sábado, 27 de novembro de 2021

RUTA ARTE URBANA CON GUIDO

Comezamos unha nova andanza da man de Guido, que nos acompañou durante cinco horas, dun día frío e non moi chuvioso, pola nosa cidade para ensinarnos ARTE e informarnos de moitos, moitos e moitos temas de interese que nos axudarán a comezar esta nova aventura aínda máis ilusionados/as. 

Ás nove da mañá chegou  Guido ("o noso amigo") ao instituto para comezar a ruta urbana.


Só nos quedaban cinco horas  percorrendo a pé a nosa cidade para descubrir todos os tesouros que temos de arte urbana en Lugo, porque a nova andanza d@s lector@s e andantes así o precisaba. 
Guido comezou a ruta, e nós seguímolo cos oídos e os ollos ben abertos ao longo de toda ela.
 

Aquí tedes algunhas fotos do día:



Ao longo da ruta, Guido respondeu a todas as nosas preguntas e ata contou coa colaboración, totalmente improvisada, de Sara e María para explicar o mito de Ariadna. 

Compartimos o vídeo que resume esas cinco horas que nos axudaron a seguir enriquecéndonos cultural e persoalmente no ambiente que caracteriza a Lecturas e andanzas I, II. 

Grazas Guido polas ensinanzas que nos transmitiches e por compartir este tempo con nós. Xa sabes que botaremos man de ti ao longo desta andanza que comezamos. 

Que andanza será? 

Se nos seguides, saberédelo!!!




mércores, 24 de novembro de 2021

25 NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

  



Compartimos unha "breve" descrición de como fomos ideando e facendo ao longo deste mes para deixar ben claro que,  NON QUEREMOS MÁIS BÁGOAS! Se estades dispostos e dispostas, "ENTRADE, LEDE E MIRADE!"

Anum Zahra (3ºESO) realizou o deseño que colocamos por todo o centro. MOITAS GRAZAS, ANUM! 

Deseguido, María  e Jennifer F. (4ºESOA) deseñaron a chapa que repartiremos ese día entre toda a comunidade educativa. Como a maioría dos/das compañeiros/as coñeciamos a obra de Carlos Negro,  Penúlimas tendencias  lembramos uns versos deste poemario e aquí vedes o resultado. 


MOITAS GRAZAS, MARÍA E JENNI! Como este é un traballo compartido, tocaba facer as chapas e, "meu dito, meu feito". 

Aproveitamos os momentos libres


para rematalas a tempo. Grazas, Uxía, Naiara, Violeta e a  moitas máis mans que axudaron.


Tocaba seguir colaborando e pensamos en redactar haikus cos substantivos e adxectivos cos que nós, alumnos e alumnas de 1ºESOA e 2ºESOA, definimos este tipo de violación. 

Se premedes na imaxe podedes acceder aos textos. 


E puxémoslles voz!!


Os/as compañeiros/as de 3ºESOB/PMAR realizaron murais amosando o seu enfado ante esta situación. 


Pouco a pouco o centro ía sendo testemuña da nosa implicación.


Tocaba "interpretar". O primeiro vídeo que gravamos está baseado en poemas de Penúltimas tendencias de Carlos Negro. Seguindo os poemas, creamos unha historia que reflicte a quen NON queremos as mulleres; que deixase claro que un NON, é UN NON! e lembrar que as mulleres somos fortes para repetir, mil e unha vez, o que QUEREMOS  e ESIXIMOS: RESPECTO E IGUALDADE!

Nesta gravación participaron as nosas compañeiras de 4ºESOA (María, Jenni F., Sara R., Sara e Aitana) e as profesoras Marta e Rocío. 


Grazas a todas pola vosa implicación e a María, tamén,  pola montaxe e edición do vídeo, que poderedes ver ao final desta entrada. 

Seguindo a recomendación de Elena, puxémonos a ler Somos las nietas de las hijas que no pudisteis quemar, de Ame Soler e decidimos facer unha adaptación dunha parte desta obra. Tocaba buscar actores e actrices. Ningún problema! Os protagonistas serían Elena (profe) e Iván (profe), e o alumnado de 3ºESOA interpretarían os personaxes "secundarios". 

