martes, 16 de maio de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Continuando coas actividades comezadas hai tempo para lembrar a figura de "DON PACO", hoxe dedicámoslle unha lembranza especial á celebración do Día máis grande das Nosas Letras, que festexamos - grazas a súa iniciativa- dende fai 60 anos. Compoñentes dos clubs de lectura e outros/as compañeiros/as participaron nas actividades que xurdían do EDLG e doutros departamentos do centro para lembrar a figura do homenaxeado  e demostrar que todo o amor que sentía, Don Paco, por Galicia e pola súa cultura  segue estando presente en todos e todas nós. 

No tempo de lecer demos lectura a un breve texto que lembraba a figura de Don Paco e logo, compañeiros/as interpretaron unha peza de música tradicional,  baixo a dirección do profesor desta materia. 

Deixámosvos cunhas imaxes e co vídeo que recolle momentos da actividade. 




O alumnado de 2ºESOA compuxo un poema ao que lle puxo voz en honor a Don Paco


Tal e como din na última estrofa: 

" A Don Paco invocamos
para que a súa pluma máxica
converta o noso esforzo
nun cantar fermoso." 

Continuamos mergullados noutras actividades como na realización de marcapáxinas como amosan estes dous realizados por Lidia e Antonio de 1ºESO. 



GRAZAS, Don Paco por transmitirnos tanto amor por Galicia, pola lingua e pola súa cultura! 

(Pronto máis información)