Na sesión de hoxe "despedímonos" da obra de Fina Casalderrey e Francisco Castro - O neno can- pensando en alto e lembrando os momentos compartidos, a modo de "aforismos"...
Deixámosvos con algúns dos que escribimos hoxe:
A vida é unha rocha, o tempo a súa area.
O canciño pequeno, salta máis alto.
Choiva é só o nome das nubes que se xuntan nun ceo inmenso.
O xeo mata lentamente, encarcerando, torturando, deixándote ver o tempo pasar. E ti alí, mirando sen ver.
Choiva é abundancia, pero ás veces é fame.
O can máis rastreiro non é animal, é home.
Xeo, cálido abrazo que derrete as mans mortas que me afogan.
Salta neno can, salta, que eu caerei máis baixo se cho lanzo.
Os que non alimentamos a fame, enchemos a boca de palabras de conciencia.
O ser humano non ve, necesita gafas.
A invisibilidade hai que pintala de cores.
Para casar, primeiro hai que amar.
Deixa que o vento leve as cousas malas.
Cada gran de area é un soño.
A choiva confúndese coas túas bágoas.
...