Lembrando a Rosalía de Castro.
O alumnado, profesorado e persoal non docente do centro, lembrou a obra desta poetisa poñéndolles voz a poemas elixidos entre todos e todas.
Achegaron deseños que lembran a esta autora e fixéronse insignias que repartiron entre todos/as os/as asistentes ao acto.
DIRIXIDO: a toda a comunidade educativa
HORARIO: no tempo de lecer ( 11.20h- 11.50h) dos días 27 e 28.
- “ Has de cantar” - Belén M
- Contesta Aroa: “ Cantarte hei Galicia”
- “Nasín cando as prantas nasen” - Sara
- “Cantan os galos pra o día” nas voces de: M. Pernas e Iria
- “Quíxente tanto meniña” - Cristina
- “Eu cantar, cantar, cantei” – Lucía
- “Probe Galicia, non debes” – Vanesa
- “Unha vez tiven un cravo” – Joel
- “ Non che digo nada...” - Candela
- “Turra, turra" - Antía, Gwen e Borja
- “¡Follas novas!, risa dáme" - María
- "¿Que pasa ao redor de min” - Silvia
- ¡Silencio! - Hugo
- "A xusticia pola man" - Lucía
- “Cando penso que te fuches" - Vicente
Recital segundo día - continuación
- Muiñeira (Actuación musical) - Tano, Iria e Emilio
- "Un repoludo gaiteiro" - Tano
- "Adiós ríos; adiós fontes" - Manuel
E tocaron outra
A mellor forma de rematar esta homenaxe a Rosalía,
bailando ao son da gaita e do tambor
Desde aquí queremos facer un especial recoñecemento a todas as persoas que fixeron posible que Rosalía siga estando de plena actualidade. GRAZAS A TODOS E TODAS!!!