Como todos os anos estaba preparada unha excursión a Celanova para alumnado de 3º ESO e así coñecer de primeira man a terra de Curros e afondar algo máis na súa vida e obra.
Pero este ano a actividade viuse enriquecida xa que fixemos un intercambio, impulsado desde o Equipo de Normalización lingüística, co IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova.
Primeiro intercambiamos cartas para irnos coñecendo, logo o 15 de abril veu a rapazada de Celanova a Lugo, con eles fixemos visitas moi interesantes: ao Vello Cárcere, onde coñecemos datos e historias moi interesante sobre a guerra civil e a posguerra, e o Centro de Artesanía e Deseño no que puidemos apreciar exposicións sobre música e olería acompañados de guías. Non faltou tampouco un paseo pola muralla.
 |
Visita ao Vello Cárcere |
 |
Visita ao Centro de Artesanía e Deseño
|
 |
Paseo pola muralla
|
A segunda parte do intercambio tivo lugar o 6 de maio, en Celanova agardábannos para ensinarnos lugares moi importantes Fomos á casa de Curros Enríquez e ao mosteiro de San Rosendo, logo a profe de Música de Celanova, Irma, deleitounos cun concerto didáctico de órgano. Despois de almorzar, fomos ao instituto, quedamos abraiados co edificio histórico que o alberga, e impactounos a biblioteca; parecía a de Harry Potter!
Para rematar o día fixemos entre todos un recitado grupal de dous poemas de Celso Emilio Ferreiro.
 |
Visita á casa de Curros Enríquez |
 |
Concerto de órgano no mosteiro de San Rosendo |
 |
Visita á biblioteca do IES Celso Emilio Ferreiro |
 |
Visita á biblioteca do IES Celso Emilio Ferreiro
|
Moitos dos membros do club de lectura fomos a esta excursión e logo na nosa reunión estivemos comentando a experiencia vivida ese día. Pasámolo xenial e aprendemos moito tamén.
Grazas ao alumnado e profesado do IES Celso Emilio Ferreiro por ternos acollido!