Chegou o día tan agardado polo club de lectura e por fin puidemos deixar escrita a nosa cita literaria na beirarrúa fronte ao noso centro. Para todos e todas os/as que nos seguides, esta andanza comezou a principio de curso cando realizamos a saída, Arte literaria pola cidade de Lugo , en compañía de Guido. Continou coa entrevista a Iago Eireos, artista, investigador, docente e o noso compañeiro e amigo. Proseguiu con moitas horas compartidas no club para realizar o libro Pisadas Literarias (agardamos poder compartilo con vós o máis pronto posible) e pensando no fermoso que sería escribir a nosa cita para que formara parte de toda a arte urbana que caracteriza a nosa cidade. Meu dito, meu feito! Entre todos e todas escribimos no encerado a nosa creación, pedímoslle colaboración a Iago Eireos para pintala e chegou o DÍA.
Iago Eireos achegouse ata o centro para comezar a pintar a "nosa" cita literaria e estivo acompañado en todo momento por representantes dos clubs de lectura.
Nada máis chegar puxémonos mans á obra. Axudámoslle a varrer a zona na que se ía pintar e colocamos as letras da cita ordenadas tal e como nos explicou.