Logo das lecturas que nos ocuparon no mes de xaneiro, hoxe retomamos o ritmo habitual do club. Estabamos ilusionad@s e expectantes por comezar a seguinte lectura, xa que nos tiñan falado moito, moito, moito dela dende o comezo de curso. ERA O MOMENTO!!!
Comezamos falando do que pensabamos sobre o título e a ilustración da portada... Vale, xa non damos máis voltas. Aquí vos deixamos coa novela que nos vai acompañar algún tempiño, pero que seguro nos fará abrir os ollos, a mente e a pensar no mundo en que vivimos. Estamos segur@s, por que será?
O autor é Eloy Moreno e deixámosvos este enlace para que o coñezades un pouco, porque paga a pena. Achegarédesvos a este autor, aínda que ten moitas máis páxinas que falan sobre el e as súas obras. A novela que nos vai unir algún tempo titúlase: Invisible. Que mellor xeito de presentala que en palabras do seu autor!
Tocaba empezar a ler, Invisible e aí estaban as nosas compañeiras Aroa Barba e Alba Rouco para deixar testemuña coa súa voz deste momento.
Agora o que vai ser novidoso será como imos compartir a lectura entre tod@s, pero non dubides que nos agardarán reunións sorprendentes.
Ata a próxima!!!