xoves, 31 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA, NOVA LECTURA E DIFERENTES FORMAS DE VIVILA.

Que mellor que celebrar a entrada da primavera cunha lectura que nos achega cores e luz! Que nos fai abrir o corazón, ao igual que a primavera nos esperta todos os sentidos para sentir que a vida  volve aparecer ante nós! Con esta ilusión comezamos a ler nós outras escrita por Marica Campo e ilustrada por Menchu Lamas

Aquí vos deixamos coa primeira sesión de lectura.

Na seguinte reunión do club finalizamos a lectura dos poemas de nós outras

Agora toca o máis importante, compartir a mensaxe dos poemas mentres compartimos por Radio llama a lectura destes con todxs xs compañeirxs.  LEDE ESTA OBRA, porque vos fala e transporta a un MUNDO DE IGUALDADE E RESPECTO NO QUE TODOS E TODAS DESEXAMOS VIVIR!

Xs nosxs compañeiros de 1ºESOB e 1ºESOC achegaron a súa forma de vivir este xénero literario. 












Como dixo Luis Pimentel: " A poesía é o grande milagre do mundo". 




luns, 21 de marzo de 2022

NON Á GUERRA!

Hai uns días lembramos o necesario que é vivir en PAZ,  quen nos ía dicir que pronto teriamos que volver recordar todo e deixar nos nosos textos, nas nosas palabras, nas nosas ilustracións estas mensaxes: 

NON MÁIS GUERRAS!!!  

QUEREMOS VIVIR EN PAZ!!! 

O alumnado de 3ºPMAR reflectiu nas súas ilustracións o seu:  NON Á GUERRA!   









Outrxs compañeirxs redactaron manifestos para deixar  claro  que, sendo  presente e  futuro,  non van ACEPTAR MÁIS CONFLITOS BÉLICOS.  

NÓS, o alumnado de 2ºESOA do IES Muralla Romana, QUEIXÁMONOS  dos conflitos bélicos que hai nestes momentos no mundo e  queremos dicir ben alto que NON ENTENDEMOS QUE:

-          A poboación ucraína teña que abandonar o seu país, a súa familia, os seus fogares...

-          Persoas inocentes  e  militares  teñan que combater nunha guerra declarada por políticos que só buscan o seu beneficio.

-          Adolescentes vaian á guerra enganados pensando que non van matar a ninguén.

-          Os países “fortes” ou poderosos se sigan aproveitando dos máis débiles.

-          Os políticos elixidos para gobernar o seu país se esquezan da vida dos seus habitantes e só pensen na deles.

-          Só goberne xente que non debe gobernar.

En resumo, QUEIXÁMONOS E NON ENTENDEMOS  que non aprenderamos nada da historia e sigamos vivindo na prehistoria.

E POR TODO ISTO ESIXIMOS que:

-          Se pare a guerra porque nos afecta a todos e todas.

-          Non haxa nunca máis familias desestruturadas  por conflitos bélicos.

-          Os políticos pensen máis no pobo e menos na economía.

-          Non se recorra á violencia en ningún caso para resolver conflitos.

-          Haxa máis entendemento, máis diálogo e unha educación en valores humanos.

-          A convivencia e o respecto mutuo entre as persoas elimine todo tipo de fronteiras e se respecte a opinión de todos e todas.

-          A empatía entre os diferentes pobos oriente os políticos de todos os estados.

EN DEFINITIVA, DICIMOS MOI ALTO:

NON Á GUERRA EN UCRAÍNA,  NIN A NINGUNHA OUTRA GUERRA!

NON Á MANIPULACIÓN NA INFORMACIÓN QUE ENGANA AS PERSOAS QUE VIVEN O CONFLITO DIRECTA E INDIRECTAMENTE!

NON ÓS POLÍTICOS QUE SÓ PENSAN EN SI MESMOS!

E REIVINDICAMOS E ESIXIMOS:  PAZ!

Alumnado 2ºESOA

15-03-2022

Seguimos manifestándonos e ESIXINDO:

MANIFESTO: NON Á GUERRA

NÓS, os/as alumnos/as de 2º B do IES Muralla manifestamos o noso total  desacordo e a nosa REPULSA contra a guerra e nesta situación declaramos que estamos fartos de:

-       Que un mandatario declare unha guerra, mais non estea disposto a ir a ela.

-       Que un país queira someter a outro país

-       Que haxa persoas obrigadas a defender o seu país nunha guerra.

-       Que destrocen os edificios públicos, os hospitais, as residencias…

-       Que haxa persoas que teñan medo a saír á rúa

-       Que teñan que separarse as familias.

-       Que suban os prezos da luz, o gas e a gasolina que nos afecta a todos e máis aínda ás persoas máis vulnerables.

-       Que chegue a haber escasez de produtos básicos como aceite ou cereais.

-       Que haxa xente que pase fame e calamidades debidas a esta situación.

-       Que se mate ou que vexa truncada a súa vida xente inocente.

