Boas tardes a tod@s!
Hoxe sabiamos que tocaba cambio: nova lectura e novo xénero literario. Como somos moi demócratas tivemos a posibilidade de elixir entre dous títulos de obras teatrais: Pressing Catch, Paula Carballeira e Eroski Paraíso, Chévere.
María e Candela foron as encargadas de ler o resumo de cada unha delas.
María lendo o resumo de Pressing Catch | Candela lendo o resumo de Eroski Paraíso |
A maioría decidiu comezar con Eroski Paraíso de Chévere e así o fixemos.
O primeiro foi lembrar as características que definen este xénero literario e repartir os papeis para mergullarnos na lectura. O segundo foi protestar e rir moito, porque, como tod@s imaxinades, é difícil meterse nun papel na primeira lectura, non si?
O importante é que nos gustou o comezo da obra, por iso, deixámosvos co audio desta nova sesión do club.