A través destes xogos de "pasapalabra" intentaremos achegarnos á figura de ANTONIO FRAGUAS, autor homenaxeado co Día das Letras Galegas.
Atrevédesvos a poñer a proba os vosos coñecementos?
XOGANDO APRENDEMOS
Cada imaxe leva a un xogo distinto
| |
Instrucións:
- O xogo consiste en acertar as vinte e tres palabras, cada unha das cales se corresponde cunha letra do rosco para a que se ofrece unha definición relativa ao autor homenaxeado (Antonio Fraguas). - Ao escribir as palabras téñense en conta os acentos gráficos, pero non se distingue entre maiúsculas e minúsculas. - Para iniciar o xogo facer clic na bandeira verde. Se se desexa finalizar o xogo pulsar a icona vermella en forma de stop. - Os acertos reflectiranse nas letras mediante a cor verde, mentres que os erros mostraranse en cor vermella. As cuestións non respondidas mostraranse en cor branca. - Se non sabes unha definición, podes pasar á seguinte pulsando Enter ou facendo clic na icona azul (tick). - Se completas o rosco pero quedan letras en branco, repetirá a rolda coas que nos faltan por contestar. - Para completar o rosco non se dispón dun tempo determinado. - Finaliza o xogo cando contestes a todas as preguntas. Agradecémoslle a Marta ( " Santa Marta") o seu traballo para que tod@s puideramos xogar e aprender deste xeito tan ameno. Para nós sempre serás: " UNHA MESTRA BOA, UNHA BOA MESTRA". |