Ola a tod@s!
Aquí volvemos para seguir compartindo con vós as sesións do club de lectura.
O martes pasado comezamos unha andanza "demasiado arriscada, perigosa e difícil". Nós xa avisamos, pero "non nos fixeron moito caso" e só nos animaron a seguir, xa que -seica- imos por moi bo camiño. Hoxe pedímoslle a Chelo que non nos puxera metas tan difíciles, pero ela contestounos que podiamos con iso e con moito máis. O certo é que entre tod@s imos construíndo a " nosa historia" de Emigrantes seguindo as imaxes de Shan Tan, tal e como imos pasando as páxinas por primeira vez.
Comezamos esta sesión do mesmo xeito que a anterior: compartindo o deseño do cablegrama do Día do Libro e a lectura de Emigrantes. Xa vedes que podemos con todo!!!
Preparándonos para a lectura
|
Continuando coa ilustración
|
Lemos e ilustramos
|
Ata que chegou o timbre do recreo que nos volveu á realidade.
Aquí podedes escoitar a historia que creamos dos capítulos 3, 4 e 5 de Emigrantes, Shan Tan.
E case coa ilustración do cablegrama finalizada, pero esa é outra andanza da que teredes información.
Trinta minutos dan para moito, non si? Pois ata deron para pedirlle a Chelo que organizase unha xuntanza c@s nos@s amig@s e Argalleir@s das letras. Prometeunos que o intentaría!