martes, 6 de novembro de 2018

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Moi boas!!!
A reunión de hoxe foi algo diferente ás outras porque tiñamos moito que facer: rematar as insignias co logo do club, ultimar a visita para asistir ao VIII maratón de cine que organiza o club de lectura "Argalleiros e argalleiras das letras" e , como non, continuar coa lectura do terceiro relato de O neno can. Ah, xa se nos esquecía! E cambiar de lugar para a nosa reunión, xa que a biblio non era o espazo máis axeitado para realizar todas estas tarefas. 

Unha vez reunidos todos e todas repartimos os traballos para gañar tempo para a lectura. Alexandre continuou facendo as insignias que comezaramos a sesión anterior e ás que lle dedicamos tempo nos recreos da semana ( non si, María?). Dende aquí queremos darlles as grazas aos "Argalleir@s das letras" porque o seu titorial foinos de gran axuda. 
Aquí nos vedes compartindo traballos: 


E coas insignias do club de lectura rematadas e listas para lucilas e presumir. 


Logo tocaba falar e organizar todo para ir ata As Pontes o día 8 de novembro. Grazas á invitación do club de lectura, "Argalleir@s das letras", asistiremos ao VIII maratón de cine que organizan no seu instituto. Estas son as pelis que veremos e darán moito que falar... 

Pero esa é outra historia que vos contaremos á volta desta nova experiencia. 

E como non, LEMOS. Aroa, coa súa voz,  volveu mergullarnos a todos e a todas no relato "Perla negra" e fíxonos pensar en tantas e tantas persoas "INVISIBLES" que hai no mundo. 
Xa vedes que unha boa lectura pode acompañar bos traballos. 
Ata pronto