E POR ISO ESIXIMOS que: 

-       Rematen os conflitos bélicos

-       Non morra xente inocente e as persoas, sobre todo os nenos, non teñan medo.

-       Países como Ucraína volvan ser o que eran, que se recupere a súa poboación e as súas xentes poidan vivir en paz.

-       Os criminais de guerra paguen os seus delitos con xustas condenas pola barbarie cometida.

-       Que impere o entendemento e o diálogo entre os países. 

EN DEFINITIVA:         

Queremos deixar ben claro que non queremos máis gueras , que morra máis xente inocente e as persoas perdan o seu fogar. A violencia non é o camiño.

QUEREMOS VIVIR EN PAZ!!!!!


En "Radio Llama" puxémoslle voz a estes manifestos para que a nosa mensaxe chegase a todas as persoas e foramos máis xs que defenderamos A PAZ.  

Audio do manifesto de 2ºESOA.

Audio do manifesto escrito polo alumnado de 2ºESOC. 

Imaxe do alumnado que puxo voz aos manifestos en Radio Llama. 

Ao longo das semanas, o equipo de Radio Llama informa e pon cancións que lembran o preciso que é conseguir A PAZ para lograr vivir nun mundo, no que o respecto sexa a única bandeira que nos una. 


Con isto e coas "Cartas ao director", que escribimos e enviamos, DESEXAMOS CON TODAS AS NOSAS FORZAS QUE A PAZ REINE NESTE MUNDO. 

Deixámosvos  coa voz da nosa compañeira, Anum Zahra, lendo a súa carta ao director que saiu publicada no xornal El Progreso. 



venres, 11 de marzo de 2022

PARTICIPAMOS NO CONCURSO JÓVENES TALENTOS RELATO CURTO

Un ano máis, compoñentes do club de lectura e outrxs compañeirxs,  participaron no concurso Jóvenes talentos de relato corto, elixindo a opción de concursar en lingua galega. 

Estaban moi animadxs e ilusionadxs, xa que lembraban que o ano pasado un premio recaera nunha compañeira nosa; pero o mércores, cando fixeron a primeira proba nos ordenadores, os nervios xa empezaron a aparecer... Chegou o día 10 e grazas ás profes,  Marta e Delia, a aula estaba preparada, os ordenadores listos para que só tiveran que seguir os pasos e entrar na páxina que os/as levaría a protagonizar esta andanza.  


Só quedaba descubrir "O ESTÍMULO CREATIVO" 

que os levaría a escribir a súa historia e a mergullarse durante dúas horas en mundos...



PARABÉNS A TODAS E A TODAS OS/AS ESCRITORES/AS!!!!

Como dixeron: "Como estas actividades, moitas máis!"



martes, 8 de marzo de 2022

DÍA 8 DE MARZO

 DEDICADO A TODAS AS MULLERES DO MUNDO

Había poucos días que lembraramos a UNHA MULLER, por iso decidimos que seguise presente neste día e en todas as actividades que realizamos, xa que foi un modelo a seguir.  

RADIO LLAMA emitiu durante o recreo dándolle voz a todo o realizado ao longo destes días polxs nosxs compañeirxs e así compartilo con toda a comunidade educativa. 





Abriron o programa poñendo o rap escrito e interpretado polo alumnado de 3PMAR. 


Continuaron informando que o vídeo realizado polo alumnado de 1ESO B_C e 2ºESOC, sobre as MULLERES que para eles e elas fixeron historia, podíase ver na pantalla do corredor da entrada do centro. Neste vídeo coñecemos a historia de mulleres pioneiras como: Amelia Earhart, Anna Frank, Hipatia, Concepción Arenal, Isabel Zendán, Marie Curie, Micaela Chao, Emilia Pardo Bazán, Irene Sendler, María Pita, Qiu Jom... 



Pero, onde está a presenza das MULLERES que día a día fan historia e nunca teñen un recoñecemento público? Aquí comeza: "MULLERES ANÓNIMAS". 

O equipo de Radio Llama e os membros do club de lectura leron os textos escritos polxs seus/súas compañeirxs co fin de seguir compartindo historias de mulleres no tempo de lecer . 

Comezou Sara lendo o seu texto.  


Escoitade a historia na súa voz: 


Continuaron poñéndolles voz a outros relatos 




Deixámosvos co audio nas voces dos autores e autoras de 2ºESOA  dos relatos que escribiron sobre as "MULLERES ANÓNIMAS", pero importantes e imprescindibles nas súas vidas. 


Seguían as historias, porque estas MULLERES ANÓNIMAS así o merecían. 







Audio coas voces dos autores e autoras (1ºESOA) dos textos escritos para lembrar as "SÚAS" MULLERES ANÓNIMAS, pero importantes e imprescindibles nas súas vidas. (O último non é unha muller anónima, pero si importante para a persoa que o escribiu.)


Non vos esquezades, a biblioteca ten unha selección de lecturas e a porta sempre aberta para compartir.