Ola a tod@s!
No club de lectura seguimos mergullados na historia que conta Eloy Moreno en Invisible, e temos que recoñecer que as primeiras páxinas do libro precisaron - e seguro precisarán ao final da novela- unha relectura, aínda que nós xa imos creando a nosa historia.
Hoxe guiaron a lectura Jennifer F.; Lara R. e Iria L.
Ao rematar o tempo de lectura chegou o momento de compartir entre tod@s o lido. Jennifer F.; Candela F.; Ainhoa R.; Valeria S. e Iria L. non dubidaron en facelo para axudar a seguir a historia a aquel@s que chegaron un pouquiño tarde.