Ola a tod@s!
Estes días andamos un pouquiño atarefad@s preparando a saída do Día do libro, e, sobre todo, moi nervios@s, xa que a actividade que realizaremos é unha novidade para nós. Queremos darlles as grazas @s nos@s compañeir@s e amig@s, "Argalleiros e argalleiras das letras", por convidarnos a compartir con eles e elas unha nova aventura.
A cidade que nos agarda para vivir esta experiencia é León, e a lectura continuada que realizaremos é....:
Supoño que estaredes un pouco sorprendid@s ao ver tantos títulos dunha mesma obra, pero é que imos ler Enderezo descoñecido, Kressmann Taylor nestas catro linguas. 😲😲.
Se xa estabamos nervios@s pola actividade, agora trememos pensando na lingua en que teremos que ler.... Agardaránnos máis sorpresas???? NON O DUBIDAMOS!!! SEGURO QUE SI!!!
Tamén estamos investigando para buscar o lugar no que realizaremos a lectura continuada da obra. Polo de agora pensamos en La plaza del Grano ou El parque del Cid... , pero seguro que descubriremos entre tod@s outros lugares, aínda que estes xa son ben bonitos.
Estamos desexando que chegue ese día para compartir momentos inesquecibles ao lado de amig@s, que coñecemos polo gusto e " teima" que temos pola lectura.
Como premio, seica nos van levar - logo de traballar- a coñecer Castrillo de los Polvazares , las Médulas, e outros lugares de interés. Como non, levando unha vida moi saudable, xa que haberá que camiñar moito...