venres, 28 de febreiro de 2020

LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe da autoraLembrando a Rosalía de Castro.
O alumnado, profesorado e persoal non docente do centro, lembrou a obra desta poetisa poñéndolles voz a poemas elixidos entre todos e todas. 
Achegaron deseños que lembran a esta autora e fixéronse insignias que repartiron entre todos/as os/as asistentes ao acto. 
DIRIXIDO:  a toda a comunidade educativa 
HORARIO: no tempo de lecer ( 11.20h- 11.50h) dos días 27 e 28.  

DESEÑOS DE CHAPAS REALIZADOS POR ALUMNADO DE TIC





DESEÑOS DE CARTEIS REALIZADOS POR ALUMNADO DE TIC

Cartel realizado por alumnado de TIC - Lembrando a Rosalía de CastroCartel realizado por alumnado de TIC - Lembrando a Rosalía de CastroCartel realizado por alumnado de TIC - Lembrando a Rosalía de CastroCartel realizado por alumnado de TIC - Lembrando a Rosalía de Castro

AGRADECEMENTOS

Desde aquí queremos facer un especial recoñecemento a todas as persoas que fixeron posible que Rosalía siga estando de plena actualidade. GRAZAS A TODOS E TODAS!!!


Cartel do recital

mércores, 26 de febreiro de 2020

Continuador@s da tradición


Se hai un tempo comezamos coa sección "@s gardi@ns da tradición", na que lembrabamos -e seguiremos facéndoo- as historias que chegaron ata nós, grazas aos nosos e ás nosas, agora cremos que é a nosa quenda.  Se eles e elas deixaron moitas historias que perduraron no tempo, por que non imos ser nós @s que comecemos a compartir oralmente o que escribimos? 

Meu dito, meu feito!


Deixámosvos coas primerias creacións e lecturas, na voz d@s seus/súas autor@s.




"A cova máxica". Conto escrito e lido por Jennifer Fernández (2ºESOB)





María Penín (2ºESOB) pon voz á súa creación: "A bolboreta, o monstro e o soño"




Iria Rodríguez achega na súa voz o seu conto: "O libro máxico"




"Un neno no colexio", conto escrito e lido por Laura Veiga (1ºESO)



"Conto" escrito e lido por Alexandre Fraga (2ºESOB)


"Conto" escrito e lido por Sara Rodríguez (2ºESOB)



Ainhoa Reija (2ºESOB) achega na súa voz o seu conto: "A cova máxica"



Candela Fernández (2ºESOB) achega na súa voz o seu conto: "Inxustiza por tamaño"



Jennifer Villamarín (2ºESOB) achega na súa voz o seu conto: "A bolboreta xoaniña"


venres, 21 de febreiro de 2020

CELEBRAMOS O ENTROIDO: A MULLER NA SOCIEDADE DA SÚA ÉPOCA


Cartel - bases do concurso
[CARTEL DO CONCURSO]

Para o cartel utilizáronse imaxes gratuítas de Canva, de Pixabay, da Wikipedia e de dominio público.
CONCURSO DE DISFRACES PARA O DÍA 21 DE FEBREIRO. 
TEMÁTICA: A muller na sociedade da súa época.
MODALIDADES:
-comparsas ( por grupos clase)
-individuais
DESTINATARIOS/-AS: todo o alumnado
HORARIO: 12:40h ata 14:20h
LUGAR: salón de actos
OBSERVACIÓNS:data límite para achegar a información solicitada, 14 de febreiro.
ORGANIZA: depto. orientación, vicedirección e aberta a todos/as.
CHEGOU O DÍA E FOI COMO ESPERABAMOS: ALEGRÍA, HUMOR, DIVERSIÓN, COMPAÑEIRISMO UNÍRONNOS A TODOS E A TODAS.

       Presentadoras do festival           lema da comparsa gañadora
O xurado decidiu que a gañadora fora a comparsa, "musas gregas, deusas romanas e sacerdotisas exipcias", 1ºESOB (grazas  Manuel polo traballo realizado en titoría e parabéns a todo o alumnado dese curso)
    Membros do xurado   Comparsa gañadora
Agrademos a colaboración do departamento de imaxe persoal (alumnado -2ºfpbásica e ciclos- e profesorado) por maquillar os/as participantes no festival e facelos aínda máis protagonistas nas  súas actuacións. Tamén a todas as persoas que axudaron a que o alumnado vivira uns momentos inesquecibles. E por último,  parabéns a Aroa, presentadora do festival polo seu bo facer, e a Noa por levar o mantemento informático dun xeito maxistral. E COMO NON, A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU, PORQUE FOI O QUE FIXO POSIBLE ESTA ACTIVIDADE.
FELIZ ENTROIDO A TODOS E TODAS! 



VÍDEOS DO CONCURSO
ENTROIDO 2019/2020
21 de febreiro de 2020

Presentación

Comparsa 1º ESO-B

Deusa Hathor

As musas gregas

Os deuses e os heroes

As 9 musas gregas

Unha carta para tod@s

Parabéns a 1ºB

Baixo o título ANIMAIS

Comparsa M&M's

Pink Ladies

Os unicornios
Actuacións fóra de concurso

Dúas voluntarias

Flamenco en vivo
Comparsa gañadora no fin de festa

domingo, 9 de febreiro de 2020

HERACLES PARA SEMPRE

Xa todos e todas rematamos o primeiro tomo do cómic!


Despedímonos xuntos do heroe que fomos descubrindo pouco a pouco, semana a semana, sen perder detalle das súas aventuras. Cando a nosa compañeira Sara rematou o último capítulo detivémonos con certa mágoa a observar a portada. Entón fixen a pregunta do millón: que vos pareceu? As súas respostas non me sorprenderon, sabía que lles gustara dende o principio. Porén, cada quen tiña algo que achegar; que se o capítulo favorito, a parte máis graciosa, o personaxe máis interesante... En fin, resultou toda unha odisea pola mitoloxía grega. 

E así, cunha gran estima, deixamos no andel o tomo un (sempre único para nós), e collemos o segundo coas mesmas ganas e paixón. Por suposto, a sección cómic de " Lecturas e andanzas" nunca decepciona!


Só nos queda darlle as grazas de novo a Rubín, o autor que nos agasalla con longos anacos de sorrisos, e aguantar as ganas de seguir lendo ata a vindeira semana.  

Iria Liñares