Deixámosvos cos protagonistas da gravación que poderedes ver ao final da entrada. 


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS A TODAS!

Había que continuar e así o fixemos. As compañeiras de 1ºESBE escribiron este poema, que agardamos vos guste tanto coma a nós. 
E amosaron o dominio da maquillaxe, tal e como vemos nas seguintes fotos.



GRAZAS!!! 

1º e 2ºESINBE expresaron os seus pensamentos sobre este día do seguinte xeito. 



O alumnado de 2ºESTBEL non dubidou en achegar a súa contribución a este día. Fixádevos nas seguintes imaxes. 




Antes de despedirnos, agradecer a todos e todas a colaboración, e queremos  lembrar o traballo dos/as responsables de "Radio Llama" por poñer voz ao longo dos recreos  a todo o que se ía realizando.  

Para finalizar esta "breve" introdución, deixámosvos co vídeo que reune as actividades realizadas ao longo deste mes e amosan o NOSO COMPROMISO. 


O IES MURALLA ROMANA DI BEN ALTO:

NON MÁIS BÁGOAS!

"NUNCA ME PINTES COSTURAS NOS LABIOS" ( Carlos Negro)



venres, 12 de novembro de 2021

NO CURSO 2021_22 SEGUIMOS MEDRANDO COAS LECTURAS E ANIMÁNDOVOS A LER!

Aquí seguimos facendo o que nos gusta: LER E COMPARTIR! 

Para facilitarvos a escoita das nosas opinións sobre as lecturas creamos esta nova entrada, aínda que vos lembramos e aconsellamos premer na etiqueta "As nosas lecturas" deste blog para escoitar moitas máis recomendacións que, seguro,  vos axudarán a medrar dun xeito gratificador. 

Comezamos!

Iria (1ºESOA) comparte a súa opinión sobre a lectura de A folla azul da autora Andrea Maceiras

Carme (2ESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Care Santos, Verdade.

Antía (2ºESOA) fálanos do cómic Subnormal realizado por Miguel Porto e Fernando Llor baseado  na historia de acoso que sufriu o baloncestista Iñaki Zubizarreta. 

Agora é Elsa (2ªESOA) quen achega a súa opinión sobre o mesmo cómic.  

Violeta (2ESOA) comparte a súa opinión sobre a obra de Andrea Maceiras, O que sei do silencio. 

Unai (1ºESO) achega a súa opinión sobre a obra de Eva Mejuto, Memoria do silencio e anímavos a lela. 

Diego (2ºESO) comparte a súa opinión sobre a mesma novela de Eva Mejuto, Memoria do silencio. 

Marco (1ºESOA) comparte a opinión sobre a lectura da obra de Andrea Maceiras, Volverás golfiño. 

Miguel (1ºESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, A nena á que non deixaban ser feliz. 

Violeta (2ºESOA) opina sobre Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Seguro que, ao escoitar o seu audio, vos animades a ler esta obra. 


Diego Alejandro (1ºESOA) fala dunha das obras da literatura universal, A illa do tesouro de Robert Louis Stevenson. 

Seguindo con aventuras e con novelas "universais", aquí vos deixamos coas opinións sobre a obra Robinson Crusoe de Daniel Defoe nas voces de:
 
SANTI (1ºESOA)
 

E de UNAI (1ºESOA)
 
Seguimos lendo e compartindo opinións para animarvos a vós.  Iria (1ºESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Ledicia Costas, A balada dos unicornios. 


Dani (1ºESOA) resume a obra de Pepe Carballude, De como o Santo dos Croques se fai peregrino. 

Marco (1ºESOA) dá a súa opinión sobre a obra de Antía Yáñez, O misterio de Portomarín para animarmos a súa lectura. 


As seguintes recomendacións animaranvos a ler poesía. Deixámosvos con Taha (2ºESOA) que dá a súa opinión sobre o poemario de Carlos Negro, Makinaria 

Elsa (2ºA) opina sobre a lectura de Street poems de Fran Alonso. Agardamos que esta obra nos abra camiño para continuar o comezado polo club de lectura. 


