sábado, 10 de novembro de 2018

ASISTIMOS AO VIII MARATÓN DE CINE D@S ARGALLEIR@S DAS LETRAS

Así vivimos esta nova andanza os membros do club de lectura do IES Muralla Romana. 
O día 8 de novembro estabamos tod@s preparad@s e ansios@s de que chegase a hora de subir ao autobús e dirixirnos ata As Pontes para vivir esta nova experiencia c@s nos@s compañeir@s do IES Castro da Uz. Non fomos tod@s porque a moit@s non os deixaron asistir, pero aí estabamos nós para represental@s. 
Cando chegamos Ás Pontes eran as 18,30h. Entramos no centro e tivemos unha acollida que nos fixo sentir como se estiveramos na casa. Elena ( a coordinadora  do club de lectura e organizadora do maratón), Ana ( profesora que forma parte do club) e  tod@s @s argalleir@s das letras  estaban agardando a nosa chegada e recibíronos con moito cariño. Dende o minuto cero vimos como a lectura une a dous clubs de lectura. Puxémonos mans á obra e axudamos en todo o que puidemos, aínda que @s organizador@s levaron a peor parte. 
Unha vez colocadas as colchonetas no salón de actos, sentímonos auténtic@s convidad@s porque... 

a nós deixáronnos o mellor sitio e as mellores colchonetas. Fixádevos na diferenza!!!

Cando  tod@s os lectores e lectoras conseguimos - non sen esforzo- situarnos, Elena comezou coa presentación do VIII maratón de cine dos Argalleir@s das letras.  


A primeira peli foi Campeones, ao finalizar comezou a quenda de opinións. 

Continuamos con Siempre a tu lado, Hachiko, ao seu fin tocou: " momento cea". Chegaban as pizzas que compartimos e aínda nos uniron máis a tod@s. 


Rematada a cea volvemos recomezar coa proxección das pelis 

e seguimos gozando dos intermedios... 


ata que chegou o momento de marchar. Nós rematamos o maratón algo antes porque tiñamos que almorzar e estar preparad@s para volver á nosa realidade. Si, o autobús estaba agardándonos ás 07,30h da mañá. 
Ao chegar ao centro para comezar as clases estabamos algo cans@s, pero alucinad@s do que viñamos de vivir. 
Grazas a tod@s @s argalleir@s das letras, a Elena e Ana por convidarnos, e a Amalia e Chelo por acompañarnos nesta andanza que nunca esqueceremos. 

ASÍ É COMO SE VIVE NO CLUB DE LECTURA, " Lecturas e andanzas". Grazas aos libros, ás súas historias, aos seus personaxes por amosarnos que SÓ LENDO, APRENDEMOS A VIVIR e @s argalleir@s por compartir a súa actividade