo, compañeiros/as interpretaron unha peza de música tradicional,  baixo a dirección do profesor desta materia. 

Deixámosvos cunhas imaxes e co vídeo que recolle momentos da actividade. 




O alumnado de 2ºESOA compuxo un poema ao que lle puxo voz en honor a Don Paco


Tal e como din na última estrofa: 

" A Don Paco invocamos
para que a súa pluma máxica
converta o noso esforzo
nun cantar fermoso." 

Continuamos mergullados noutras actividades como na realización de marcapáxinas como amosan estes dous realizados por Lidia e Antonio de 1ºESO. 



GRAZAS, Don Paco por transmitirnos tanto amor por Galicia, pola lingua e pola súa cultura! 

(Pronto máis información)


xoves, 11 de maio de 2023

UN DÍA PARA AS LETRAS

Na sesión de hoxe do club lemos a pequena biografía de Francisco Fernández del Riego, Un día para as letras, realizada por  Polo Correo do vento e ilustrada por Tania Solla, para seguir afondando na vida de Don Paco.

Deixámosvos co audio da lectura. 

 Grazas por todo o que fixeches pola nosa lingua e pola nosa cultura, DON PACO!