Volvemos á narrativa da man de Carme (2ºESOA) que nos anima a ler Europa Express de Andrea Maceiras. 

Antía (2ºESOA) achega a súa opinión sobre Tristes armas de Marina Mayoral. 

Édgar (2ºESOA) dá a súa opinión sobre a obra lida pola súa compañeira Antía. Agardamos que vos vaiades animando a lela. 
Chaimae (2ºESOA) opina sobre os relatos de O neno can, obra escrita por Fina Casalderrey e Francisco Castro. 

Diego (2ºESOA) dános a súa opinión sobre a obra de Agustín Fernández Paz, Noite de voraces sombras. 

Santiago (1ºESOA) achega a súa opinión sobre a obra de Eva Mejuto, Memoria do silencio. Agardamos que vos animedes a lela. 

Unai (1ºESOA) fálanos da obra de Valentín Alvite, Antía e Daren. O misterio dos torques roubados. Non esperedes máis e comezade a lela. 

Por se tiñades dúbidas, aquí vos deixamos coa opinión de Marco (1ºESOA) sobre a mesma obra. 

As palabras  e a opinión que nos achega Santi (1ºESOA)  sobre esta mesma obra acabarán por animarvos a lela. 

Daniel (1ºESOA) dános a súa opinión sobre o cómic de Paco Roca, Engurras. 

Sandra (1ºESOA)  fálanos da obra de Ledica Costas, Os minimortos. Benvidos ao outro barrio. 


Sandra (1ºESOA) fálanos, nesta ocasión, da  lectura de Palabras de caramelo, escrita por Gonzalo Moure. 

Agora é Maryam Nazar (1ºESOA) a que nos dá a súa opinión sobre a mesma obra de Gonzalo Moure. Agardamos que vos animedes a lela. 

 
E Zeltia (2ºESO A) segue animándonos a ler esta obra de Gonzalo Moure. Deixámosvos coa súa recensión. 

Alicia (2ºESOA) achega a súa opinión sobre Palabras de caramelo.
Continuamos lecturas, agora Juan Luis (1ºESOA) comparte con nós a súa opinión sobre a obra de Pilar Serrano e Jorge Campos, Unha mestra en apuros. Sálvese quen poida. 

Diego Alejandro (1ºESOA) comparte a súa opinión da obra, Unha mestra en apuros. Isto é outro mundo de Pilar Serrano e Jorge Campos


Sheila (1ºESOA)  achéganos un resumo da obra de Bárbara Cantini, Mortiña. Un curmán repugnante. 


domingo, 7 de novembro de 2021

Continuamos coas lecturas O Pacto do letargo e A afogada

Nas sesións desta semana continuamos mergullados e mergulladas nas historias dos nosos libros. 

Lecturas e andanzas II con O Pacto do Letargo de Miguelanxo Prado





E Lecturas e andanzas I coa obra A Afogada de Rocío Leira.

Proximamente escoitaredes as nosas opinións na radio escolar, Radio LLama.

ANIMÁDEVOS A COMEZAR ESTAS LECTURAS, RECOMENDÁMOLAS!  

COÑECÉNDONOS NO CURSO 2021_2022

Un curso máis seguimos co obxectivo comezado hai anos. Que mellor que compartir uns momentos para coñecernos un pouquiño máis!!! 

Este curso abren a sección de entrevistas, Diego e Daniel (1ºESOA), que elixiron a Jose (profesor de plástica) para facerlle as preguntas que nos achegarán máis a el a a moitos temas. 

Deixámosvos coa entrevista. 


Se queredes coñecer un pouco máis a Marta, profe de historia, non deixedes de escoitar a entrevista que lle fixeron as alumnas de 1ºESOA, Sandra, Iria e Sheila


Unai e Santi (1ºESOA) entrevistan a Cintia, profe de matemáticas que imparte, tamén, educación física. Aquí vos deixamos coa entrevista. 


Sabela e Maryam (1ºESOA) entrevistan a súa profe, Patricia. Que pasedes uns bos momentos escoitándoas!