domingo, 28 de xaneiro de 2024

"PESCANDO XENES" CON ÁNGEL CARRACEDO

 O xoves 18 de xaneiro estivo con nós o doutor Ángel Carracedo impartindo unha charla co título "Pescando xenes".

Aprendemos moito con el, achegounos ao seu traballo dunha forma tranquila e amena. Deixounos ver a importancia do seu labor e tamén con moito humor e cariño abriunos a porta de anécdotas do seu ámbito persoal.

Tamén puidemos descubrir que é unha persoa cercana e prestouse para contestar unhas preguntas nunha entrevista que lle fixeron o alumnado da materia de Bioloxía de 2º BAC para Radio LLama

Perdoade polo ruído de fondo, é o que ten gravar entrevistas na cafetería.

Esperemos que vos pareza interesante toda a información que nos transmitiu. Grazas, doutor!

Enlace á entrevista : ENRTEVISTA ÁNGEL CARRACEDO



Se queredes escoitar a charla, está subida na páxina web do centro. Seguro que vos parecerá moi interesante!!


AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO


Cartel para colocar pola nosa contorna
Cartel da campaña

Comezamos no Muralla coa campaña #aquítaménsefala  Un proxecto que comezou no IES Rafael Dieste da  Coruña e que agora se estende por máis de 170 centros galegos.

Queremos rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala galego ou de que no mundo da empresa non se usa nas cidades.
A tarefa é doada, e podes axudar: entramos nun local, preguntamos se podemos poñer un cartel do instituto para fomentar o uso do galego e explicamos que se dará publicidade desde as redes sociais. Por iso  é preciso facer unha fotografía do establecemento onde se vexa o cartel, o ideal coa persoa que traballe no local amosándoo.

Unha vez realizada a fotografía, aparecerá nas redes sociais da campaña co nome do establecemento. Antes hai que enviar as fotografías ao enderezo a aquitamensefalamuralla@gmail.com. Tamén podes etiquetar dende a túa conta nunha historia ou nun post a conta @aquitamensefala para difundila.

Na páxina web www.aquitamensefala.com vemos como esta campaña xa recibiu o apoio das Tanxugueiras, do actor internacional  Viggo Mortensen, do pianista James Rhodes ou dos equipos de fútbol máis coñecidos de Galicia. Poderás encontrar tamén o Spotify #aquítaménsecanta con moitas horas de música en galego!

Na nosa cafetería e na entrada do centro xa se colocou o cartel...e ti anímaste? Enchamos os barrios do norte de carteis vermellos!





Cartel na entrada

Cartel na cafetería


















Animádevos, esta campaña está sendo un éxito en toda Galicia, estamos a facer historia!
Aquí xa vedes compañeiros que van comezar a colocar os carteis.



O noso club de lectura tamén colaborará, xa que temos moi claro que debemos defender a nosa lingua e visibilizala e un bo comezo nesa misión.

Xa vos irmos contando como avanza a campaña!!!!