venres, 24 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebramos o DÍA DA POESÍA poñéndolles voz a poemas seleccionados de poetas e poetisas e dramatizando algúns deles. 

Deixámosvos coas fotos deste día e con dous audios para lembrarvos que a poesía fai gozar e abrir os corazóns e as mentes. 







O alumnado de 1ºBAC púxolles voz a dous poemas de Rosalía de Castro que podedes escoitar neste audio.  

O alumnado de 3ºESO lembrou a Celso Emilio Ferreiro e elixiu estes tres poemas que, agardamos, vos gusten. 






Para lembrar que a POESÍA só contaxia enerxía e luz, que mellor que amosar esta maxia para celebrar a chegada da PRIMAVERA! O alumnado inspirouse nas súas cancións para logo "a xeito de glosa" compoñer o seu poema e este foi o resultado: 











BENVIDA!!!! 


E que mellor que celebrar a súa chegada que escoitando o poema "Moraima" de Celso Emilio Ferreiro nas voces do alumnado de 3ºESO!!!! 

QUE A PRIMAVERA FAGA MEDRAR SENTIMENTOS TAN FERMOSOS COMO OS QUE TRANSMITE ESTE POEMA!

 


domingo, 12 de marzo de 2023

HEARTSTOPPER. V.2.

A petición dos membros do  club de lectura de cómic comezamos a ler Heartstopper. Volumen 2. Mi persona favorita, escrita por Alice Oseman. Foron eles e elas os/as que decidiron seguir mergullándose en temas do seu interese, xa que nas súas palabras:  " o tema que tratan estes libros hai que darlle visibilidade e falar del sen ningún tipo de prexuízo". 

Nesta ocasión foron Malena, Malak, Moraima e Iago quen  lle puxeron voz ao texto que compartiron cos/coas seus/súas compañeiras/as. 


Podedes escoitar o audio comezando no 00:55 e así saltaredes o anuncio. Desculpas.  



8M: RETRATOS DE MULLERES

Promovida polo Equipo da Biblioteca e o EDLG estivemos facendo unha actividade sobre o 8-M recollida nun mural no que se deixaron plasmadas as olladas sobre mulleres que consideramos "importantes" pola súa aportación á sociedade ou a nivel persoal.

Participou alumnado de 1º e 2ª de ESO mediante composicións con información e moito colorido...  como podedes ver:


8-M: Día da muller



Mural coas diferentes participacións

Foron mulleres de distintos lugares, de distintas épocas; unhas máis coñecidas e outras menos, pero todas deixan ou deixaron unha pegada para o alumnado participante, que así quixo destacalas:  






Para esta actividade houbo un xurado que premiou, entre todos os traballos, os realizados por unha alumna de 1º ESO e dúas de 2ª ESO dos que vos poñemos aquí as imaxes:

Retrato elaborado por Moraima B.V. de 1º ESO B

Retrato elaborado por Narges B I. de 2º ESO B



Retrato elaborado por Mara S.M. de 2º ESO C

mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA 8 DE MARZO


Nas sesións do club de lectura, o equipo de Radio Llama deu paso ás colaboracións dos/das seus/súas compañeiros/as para lembrar o DÍA DA MULLER. Baseándose en textos escritos por diferentes autoras deixaron constancia da situación da muller ao longo do tempo para que reflexionaramos, dunha vez por todas, e nos deramos conta que A IGUALDADE DEBE PREVALECER NESTA SOCIEDADE. 



Deixámosvos co audio

Como dixo Rosalía de Castro: 

"LIBRE É O MEU CORAZON, LIBRE A MIÑA ALMA, E LIBRE O MEU PENSAMENTO." 


mércores, 1 de marzo de 2023

ABRAHAM CUPEIRO EN RADIO LLAMA

Bos días a todos e a todas!

Grazas ao departamento de música, hoxe visitou o centro Abraham  Cupeiro para impartir un concerto e achegarnos á maxia que encerra a música. Aproveitando a súa presenza, o equipo da radio escolar, Radio Llama, entrevistouno para coñecelo un pouquiño máis. 

Dani, Naiara, Pablo, Silvia e Uxía (representantes do club de lectura e responsables de Radio Llama) foron os encargados de compartir momentos inesquecibles con Abraham. 

Así comezaron: 

Bos días! Hoxe está con nós Abraham Cupeiro  MÚSICO especializado en recuperar instrumentos xa “perdidos no tempo”,  ser quen de construílos e tocalos para incorporalos nos seus concertos amosando a súa actualidade.  Naceu en Sarria,  estudou trompeta no Real Conservatorio de Música de Madrid, un máster en interpretación da música antiga na Universidade Autónoma de Barcelona e dende hai anos é recoñecida a súa sona a nivel internacional, como amosan os concertos e colaboracións con orquestras de renome (Orquestra sinfónica de Galicia, Real Filarmónica de Londres...), autor de bandas sonoras e moitas máis facetas que iremos descubrindo ao longo da entrevista. 







Deixámosvos co audio para que non vos perdades nin unha soa palabra deste grande MÚSICO que é Abraham Cupeiro. 

Silvia, Pablo, Abraham, Uxía, Naiara e Dani ao final da entrevista. 


MOITAS GRAZAS, ABRAHAM polo teu bo facer e por compartir este tempo con todos e todas nós. 

DÍA DE ROSALÍA

O EDLG inmisciu, un ano máis, o alumnado de ESO,  Fpbásica e club de lectura para lembrar  que Rosalía de Castro segue estando presente e que a súa mensaxe está de plena actualidade. ELA comezou un camiño que nós, os/as seus/súas herdeiros/as, debemos seguir para conseguir que este mundo sexa un espazo onde non teñan cabida ningún tipo de inxustizas e que a IGUALDADE E O RESPECTO sexan as que rexan os nosos destinos. 


Baseándose na lectura da obra da autora, o alumnado realizou composicións persoais para reflectir que hai que rematar con todo tipo de desigualdades, puxo voz a poemas...

Aquí vai unha mostra da nosa actividade: 










Por Rosalía e para Rosalía. Cremos que a nosa autora estaría orgullosa vendo que todos e todas berramos moi alto IGUALDADE, RESPECTO E XUSTIZA.