luns, 23 de setembro de 2019

LECTURAS E ANDANZAS, EMPRENDEN NOVAS AVENTURAS



Para comezar canto antes, non dubidamos en redactar nós os " CONVITES" e colocalos nos taboleiros do centro, portas, lugares visibles... co fin de informar a tod@s @s compañeir@s da posibilidade de unirse ao noso club de lectura.  
Como vedes nas imaxes, aproveitamos para practicar o convite formal e o informal... 
( Pena de que se nos esquecese facer a foto do momento de pegalos... En fin...)