A inicios de curso alumnado de 2º ESO participou nun obradoiro de escrita de Ana Carreira co fin de crear eslógans ou frases reivindicativas sobre o galego. Esas creacións serían engadidas ao texto do manifesto do Correlingua, que este ano sería feito de forma colectiva desde diferentes centros.
O mesmo alumnado de 2º ESO, facendo quendas durante varios recreos, foi o encargado de realizar a pancarta co lema proposto para este ano: "Dende aquí até acolá, galego xa". Algúns usaron a súa habilidade para debuxar e pintar e outros axudaron a pegar as letras de vinilo feitas coa axuda da profe Maite, coordinadora dos polos creativos.
![]() |
Creando a pancarta do Correlingua |
E chegado o día do Correlingua en Lugo, 8 de maio, alá fomos todo alumnado de 2ª ESO a lucir con orgullo a nosa pancarta e a percorrer as rúas de Lugo, ademais do habitual andaina pola muralla, reivindicando o uso normal da nosa lingua.
![]() |
Andaina no Correlingua coa nosa pancarta |
Logo da andaina, volvemos xuntarnos todos os centros na praza de Santa María e alí dúas das nosas compañeiras (unha delas membro do noso club de lectura): Mely e Aitana de 2º ESO A deron lectura a unha parte do manifesto por ter colaborado na súa creación.
![]() |
Momento de lectura do manifesto |
Logo da lectura do manifesto, Rosario e Noa subiron ao escenario para recoller o diploma de participación que deron a todos os centros que estabamos alí.
![]() |
As nosas compañeiras co diploma de participación |
Xa para rematar, desfrutamos do concerto de Cuarta xusta, grupo gañador do concurso de novos talentos co seu tema “Presumo de galego”. Pasámolo xenial e bailamos moito como se pode ver nas imaxes!
![]() |
Momento do concerto de Cuarta xusta |