martes, 25 de abril de 2023

ACHEGÁNDONOS A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO II

 Agardamos que o primeiro pasapalabra sobre Francisco Fernández del Riego vos axudara a coñecelo un pouco mellor. Agora toca poñervos a proba neste segundo. 





Só nos queda agradecerlle a este intelectural e galeguista todo o que fixo pola nosa lingua e pola nosa cultura. GRAZAS! 

ACHEGÁNDONOS A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO I

Francisco Fernández del Riego é o autor homenaxeado co Día das Letras Galegas no 2023, "co seu Día". Este intelectual, galeguista, ensaísta, orador, xornalista, docente, editor, académico, amigo dos amigos...; en resumo, como o definen Antón Mascato e Pepe Carreiro no subtítulo da súa obra, Francisco Fernández del Riego, " O HOME QUE VALÍA POR MIL". 

En colaboración co EDLG, o club de lectura participou na elaboración destes pasapalabras para achegarvos a coñecer algúns aspectos deste persoeiro que dende moi novo comprometeuse con Galicia, coa súa xente e coa súa lingua. Non esquezades premer no enlace que aparece no nome do autor para que poidades obter a máxima puntuación e coñecer dun xeito lúdico aspectos de Francisco Fernández del Riego. 

COMEZAMOS: 





Podedes seguir probando os vosos coñecementos no segundo pasalabra: Achegándonos a Francisco Fernández del Riego II. 
SORTE!! 

DÍA DO LIBRO,2023

Ola a todos e a todas! Agardamos que gozarades do Día do Libro tanto como nós. Entre moitas das actividades nas que participamos no centro, deixámosvos con estes carteis que, os/as nosos/as compañeiros/as de 3ºESOB, realizaron coa ferramenta gratuíta Canva para deseñar os logos que pensaron para esta celebración. 

















Xa sabedes: "A felicidade non se pode mercar, pero o que ama a lectura vive a historia como se fose súa e viaxa polo universo." Lecturas e andanzas I,II. 


mércores, 19 de abril de 2023

CREAMOS E GOZAMOS CON EMMA PEDREIRA

Hoxe visitounos Emma Pedreira, poeta, narradora e escritora que recibiu numerosos premios polo seu labor; e hoxe démonos conta de que son poucos, porque o que transmite, o que leva dentro, é algo que non ten recoñecemento xa que a maxia que encerra o seu corazón é difícil de premiar. 

Os/as compoñentes dos clubs de lectura gozamos do taller que impartiu a "nosa amiga"  Emma e achegámonos (grazas a ela), unha vez máis, á CREACIÓN, sentíndonos escritores e escritoras. Comezou preguntándonos os nosos gustos literarios, se nos gustaba a poesía... Descubriunos o mundo das cartas, xogamos coas palabras, coas figuras literarias, creamos versos, historias... e abriunos camiños para sabelos continuar. 

Nas imaxes podedes ver como se desenvolveu o obradoiro. 









Todos e todas quedamos reconfortados/as con este tempo que compartimos con Emma Pedreira, pero non podía marchar sen concedernos unha entrevista para a radio escolar, Radio Llama, e así coñecela un pouquiño máis. 

Aquí tedes uns momentos fotográficos da entrevista, na que participaron Pablo, Uxía, Dani, Naiara, Anum, Yasmin e Desi en representación dxs compañeirxs do club. 



Deixámosvos co audio da entrevista para que a gocedes tanto coma nós e descubrades segredos que vos axudarán a mergullarvos na creación e na lectura. 

Grazas, EMMA por achegarnos a maxia que agocha a creación literaria e facérnola máis accesible.