Este ano non nos importou acurtar as vacacións de Semana Santa, porque nos podía máis a ilusión de comezar a nosa primeira aventura e andanza compartindo a actividade que, @s nos@s compañeir@s -e agora ademais AMIG@S-, @s argalleir@s das letras veñen realizando dende hai moitos anos para celebrar o DÍA DO LIBRO, e demostrar o poder que ten a lectura.
Decidiron solicitar unha sala de reunións no hotel no que nos hospedabamos, e así foi como comezamos o día 23 de abril.
Sentamos e escoitamos atentamente as recomendacións das profes, lembrándonos a orde de lectura, a lingua na que leriamos ( a quen se lle ocorrería a xenial idea de ler a obra en galego, castelán, inglés e francés???), a elección da palabra, escribila nos dous lenzos para finalizar a actividade que, este ano, nos sorprendería a tod@s?
Comezamos a lectura, e de catro en catro iamos subindo ao escenario para ocupar os nosos lugares diante das gravadoras e do micro. O inicio foi un pouco caótico, xa que nos resultaba difícil seguir a lectura nas catro linguas, aínda que tiñamos exemplares para facelo. Como era imprescindible asimilar a mensaxe da obra, decidimos que, unha vez rematada a lectura entre tod@s, se relese só nunha lingua. ASÍ O FIXEMOS. Imaxinades o tempo que nos levou?
Aquí vai un exemplo de texto - a modo de CABLEGRAMA- que escribimos empregando "todas as palabras elixidas", e do que estamos orgullos@s porque conta o que significou esta actividade para nós:
Cando subimos ao autobús en Lugo para reunirnos cos Argalleir@s das Pontes e iniciar esta andanza, recoñecemos que nos sentiamos un pouco insegur@s e nervios@s, xa que el@s levábannos moita vantaxe nesta actividade e nós non tiñamos moita confianza como para pedirlles "axuda". O certo é que só fixo falta chegar a León e comezar a coñecer esta cidade para ir "socializando". Pouco a pouco iniciamos unha relación de compañeirismo que culminaría nunha AMIZADE sincera e, agardamos, duradeira.
Tiñamos pensado realizar a lectura continuada de Enderezo descoñecido, Kressmann Taylor na Plaza del Grano, pero a climatoloxía fíxolles pensar ás profes que non era moi recomendable para a nosa saúde, xa que corriamos o risco de quedar conxelad@s.
Decidiron solicitar unha sala de reunións no hotel no que nos hospedabamos, e así foi como comezamos o día 23 de abril.
Sentamos e escoitamos atentamente as recomendacións das profes, lembrándonos a orde de lectura, a lingua na que leriamos ( a quen se lle ocorrería a xenial idea de ler a obra en galego, castelán, inglés e francés???), a elección da palabra, escribila nos dous lenzos para finalizar a actividade que, este ano, nos sorprendería a tod@s?
Tiñamos moitísima fame, pero sabiamos que aínda faltaba o traballo máis duro: compoñer o poema. Pero saltou a SORPRESA! As profes decidiran seguir o estilo do libro e compoñer, este ano, UN CABLEGRAMA coas palabras elixidas. Tod@s comezamos a mirarnos, a preguntar: un que? Que é iso? Logo das explicacións - que pouc@s ou ninguén entendeu- deixáronnos tempo libre para comer e traer a tarefa feita: elaborar por grupos ( gran idea, porque aínda nos unimos máis) o cablegrama. Que sobremesa vivimos!!!!!
Ás catro e media volvemos retomar o traballo. Facer fixemos o que puidemos e compartimos c@s nos@s compañeir@s os textos escritos. MEU DEUS! Cando falaron as profes, démonos conta de que non entenderamos o que era un cablegrama, e que "san google" non sempre axuda. Pero ao ver que Ana, Elena e Chelo estaban orgullosas do noso esforzo, retomamos forzas para finalizar esta andanza e argallada como se merece.
Mirade que contentiñ@s estabamos lendo OS TEXTOS QUE REDACTARAMOS:
Aquí vai un exemplo de texto - a modo de CABLEGRAMA- que escribimos empregando "todas as palabras elixidas", e do que estamos orgullos@s porque conta o que significou esta actividade para nós:
A NOSA HISTORIA
Eses MOZOS
que comenzaron a súa HISTORIA sen moitos AMIGOS, sen moito ÉXITO,
de dúas VILAS diferentes, pero coas mesmas LINGUAS. Todos coas
súas VIDAS, coas súas FAMILIAS FELICES. Tivemos MENSAXES
negativas e prexuízos sobre as outras PERSOAS aínda que foran DESCOÑECIDAS
e ESQUECÉRONSE de que os prexuízos pesaban QUILOS no seu CORAZÓN
e que as súas PALABRAS non tiñan PREZO. EU MESMO dinme de
conta de que cada vez nos pareciamos máis aos XUDEUS na época do NAZISMO
sen nengún tipo de CENSURA. E a DESESPERACIÓN por coñecerse fixo
que todos as PEZAS encaixaran e deixaramos a CRUELDADE de lado. E
esta é a nosa historia, a que explica como pasamos do ARREDISMO ao AGRADABLE
e LIBERAL sabor do compañeirismo, e de como puxemos as CARTAS
sobre a mesa. Durante demasiado tempo fomos IMPRUDENTES, pero grazas a DEUS,
INOPINADAMENTE comezamos AXIÑA a SENTIRNOS verdadeiros AMIGOS.
Os sentimentos PODEROSOS e a sensación de LIBERDADE fixeron que
estas PERSOAS esquecesen os MESES de EXPOSICIÓN ao SUFRIMENTO
polo ben da nosa SAÚDE, e foron FORNECENDO a nosa SENSIBILIDADE
e a nosa disposición e soubemos o CONMOVEDORA que era a RIQUEZA
da amizade e da ACCION LÍDER dos nosos actos. Cunha FULMINABLE
mirada que condicionaba a nosa EXISTENCIA con esta MISTERIOSA XENTE
que estaba tan CONTENTA e era tan GRANDE que terminaron XUNTAS.
Ao final fuximos da MISERIA.
Noa, Aroa B., Aroa Bl., Candela, Paula, Alba T. e Nerea
Lidos todos os textos, decidimos continuar o noso labor conxuntamente para conseguir o noso obxectivo: redactar o cablegrama coas palabras elixidas. Cremos que o conseguimos. Que opinades?
Aquí podedes escoitalo na voz de Aroa, en representación de tod@s.
Agora deixámosvos cun vídeo que lembrará paso a paso este día.
Claro, pensaredes que todo rematou. POIS NON! Agora toca a parte final. Ilustrar o cablegrama no lenzo que temos para ese fin. Que debuxaremos? Como sairá???? Pronto teredes noticias, non o dubidedes.
Seguro que con todo este traballo, algún club de lectura quere unirse a nós para o seguinte curso. AQUÍ ESTAREMOS ESPERÁNDOVOS.
DÍA DO LIBRO, LEÓN 2019
Argalleir@s das letras e Lectura e andanzas recoméndanvos LER para poder gozar, compartir e argallar andanzas.

Ata a próxima!