[CARTEL DO CONCURSO]
Para o cartel utilizáronse imaxes gratuítas de Canva, de Pixabay, da Wikipedia e de dominio público.
Para o cartel utilizáronse imaxes gratuítas de Canva, de Pixabay, da Wikipedia e de dominio público.
TEMÁTICA: A muller na sociedade da súa época.
MODALIDADES:
-comparsas ( por grupos clase)
-individuais
DESTINATARIOS/-AS: todo o alumnado
HORARIO: 12:40h ata 14:20h
LUGAR: salón de actos
OBSERVACIÓNS:data límite para achegar a información solicitada, 14 de febreiro.
ORGANIZA: depto. orientación, vicedirección e aberta a todos/as.
CHEGOU O DÍA E FOI COMO ESPERABAMOS: ALEGRÍA, HUMOR, DIVERSIÓN, COMPAÑEIRISMO UNÍRONNOS A TODOS E A TODAS.
O xurado decidiu que a gañadora fora a comparsa, "musas gregas, deusas romanas e sacerdotisas exipcias", 1ºESOB (grazas Manuel polo traballo realizado en titoría e parabéns a todo o alumnado dese curso)
Agrademos a colaboración do departamento de imaxe persoal (alumnado -2ºfpbásica e ciclos- e profesorado) por maquillar os/as participantes no festival e facelos aínda máis protagonistas nas súas actuacións. Tamén a todas as persoas que axudaron a que o alumnado vivira uns momentos inesquecibles. E por último, parabéns a Aroa, presentadora do festival polo seu bo facer, e a Noa por levar o mantemento informático dun xeito maxistral. E COMO NON, A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU, PORQUE FOI O QUE FIXO POSIBLE ESTA ACTIVIDADE.
FELIZ ENTROIDO A TODOS E TODAS!
Actuacións fóra de concurso | ||
Dúas voluntarias | Flamenco en vivo |
Comparsa gañadora no fin de festa |