O día do libro que celebramos este ano -conxuntamente- os clubs de lectura Argalleir@s das letras e nós, Lecturas e andanzas tivo dúas partes diferenciadas tematicamente, se podemos cualificalas así, pero que estiveron unidas por un mesmo elo: o gusto pola lectura que sempre move a coñecer, compartir, gozar con todo e de todo o que está ao noso arredor, e así o fixemos.
Como non todo vai ser "traballar", aínda que para nós sexa un pracer ler, non tanto compoñer o que xa coñeceredes... ímosvos contar.
Este ano a cidade de León foi o lugar elixido para realizar a lectura continuada, a selección da palabra e logo a composición de..., pero de todo isto xa saberedes noutra entrada. O importante é que comezaba unha viaxe na que participabamos 58 persoas que non nos coñeciamos nada máis que de vernos -e non tod@s- unha noite de cine. Nun primeiro momento as relacións non foron moi boas, ou mellor dito non existían por "PREXUÍZOS" que logo tod@s recoñecemos. Pero o que empezou sendo unha viaxe de dous clubs de lectura, que non se "entendían moito", rematou con bágoas nos ollos cando nos iamos achegando ao noso primeiro destino, Lugo. Tanto é así que lles pedimos ás profes que foramos primeiro ata As Pontes e logo volver a Lugo, porque así teriamos máis tempo para estar xunt@s. NON ACEPTARON! Chegamos a Lugo e despedímonos d@s nos@s amig@s prometéndonos volver vernos antes de finalizar o curso. Creo que as profes están de acordo en facer unha xuntanza, pero desta vez na nosa cidade.
Agora deixámosvos cunha mostra que amosa todo o que compartimos, vivimos e lembraremos para sempre.
Grazas a León, Castrillo de los Polvazares, as Médulas, ao frío, á chuvia, á neve e, sobre todo, AO GUSTO POLA LECTURA, por unir @s argalleir@s das letras e @s lectores e andantes.
Así eramos nun comezo: Argallei@s das letras por un lado
E Lecturas e andanzas, por outro.
E así rematamos:

ATA PRONTO AMIG@S!