Boas a tod@s!
Hoxe queremos contarvos como foi a sesión do club de lectura porque resultou novidosa e produtiva, xa que conseguimos realizar dúas actividades ao mesmo tempo: LER E FACER.
Como as andanzas son moitas, e pouco o tempo que compartimos, concentrámonos e comezamos.
Ainhoa, María e Lucía encargáronse de continuar coa lectura de Invisible, utilizando un ton de voz axeitado para que nos chegara a tod@s claramente e así poder seguir o contido da obra:
Mentres, @s voluntari@s seguiamos as instrucións que Iria ( a través da mímica) nos ía indicando para realizar novos agasallos.
E seguimos lendo:
E seguimos facendo:
Gravamos a lectura e as opinións sobre o inicio do libro, xa que nos ten un pouco "descolocad@s". Pero como xa imos facendo a nosa historia preferimos compartir con tod@s o resultado final dos nosos comentarios.
Despedímonos cunha imaxe que resume a sesión de hoxe. Estamos no comezo da lectura de Invisible, e non sabemos o que nos deparará esta historia. Comezamos a facer un agasallo, que non sabemos como rematará.
Non dubidedes que seguiredes tendo noticias.
( A tod@s @s nos@s compañeir@s que andan por París, BOA VIAXE!)