sábado, 26 de febreiro de 2022

EUROENTROIDO 2022

Aquí vos deixamos co "Percorrido musical por Eurovisión", tema do EUROENTROIDO do 2022. 


Agardamos que pasedes uns momentos divertidos lembrando o tempo que pasamos xuntos e xuntas. 

Grazas a todos e todas os que fixeron posible este día. Alumnado de 1ºINFOFI, como organizadores; comparsas participantes dos cursos (2ºESO A,B,C, 3ºESOA, 3ºPMAR, 4ESOA), profesorado que colaborou directa e indirectamente, departamento de Imaxe Persoal pola súa maquillaxe de Tanxugueiras (fixádevos):
En fin, a todas as persoas que nos fixeron pasar uns momentos inesquecibles. 




mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022

Encantounos a actividade que promoveu a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e decidímonos  a plantar os #SementadePensamentos (Pena de non telos cando os fomos comprar, pero estarán). 

Sementamos durante días lembrando a semente que plantara Rosalía de Castro e paseniño fomos facendo que foran visibles en todos os espazos do centro, e en todos os nosos corazóns, as ilusións que nos facía mover a nosa Rosalía.




"Dándolle reviravoltas

cal fan aqués que non saben...

fomos rematando o mural dos nosos pensamentos, das nosas palabras para lembrar a Rosalía, á nosa Rosalía, á nosa PRECURSORA.


Tocaba o tempo de darlles voz ás súas palabras e decidimos comezar, á primeira hora da mañá, lendo poemas de Cantares gallegos e Follas novas nas voces do alumnado de 2ºESO. (Agardamos poder compartir os audios das súas lectura o máis pronto posible.) 


No tempo de lecer, compoñentes do club de lectura leron o manifesto de Beatriz Maceda Abeleira (AELG) para lembrar que a NOSA ROSALÍA SEGUE EN NÓS. 



Seguiron outras voces... pero será mañá, 24 de febreiro. 

"Din que non falan as plantas, 
nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores,
nin co seu brillo os astros.
Dino, pero non é certo...."
PORQUE TI SEMPRE NOS FALAS, ROSALÍA!!!

Aquí van pensamentos e ilusións, grazas a ti. 

Para despedirnos por este ano, deixámosvos co poema que pecha Cantares Gallegos, elixido por Sara para o recital poético. 

mércores, 16 de febreiro de 2022

LECTURA DAS ÚLTIMAS FOTOGRAFÍAS

 Na sesión do martes rematamos a lectura de J.L. Baños de Cos, A cámara escura. Unha boa experiencia ler teatro, 


Pronto coñeceredes a nosa opinión sobre esta obra que abre a cámara escura...

luns, 14 de febreiro de 2022

PARABÉNS A DIEGO AS

Queremos compartir a alegría que nos deu coñecer a noticia. O mural de Julio César, realizado por  DIEGO AS, foi elixido como o mellor do mundo 2021.  PARABÉNS, DIEGO!!!

No club de lectura seguimos traballando no proxecto que comezamos coa "Ruta pola arte urbana" da nosa cidade e APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA TRANSMITIRCHE o que pensabamos de ti e da túa obra. 

Vai o que tiñamos preparado, que non é o resultado final. 


 "Dámosche as grazas, Diego! Abriches camiños..."

Parabéns!!!! 

xoves, 10 de febreiro de 2022

O PACTO DO LETARGO

Rematada a lectura da obra de Miguelanxo Prado, O pacto do letargo, deixámosvos coa opinión de Ainhoa, Valeria e Lorena para que vos animedes a ler esta obra que nos achega ao noso pasado e que nos amosa que o ritmo da vida segue sendo igual... Sempre houbo e haberá personaxes que identificamos co bo e co mal, pero... non todos son tan malos, nin todos son tan bos. Por que?

Non tardedes máis, lédea!


A cámara escura, II

Deixámosvos coa lectura das "seguintes fotografías" da obra de J. L. Baños de Cos, A cámara escura. 

Teatro áxil, pero que esixe investigar nas referencias de personaxes, feitos históricos... para entender a trama...

 

martes, 1 de febreiro de 2022

RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO DE LUGO

A actividade que organizou o departamento de lingua e literatura galega fixo que, integrantes dos clubs de lectura, pudieramos asistir ás Rutas Literarias polo Museo de Lugo e compartir a experiencia cos/coas nosos e nosas compañeiros/as. 

Lemos Contos de fantasmas  e algún dos catro relatos fixéronnos pensar e investigar polas referencias que aparecían neles. Lida a obra estabamos desexando que chegase o día. E foi hoxe. 

Aquí vos deixamos cunhas imaxes que amosan que a lectura sempre abre camiños, descobre novos mundos e anima a compartir. 

Nada máis chegar tivemos que facer catro grupos, un por relato. 


 E comezou a aventura que nos levou a percorrer e coñecer o museo dun xeito diferente e enriquecedor.




Tiñamos que ir contra reloxo, xa que o tempo estaba marcado. A sala 16 agardábanos para coñecer o resultado final. Alí saberiamos quen fora o grupo que amosara máis pericia á hora de responder as preguntas e se convertera en gañador.



E este foi o grupo: PARABÉNS!!!

Vale, non imos falar de... porque todos e todas saímos máis ilusionados/as do que entramos.