domingo, 10 de maio de 2026

CELEBRANDO A ROSALÍA FÓRA DO CENTRO

Como vedes, este ano o día de Rosalía foi un motivo de gran celebración e, para poñer a guinda do pastel, o alumnado gañador do certame Enredando co galego foron convidados polo Concello de Lugo e pola AELG a participar nunha homenaxe á nosa gran escritora que se celebrou tamén o propio día 23 de febreiro no parque da nosa cidade que leva o nome da  autora, ante un busto dela. 

Alí había representantes das institucións e poetas, entre eles o mestre de cerimonias, Lois Pérez. Así mesmo había alumnado e profesorado doutros institutos de Lugo que tamén participaron. 

Na intervención do noso centro, entre todo/as compañeros/as recitaron o poema "Adiós, ríos; adiós, fontes" de Cantares Gallegos. Saíu en El Progreso unha imaxe recollendo este momento, que ben!

Foi unha saída moi emotiva na que ademais nos acompañou un sol radiante.





CELEBRANDO A ROSALÍA NO CENTRO

Coa exposición montada, o propio día 23 de febreiro, o alumnado de 3º ESO da materia de Oratoria baixou coa profesora  Cristina a onde está o taboleiro da exposición e alí fixeron un recitado de poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas. Que mellor homenaxe a unha autora que recitar a súa obra!


Estas son algunhas imaxes desa actividade de recitado: 









EXPOSICIÓN ROSALÍA DE CASTRO

 Como xa vos comentabamos na entrada anterior, estivemos a inicios de febreiro traballando arreo sobre Rosalía e sobre as imaxes que xiran en torno a esta gran figura das nosas letras.

Unha vez impresas as fotos en A3 e elaborados os pé de foto coa información relativa a cada imaxe, montamos a exposición no taboleiro principal do corredor, quedou moi xeitosa e moito do noso alumnado e profesorado acercouse a desfrutar e informarse máis sobre a nosa Rosalía. Así mesmo puideron ver a man que teñen algúns dos nos@s compañeir@s na arte plástica facendo as súas propias versións da imaxe de Rosalía.

Velaquí unhas fotografías da exposición á que puxemos por título "As caras de Rosalía no Muralla". E das imaxes creadas polo alumnado nunha sección que chamamos "As nosas Rosalías".

















PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA

 Todo o alumnado de 2º ESO, e tamén o club de lectura, estivo a realizar un proxecto que tiña por obxectivo realizar unha exposición sobre Rosalía de Castro. 

Tiñamos que celebrar o 23 de febreiro como se merece, así que decidimos facer unha exposición con todas as imaxes que hai da autora, desde os seus retratos en vida ata as versións máis modernas como poden ser as creacións de grafitis que embelecen as nosas rúas. 

O primeiro que fixemos foi buscar imaxes e quedamos moi abraiados coa cantidade que hai, así que fixemos unha selección dunhas 20.

Logo, todo o alumnado de 2º ESO (entre as que se inclúen membros do club de lectura) púxose mans á obra para buscar información sobre a propia imaxe ou sobre datos da autora que estivesen relacionados coa imaxe escollida. O traballo fíxose en parellas e, unha vez escollida a información, crearon un breve documento no que se recollían os datos buscados para poñelos logo de pé de foto explicativo.

Desde o club tamén colaboramos co proxecto, claro está! Aquí vos poñemos algunhas imaxes dos momentos da actividade.









martes, 5 de maio de 2026

VISITA AO AQUARIUM FINSTERRAE

 Como andamos entre lecturas no que un dos personaxes é un animaliño, o simpático Neko do que xa vos falamos na entrada anterior, e aproveitando que o alumnado de 1º de BAC tiña prevista unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña, alá fomos con eles nunha saída na que ao pasamos moi ben e aprendemos moito sobre animais mariños. 

Viñemos ademais algo máis concienciad@s de que temos que respectar a natureza en xeral e tratar de que a pegada humana non arruíne o planeta. A guía que estivo con nós falounos das desfeitas que provocamos no medio natural, pero tamén dixo que aínda estabamos a tempo de reverter a situación. Con esas palabras optimistas nos quedamos. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa estancia no aquarium e lembrade: respectar o medio ambiente non custa nada e gañamos tod@s!







xoves, 30 de abril de 2026

LECTURAS CON COMPROMISO

 No mes de xaneiro estivemos lendo o libro Neko de Eva Mejuto, é un libro curtiño e fácil de entender; e a nós gustounos moito. 

Toca un tema que supón unha lacra para a nosa sociedade como o é a violencia de xénero; a medida que iamos lendo iamos reflexionando sobre o  impacto que ten  estan violencia on só  na vida das mulleres  senón para a familia enteira, sobre todo para os nenos como é o caso da protagonista do libro, Xoana. Esta nena fainos ver desde os seus ollos que comportamentos que a miúdo se normalizan son en realidade comportamentos violentos contra persoas moi cercanas.

Tamén este libro nos levou a reflexionar sobre dous puntos máis: a existencia doutras mulleres dispostas a axudar  ás outras que o están a pasar realmente mal e o apoio de mascotas que son moito máis que animais de compañía como o caso de Neko, o canciño que ó o gran confidente de Xoana.

Que este libro se titule Neko fainos entender a importancia dos animais; isto levounos no club a falar das nosas mascotas, da importancia que teñen para nós; da importancia de cuidar dos animais e de toda a natureza en xeral. E relacionda con este tema estabamos preparando unha saída do centro moi emocionante da que vos daremos conta na próxima publicación. 


Libro Neko de Eva Mejuto

Momentos do club de lectura



 Momentos do club de lectura





domingo, 12 de abril de 2026

FOTOS CALENDARIO

O noso centro, conmo cada curso, celebrou un concurso para o calendario do  ano 2026 co lema "Sabedoría popular". Os participantes deberían achegar unha imaxe (foto ou debuxo) orixinal relacionada con algún dos meses acompañada dun refrán tamén alusivo a ese mes. 

Desde o club de lectura estivemos conversando das imaxes que tiñamos e coas que queriamos participar e, por outra banda, estivemos buscando refráns acaídos para o que queriamos expresar. 

Houbo tres imaxes premiadas e logo foron seleccionadas outras nove imaxes  para completar todos os meses do ano. Dentro destas imaxes seleecionadas estiveron a de dúas membros do club de lectura, Firdaousse e Antía, ás que lles queremos desde aquí dar os parabéns e dicirlles que cando cheguemos aos meses de xulo e decembro, ao mirar o noso calendario, lembrarémonos delas. 

Aquí están as imaxes xa montadas no calendario, 


Foto de Firdaousse



Foto de Antía