Ola a tod@s!
Hoxe -cremos pensar- estariades agardando a terceira sesión de Emigrantes de Shan Tan; pero vai ser que non, xa que tivemos que dedicarlle o tempo a rematar o traballo comezado o día 23 de abril.
A actividade do Día do Libro ten unha última parte "moi intensa": A ILUSTRACIÓN baseada no texto que compuxemos coas palabras elixidas da lectura.
Xa vos comentamos que era a primeira vez que participabamos nesta actividade, e tivemos a grande sorte de atoparnos no camiño coa "xenial" idea que Candela González Alves (argalleira das letras e AGORA membro de honra de "LECTURAS E ANDANZAS") compartiu con nós para axudarnos nesta nosa primeira aventura. Como ela dixo: " quen vai recoñecer un telegrama nestes tempos? Actualizádeo e facede unha icona de WhatsApp!". Cando Chelo nolo comentou, tod@s estivemos de acordo. Grazas, Candela!
Comezamos a sesión do club e decidimos o destinatario ao que enviariamos o noso cablegrama (grazas Marta por lembrárnolo); aceptamos a idea de Brais cando nos comentou que deberiamos poñer os símbolos de recibido e lido - idea que xa nos aconsellara Candela-, e así continuamos participando tod@s na actividade.
Rematado o traballo colocamos na entrada do instituto o cablegrama e as palabras elixidas para compartir esta experiencia con tod@s. "Intentamos" facer unha foto de todo o club de lectura, pero non o conseguimos, porque ou estaban no médico ou facendo exames ou lavando os pinceis ou colocando todo... Como Chelo xa empezaba a "encenderse", houbo que facer a foto, XA!
Agora podedes ver os pasos que reflicten o tempo que nos levou rematar a actividade do DÍA DO LIBRO. Ah, que saibades que estamos dispost@s a repetila!
NON QUEREMOS DESPEDIR ESTA ACTIVIDADE SEN COMPARTIR CON VÓS ESTA INFORMACIÓN: O DÍA 20 DE XUÑO TEMOS "QUEDADA" C@S ARGALLEIR@S DAS LETRAS EN LUGO!!!! , pero iso será outra historia.