A seguinte lectura que realizamos no club foi Fume, do escritor Antón Fortes. Lectura que nos deixou abraiad@s pola historia e polas ilustracións de Joanna Concejo.
Unha vez rematada a lectura comezamos os comentarios e a nosa despedida, a xeito de aforismos...
Aquí vos deixamos só tres. Agardamos que vos fagan pensar...
Non chores mamá, agora son libre coma o fume.
Coma fariña nunha peneira, chega con moito e sae baleira.
Inocencia, burbulla de cristal tinguida de soños.