O 21 de marzo celebramos o Día da poesía, non podiamos deixar pasar esta data sen ter un contacto máis estreito con este xénero literario.
Os membros do club de lectura e o alumnado de 2º ESO A fixemos lectura de libros de poesía, repartíronse libros de poesía de Carlos Negro: Masculino singular, Makinaria, Penúltimas tendencias, Aplicación instantánea; tamén Street Poems de Fran Alonso; Dez piratas de Gloria Sánchez; Trampa de lume de Núria Marí Constans ou A torre da derrota de Gonzalo Navaza.
Logo de deleitarnos con estas lecturas a nivel individual, o alumnado escribiu recomendacións que puxemos no taboleiro... parécenos moi importante recomendar a lectura deste xénero xa que é pouco lido; pero se se escolle ben o libro e se lle dá unha oportunidade os adolescentes poden desfrutar moito con ela.
E o taboleiro foise enchendo ao longo da semana tamén con outras aportacións moi interesantes como as do propio alumnado de 2º ESO A, o de 3º PDC e o de 1º de PEIEST. Crearon poemas de forma colectiva, moitos podemos enmarcalos dentro do surrealismo, compostos con palabras recortadas do xornal e pegadas nunha cartolina. Quedaron abraiados ao poder facer poesía desta forma e tamén moi contentos cos resultados.
O alumnado de 1º INFOFI tamén fixo alarde da súa vea creativa e compuxeron uns fermosos poemas que, como non, tamén nos deixaron ler ao poñelos no taboleiro.
Mirade que ben nos quedou toda a cortiza principal do centro cheo de versos, poesía, creatividade, emoción da lectura de poemas...
Todo isto foise facendo durante a semana do 21 de marzo e pouco a pouco a colaxe foi tomando forma... unha semana onde nos deleitamos co "compango da poesía" como reza un verso de Celso Emilio Ferreiro.
Pola súa parte os biblioaxudantes fixeron recitado de poesía, poñévos aquí o enlace á páxina da bilbioteca para que poidades velos e escoitalos: