Ao longo do mes de novembro estamos traballando para concienciar a todo o mundo da necesidade de parar esta violencia que, por desgraza, segue estando presente nas nosas vidas.
Somos o futuro e non imos quedar calados nin caladas para esixir que esta violencia remate xa!
Nós, os alumnos e alumnas de 2ºESOB, redactamos un manifesto que amosa o noso sentir sobre este día, puxémoslle voz, e Noa, a nosa compañeira, debuxou a ilustración.
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
NÓS, os alumnos e
alumnas de 2ºESOB do IES MURALLA ROMANA, manifestamos e berramos que estamos
fartos e fartas:
- das ameazas físicas e psicolóxicas que sofren as mulleres.
- das discusións de parella que leven a pelexas que traen consecuencias
extremas e graves.
- do acoso sexual que sofren as mulleres.
- das humillacións que provocan os homes para converter as mulleres en
escravas.
-da chantaxe emocional que provocan os homes machistas e controladores para
que a muller viva totalmente illada.
- das violacións que sofren as mulleres por consideralas “ presas fáciles”.
En resumo, do maltrato que sofre a muller por ser muller.
E POR ISO ESIXIMOS QUE:
- as persoas se respecten
mutuamente.
- que haxa igualdade entre homes e mulleres.
- que non se traten ás mulleres como obxectos, xa que somos persoas.
- que as futuras xeracións se críen sen estes estereotipos.
- que as mulleres nunca teñan que volver chamar ao 016 porque non o
necesitan.
- que as persoas entendan o que é o verdadeiro amor.
EN DEFINITIVA:
queremos deixar ben claro que, entre todos e todas NÓS, conseguiremos un
mundo sen violencia de xénero, porque a nosa voz chegará e sonará nos oídos de
todo o mundo lembrando que: O AMOR NUNCA FAI DANO!

Ás nosas compañeiras de fpbásica ( 2ºPEIEST) escribiron textos nos que transmiten a súa visión sobre este gravísimo problema.
Parece
que cada día a sociedade ten menos cultura, xa que o machismo está á orde do
día e o feminismo esaxérano moitas veces ata o punto de entendelo como
“hembrismo” .
A
violencia de xénero nas parellas adóitase normalizar ou ocultar por medo.
Eu
defendo a igualdade e espero que no futuro esta situación cambie.
Tania
Normalizar
un tema como el maltrato en pleno siglo XXI puede ser de todo menos algo que pueda
pasar desapercibido. La lucha que deberíamos llevar en contra de este tema no
es ni la mitad de lo que estamos haciendo para evitarlo.
A
día de hoy, ¿cuántas mujeres conoces tú que no hayan sufrido algún tipo de micromachismo,
como por ejemplo que alguien que no las conoce de nada las halagara de manera
imprudente? ?¿Cuántas amigas te han dicho a ti: avísame cuando llegues a casa? o cuántas veces te ha dicho tu madre: ¡ no vuelvas sola a casa!, o ¡vete
siempre acompañada! ¿Por qué tenemos que tener ese tipo de miedos? No
encuentro explicación para semejante miedo al que estamos expuestas sólo por
ser mujer.
Para
mí, lo que hace falta en esta sociedad es respeto, un respeto necesario. Voy a
poner un ejemplo: “me gusta mucho una chica y me parece guapísima”.Si esta
frase la dice un chico con respeto no haría absolutamente nada agresivo o
incómodo, en cambio, hoy en día te lo dirán de cualquier modo, menos agradable
y amable.
Empecemos
a luchar un poco más por el respeto. Sé que es muy difícil terminar con algo
tan grande como el maltrato o el machismo, pero no es imposible. Busquemos un
poco más de cordura y conciencia, porque puede que hoy no seas tú, pero, ¿te
gustaría serlo algún día? Yo creo que no. NO LO PERMITAMOS!
Yesenia
Estamos nun mundo onde está demasiado normalizado o machismo, aínda que existan persoas que queiran aparentar o contrario.
Pequenos xestos como deixar pasar a unha muller diante ou que un home sexa felicitado por facer as tarefas do fogar son micromachismos que hoxe en día están na sociedade. O peor é que moitas persoas que protagonizan estas situación son mulleres.
 |
María, 1ºESO realizou esta ilustración |
Cando
nacín todo o mundo pensaba que a miña vida ía ser perfecta, un modelo a seguir,
pero isto non foi nin é así.
Vivo
con meus pais e unha irmá pequena, un bebé. Na miña casa vívense continuamente situacións
de violencia, todas provocadas por meu pai, un home violento e machista que ten
a miña nai totalmente manipulada e sometida. O que fai ela sempre está mal, e
por iso lle pega e lle berra. Eu teño 15 anos e nunca me deixou estudar, nin
maquillar, nin vestir como eu quero. Un día, o meu pai escoitou unha conversa
entre miña nai e eu na que lle contaba que tiña mozo. Nada máis oílo apareceu e
comezou a golpearme. Miña nai, por primeira vez en moitos anos, saíu na miña
defensa e meteuse no medio para parar o meu pai. Pero este deulle un golpe na
cabeza e matouna. Vin morrer a miña nai!
Xamais
poderei superar isto e agora ninguén poderá volver atrás.
Antía
 |
Jennifer, 1ºESO |
E logo continuaron redactando microrrelatos:
Entonces
mi respiración se fue acelerando, aquella chica relajada se iba escondiendo en
la oscuridad. El miedo se fue demostrando con temblor. Mis lágrimas eran el
ejemplo de dolor. Las marcas de mi piel anunciaban un futuro “ lo siento”, “ no
va a volver pasar”. Yo escondida de aquel hombre que llamé, “amor”.
Karol
Entón
á miña respiración foi acelerándose, aquela rapaza relaxada ía escondéndose na
escuridade. O medo foise demostrando con tremor. As miñas bágoas eran o exemplo
da dor. As marcas da miña pel anunciaban un futuro “ síntoo”, “ non vai volver
pasar”. Eu escondida daquel home que chamei, “ amor”.
Karol
Ella
era una madre que aguantaba de todo para que sus hijos no sufrieran. Hasta que
un día decidió parar esto. Ahora su vida mejoró y está feliz con sus hijos.
Nerea
Ela
tiña unha venda nos ollos, pensaba que non era para tanto, un día, dous…
Pasaron meses, ata que chegou o día máis inesperado para ela, o seu último día.
Aquel home acabou coa súa vida.
Tania
Papá
repite y repite su “ juego” a diario. Mis “para”, no le valen. Mis lágrimas se
rinden. Sólo necesito que pare! Mamá, todo irá bien.
Karol
Ela
é forte, risueña e alegre, pero un mar de bágoas libres cando está con el.
Teñen unha nena pequeniña e simpática, de ollos e cariña tristes despois de
“xogar”. Elas, xuntas como nai e filla. Superación e loita.
Karol
Para
ela os días cada vez eran máis longos, máis difíciles. Para el, demasiado
curtos. Ela calaba, non falaba con ninguén. Só falaba con bágoas.
Uxía
Son
muller e quero loitar por unha vida sen golpes, sen dor, sen sexismo. É duro
loitar e non poder actuar. Somos persoas, non xoguetes!
Uxía
Toda
una vida sufriendo por dos razones. Ella era maltratada, pero su mayor dolor
era que su hijo no hablaba, sólo lloraba.
Ángela
Ao
chegar á casa só gritos e berros. Só un temor, encontrar a súa nai morta.
Ángela
Un
silencio profundo roto por bágoas e golpes. Para min xa non hai días nin meses,
só un temor: que el volva.
Ángela
Mamá,
vuelve!
Llegué
a casa, todo seguía igual. Discusión tras discusión, pero esta vez la discusión
fue mortal. Ahí estaba ella, ojalá pudiese volver…!
Yesenia
Loitei
contra ti porque, antes de ser túa unha soa vez máis, quero lembrarche que son
libre e, sobre todo, son muller!
Yesenia
É
outro día máis que me levanto e me doe todo. Fago un esforzo e vou ao baño,
mírome ao espello e só vexo os ollos inchados, os brazos e as pernas con cortes
e golpes. Pero o que máis me doe é a alma.
Silvia
El
sonido era como cuando caen los rayos, y el silencio de los demás era lo que
más dolía. Todos lo veían y escuchaban, pero nadie la ayudaba. Sufriendo en
silencio sin decir nada lloraba por cada esquina de la casa. Un día su
sufrimiento acabó de la peor manera, pero ahora eran los demás quienes
lloraban.
Carla
Todo
ao principio era moi bonito. El era un bo home, ata que un día chegou borracho
e eu non vin vir o golpe, e entón o meu mundo caeu. Pasei meses así e, aínda
que ninguén fixo nada, enchinme de valor e acabei coa dor.
Carla
Ella
no podía salir sola de casa, pero pensaba que era por su seguridad. Cada día
que pasaba aumentaban más los reproches hacia las cosas que hacía. Ella temía
cuando él llegaba. Gritos y gritos… Ya no aguantaba más. Se plantó, se echó a
la calle y alzó su voz. Se separó de él y su vida cambió por fin. Ahora era
libre.
Ángela
Mamá,
vuelve!
Llegué
a casa, todo seguía igual. Discusión tras discusión, pero esta vez la discusión
fue mortal. Ahí estaba ella. ¡Ojalá pudiese volver…!
Yesenia
Tanto
chorei que nas miñas bágoas afoguei. Desexei non volver velo na miña vida.
Acabei sentindo medo, pero moita paz por perder de vista a ese ser. Que difícil é desprenderse de ti, pero
pódese!
Antía
El
amor se convirtió en una pesadilla. Ella era maltratada todos los días. Aguantó
mucho, hasta que un día dijo: ¡BASTA!
Nerea
 |
Jennifer, 1ºESO |
E LEMBRARON CON POUCAS PALABRAS ESTA SITUACIÓN QUE É PRECISO CAMBIAR:
O
meu corazón rompeu en cachiños porque o amor non era amor.
Marisa
Bágoas de alegría, non bágoas de medo!
Ángela
Nacín,
aguanteino, chorei e morrín nas súas mans.
Antía
Su
vida era oscura, pero ella la vivía hasta que un día ya no la dejaron vivir
más.
Ángela
Papá
gritaba, golpeaba, amenazaba. Mamá lloraba, callaba.
Silvia
 |
María, 1ºESO |
E remataron a modo de haikus:
Mulleres
libres,
moi
bonito dicilo:
agora
aplícao!
Antía
Confundir
querer
con
non poder nin vivir
é
non quererse.
Antía
A
superación
constante
e continua,
día
a día.
Silvia
Nós, o alumnado de 1ºESO, traballamos e investigamos para ver como podiamos dicir en moitas linguas: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO. Non sabemos se está ben escrita a mensaxe que queremos transmitir nas linguas que eliximos, pero do que estamos seguros e seguras é que QUE IMOS ACABAR CON ESTA VIOLENCIA. NON O DUBIDEDES!
Compartimos con vós o que imos facendo, porque sabemos que é preciso concienciar a todas as persoas para acabar con este tipo de violencia.
CONTIUAMOS TRABALLANDO.