luns, 21 de decembro de 2020

Concursos Nadal 2020 - Veredicto do xurado

VEREDICTO DO XURADO - CONCURSOS NADAL

Unha vez vistos todos os vídeos e visitadas todas as aulas de todos e todas os que participastes nos concursos, realizadas as deliberacións oportunas, o Xurado decide outorgar os seguintes premios: 


PREMIO PARA A MELLOR AULA DECORADA: 
 2º Ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar (2ºPECOCA) - Aula 35

PREMIO PARA O MELLOR VÍDEO DE FELICITACIÓN: 
 1º ESO - C



MIL PARABÉNS A TODOS E TODAS POR FACERNOS VIVIR UN ÚLTIMO TRAMO DE ANO CARGADO DE ILUSIÓN.



Vídeo gañador: Felicitación 1ºESO-C


Mellor aula decorada: Aula 35 (2ºPECOCA)

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todas as aulas decoradas. 

En vídeos:


En fotografías:


DECORAMOS AS AULAS NO 2020

mércores, 16 de decembro de 2020

DESPEDÍMONOS RECOMENDANDO LECTURAS PARA ESTES DÍAS DE DESCANSO

Achégase o final deste ano 2020 ao que é difícil buscarlle adxectivos positivos, porque nos quitou moitas cousas; entre elas, abrazarnos, estar xunt@s sen ter que pensar en manter a distancia de seguridade (1,5), vernos a cara totalmente (aínda que o uso da máscara aprendeunos a mirarnos aos ollos e coñecernos a través deles) e tantas cousas máis... O 2020 non se portou moi ben, pero lembrounos a importancia da solidariedade e o respecto polas normas, en especial,  ante unha pandemia como a que vivimos, xa que só poderemos saír desta situación co compromiso de todas as persoas. 

O 2020 cambiou as nosas vidas, PERO o que non puido cambiar FOI O GUSTO POLA LECTURA. Sabemos que moitas persoas, que antes non lían, aproveitaron o tempo de confinamento para abrir un libro e mergullarse na súa historia, e iso é algo que nos alegra o corazón porque nos lembra o lema do noso club de lectura:


@s lector@s e andantes despedimos o ano cunha alegría enorme, xa que a nosa compañeira, Anum Zahra colaborou coa súa ilustración nas guías de lectura elaboradas pola coordinadora dos EDL do Morrazo. ORGULLOS@S ESTAMOS, ANUM! PARABÉNS!!! E dámoslles as grazas a todas as persoas que elixiron a ilustración desta lectora e andante. 


Achegámosvos o enlace de LECTURAS PARA SOÑAR, no que poderedes ler as palabras de felicitación para Anum, ver a súa ilustración e, como non, ter en conta as lecturas que recomendan. 


Agora tócanos a nós animarvos a ler  para rematar e comezar o ano CON ENERXÍA, ILUSIÓN E HISTORIAS QUE COMPARTIR. Non digades que non tedes onde escoller???!!!

Comezamos coas recomendacións que deron os profes que entrevistamos:  

  • Gabriel: El lazarillo de Tormes, (Anónimo)
  • Chus: Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas
  • Montse: a poesía de Pedro Salinas
  • Pernas: La cabaña del tío Tom, Harriet Beecher
  • Noelia: O club da calceta, María Reimóndez
  • Eliseo: O principiño, Antoine de Saint-Exupéry

E finalizamos coas obras que nos propuxemos ler nos clubs de lectura ao longo do curso.  

  • O que sei do silencio, Andrea Maceiras
  • Alma perdida, Laura Fernández
  • Street poemas, Fran Alonso
  • Antía e Daren, Valentín Alvite
  • La playa de los cristales, Pedro Ramos
  • Comedia bífida, M. Núñez Singala

Para os amantes do cómic e dos libros ilustrados:

  • Quien le zurcía los calcetines al Rey de Prusia mientras estaba en la guerra, Zidrou e Roger Ibáñez
  • Chicas malas, Petricelli Assia/Riccardi, Sergio
  • Desencuentros, Jimmy Liao
  • Wolfran "Espías, nazis e maquis" , Alberto Varela
  • El árbol rojo, Shaun Tan 



xoves, 3 de decembro de 2020

SEGUIMOS COÑECÉNDONOS NO 2020-2021

 Aquí escoitaredes as entrevistas que iremos realizando ao longo do curso para coñecernos un pouquiño máis todas as persoas do IES Muralla Romana, o noso centro. 

Comezan Izan e Dayron (1ºESOA) entrevistando a Gabriel, profesor de física e química. 


Miguel (1ºESO) entrevista a Chus, profesora de Lingua galega e literatura. Agardamos que vos guste a entrevista. 


No tempo de lecer (pedimos desculpas polo ruído de fondo), Uxía e Naiara coñeceron un pouco máis a Montse, a profesora de bioloxía. Deixámosvos coa entrevista. 


Hoxe foi o momento de Ainara e Hugo para entrevistar a Manuel Pernas, profesor de historia. Agardamos que vos guste. 

Iria e Estíbaliz entrevistan a Noelia, profesora de francés.
 
Claudia e Carolina entrevistan a María, profesora de educación física.
 
Daniel e Pablo entrevistan a Eliseo, profesor de investigación.