Boas a tod@s!
Estariades preguntándovos onde nos metemos estes días que estivemos caladiñ@s, non si? Pois a resposta é fácil: mergullad@s noutra das nosas andanzas!
Somos lector@s, pero tamén " gardiáns e gardiás da tradición", e niso estivemos e estamos.
Seguro que algunha vez, cando chega o mes de febreiro, escoitariades aos vosos algo así como:
" A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa"
ou
" O día da Candeloria,
metade do inverno vai fóra.
Que chores, que deixes de chorar,
metade do inverno está por pasar!"
Imaxinamos o que estades pensando e preguntándovos. Que é iso da Candeloria? Pero o mes de febreiro non é o mes do amor? E outras máis dúbidas que vos virían ao ler o comezo desta entrada.
Antes de respondervos farémosvos pensar un pouquiño formulándovos unhas preguntiñas: Cando se comezou a "celebrar" o coñecido como o día de San Valentín ou día dos namorad@s? Que finalidade ten ese día? Credes que o día do "amor" ten que ter un día sinalado no calendario?, e moitas outras preguntas que non faremos para non cansarvos... Pois dirémosvos que o mes de febreiro xa se consideraba polos celtas, o " mes da luz". Esta cultura consideraba febreiro como o mes do renacer porque vían como a luz do día gañaba á escuridade da noite; como os labregos podían volver sementar os seus campos, os mariñeiros saír ao mar, os paxariños volvían ter presenza na nosa paisaxe e encher os nosos oídos cos seus cantos... En fin, volvíase á vida logo dun duro e escuro inverno. Por iso o identificaban co renacer e co amor que todo o fai posible.
Esta festa da luz, que xa celebraban os celtas, tamén tivo presenza na civilización romana, e chegou ata o cristianismo cando o Papa Gelasio converte esta festa pagá en cristiana e decide designar o día 2 de febreiro como celebración do día da Candeloria ( ou purificación da Virxe María).
Agora sabemos que estaredes pensando no significado de Candeloria... Fácil. Candea? Pero para saír de dúbidas, que mellor que ler un pouquiño. Non vos perdades a información que vos achegamos neste enlace.
Logo de amosarvos que andamos mergulla@s na nosa tradición. Deixámosvos cun exemplo do que estamos facendo para amosarlles a tod@s as persoas que este mes é especial, porque chega a LUZ e con ela tod@s debemos espertar e demostrar o mellor que levamos dentro ás persoas que están ao noso arredor durante todo o ano. XA FUXIU A ESCURIDADE!!
A nosa compañeira Iria brindouse a impartir un taller, no que nos ensinou a facer rosas de papel para agasallar @s nos@s.
Van unhas imaxes:
Iria comezou a dar as primeiras indicacións:
Tod@s estabamos atent@s:
E intentabamos seguir todos os pasos:
Había que conseguir un resultado final:
ESTE:
NON FOI TODO O BEN QUE DESEXAMOS, PERO ALGO APRENDEMOS E SEGUIMOS APRENDENDO.
Moitas grazas, Iria. Mañá continuamos.
Gravamos o seguinte video para intentar facer un titorial.